Solapas principales

Arredor de 60 persoas participaron na andaina teatralizada polo Mar de Ovellas

Martes, 16 de junio de 2026

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Turismo e Normalización Lingüística, organizou un ano máis esta ruta polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2026. Deste xeito, 55 persoas participaron o pasado domingo, 7 de xuño, nesta andaina teatralizada polo grupo Os Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco. A ruta partiu de Augapesada e rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos. 

O pasado domingo, 7 de xuño, en horario de 10.00 a 14.00 horas, volveu a organizarse, por terceiro ano consecutivo, unha andaina teatralizada pola Costa do Mar de Ovellas, baseada no poema rosaliano “A probiña, que está xorda...!”. O dito poema localízase nesa costa e está recollido no libro “Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía”, editado polo Concello de Ames e a Fundación Rosalía de Castro cunha introdución explicativa da escritora e experta rosaliana María López Sández.

“Mordouelias. Rosalía e as Terras da Maía” afonda na relación entre as Terras da Maía e a propia vida e obra da autora. Así, no libro percórrense os distintos escenarios do concello amesá vinculados á vida e á obra da escritora. Entre eses escenarios podemos atopar o Pazo da Peregrina, os Muíños de Lapido, a casa paterna de Rosalía en Ortoño e a Costa de Mar de Ovellas, mencionada no poema “A probiña, que está xorda!”.

Ruta teatralizada polos Quinquilláns e pola regueifeira Lupe Blanco
A andaina polo Mar de Ovellas desenvolveuse coa colaboración do grupo teatral Os Quinquilláns e da regueifeira Lupe Blanco. Durante o camiño houbo diferentes paradas nas que o grupo de teatro Os Quinquilláns e Lupe Blanco achegaron ás persoas asistentes á obra, á traxectoria e á vinculación da escritora co concello de Ames.

A andaina partiu de Augapesada e percorreu o tramo do Camiño Fisterra - Muxía que vai ata o local social de Trasmonte.  O percorrido foi de 5 quilómetros, de dificultade media, cunha subida de ata o 10% de desnivel e cunha duración aproximada de dúas horas. A actividade rematou no local social de Trasmonte cunha pequena festa con música e degustación de petiscos.

Arredor de 60 persoas participaron na andaina teatralizada polo Mar de Ovellas

Multimedia

  • Arredor de 60 persoas participaron na andaina teatralizada polo Mar de Ovellas