Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

Desde este xoves, 10 de novembro, todas as persoas interesadas en participar no certame Enreguéifate poderán facelo, enviando un vídeo regueifando a través da web www.enregueifate.gal. Na mesma páxina poden consultarse xa as bases completas e os requisitos para participar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 10 de marzo e, como en edicións anteriores, o certame conta con dúas categorías: unha xeral, para calquera persoa, e outra escolar, para o alumnado dos centros educativos galegos non universitarios.

O departamento de Normalización Lingüística informa de que se abre o prazo de inscrición para unha segunda sesión da actividade “Tecendo Fíos”, de Ana Prema, que se vai desenvolver na Casa da Cultura do Milladoiro o venres 14 de xuño, ás 19:30 horas. A primeira sesión será ás 18.00 horas. Os/as interesados/as en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indiquen nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2024 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Até o día 8 de abril está aberto o prazo para participar no Certame Literario de Ames que este ano acada a súa XVIII edición. Pode concorrer a esta convocatoria calquera persoa que presente textos inéditos en lingua galega. A temática é libre. En cada modalidade do certame, narrativa e poesía, establécense, dependendo da idade, tres categorías, e en cada categoría, tres premios. En total, repartiranse 3.800 euros entre os/as gañadores/as.

O Concello de Ames e a Secretaria Xeral de Política Lingüística organizan unhas xornadas de toponimia dirixidas ao profesorado dos centros de ensino do Concello de Ames. Trátase dunha iniciativa que busca o achegamento, a posta en valor e o aproveitamento dos nomes de lugar como recurso educativo e ferramenta de dinamización lingüística. Desenvolveranse no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, os días 18, 19 e 30 de setembro, en horario de 16.30 a 20.30 horas. Ofértanse 40 prazas que se cubrirán por orde de inscrición. O prazo para apuntarse estará aberto ata o 11 de setembro. Para inscribirse hai que enviar un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal.

O conto obradoiro “Quen canta Alí?” chega o próximo xoves 14 de novembro á Casa da Cultura do Milladoiro, en dúas sesións, unha ás 17.00 horas e outras ás 18.00 horas. Destinado a crianzas de entre 0 a 6 anos, o número de prazas é limitado. Para formalizar a inscrición a esta actividade gratuíta  é necesario enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal, rematando o prazo o 13 de novembro.

O programa Apego continúa coa súa programación de actividades do primeiro semestre de 2026. Nesta ocasión, organízase para o vindeiro venres, 10 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, o obradoiro “Arrolar e bailar”, impartido pola Fundación Legar. O prazo de inscrición está aberto desde hoxe, 27 de marzo, ata o vindeiro xoves 9 de abril. Para participar é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Ao abeiro do programa Apego, a concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha “Brincadeiras Miúdas”, catro xornadas de xogos, bailes, cantos e contadas ao aire libre que se desenvolverán o 25 e 26 de agosto no pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o 1 e 2 de setembro no parque dos Piñeiros de Milladoiro. Animarán as sesións os Xogos do Paporrubio e Cé Orquestra Pantasma. A actividade está dirixida a familias con nenos e nenas de 2 anos en diante. O prazo de inscrición comeza hoxe e alóngase até o 24 de agosto. O aforo é limitado para garantir as normas de seguridade.

A Concellaría de Normalización Lingüística presenta a décimo novena edición do Certame Literario de Ames, ao que as creadoras e creadores poden presentar os seus textos inéditos de narrativa e poesía en lingua galega. As candidaturas poderán remitirse ata o xoves 24 de marzo. As bases ao completo do certame poden consultarse premendo nesta ligazón. Descarga aquí a ficha de participación no XIX Certame Literario de Ames.

Amplíase até o 2 de abril o prazo de recollida de sinaturas para apoiar o proxecto “Xabarín” da Mesa pola Normalización Lingüística. A proposta, que  se levará ao Parlamento de Galicia en forma de Iniciativa Popular, ten como obxectivo que a CRTVG aumente a programación infantil e xuvenil en galego. O departamento de Normalización Lingüística de Ames colabora coa iniciativa e recolle sinaturas nas súas oficinas do Pazo da Peregrina. Até o momento, até o momento firmaron a proposta ao redor de 300 veciños e veciñas. Tamén se pode asinar en outros establecementos de Ames.

Alingua, Asociación de Entidades Locais pola Lingua Galega que aglutina os servizos de normalización lingüística de 19 concellos, continúa este outono coas accións programáticas de É túa. Pásaa!, campaña de difusión posta en marcha neste 2023 co obxectivo de promover e dinamizar en diferentes ámbitos o uso do galego. No marco desta iniciativa, Alingua lanza este curso o seu Catálogo de referentes acompañado dunha guía didáctica de descarga libre e dun cartel de referentes dirixidos ao alumnado. Tamén presenta a Cartografía sensorial, un espazo virtual de paisaxes sonoras e visuais dos concellos que conforman a entidade.

Eventos del departamento

O festival Modo Galego, actívao! é unha festa coa que se pechará a cuarta edición deste programa que está organizado polo Concello de Ames e a Real Academia Galega, en colaboración coa Xunta de Galicia. No dito festival actuarán o grupo de música tradicional amesá As Mainas, e dúas das bandas máis potentes do panorama da música infantil en galego: A Gramola Gominola e Uxía Lambona e a Banda Molona. A festa será o venres, 17 de abril, ás 17.30 horas, na explanada do pavillón de deportes de Bertamiráns. Todo o alumnado dos centros de ensino de Ames recibirá o seu convite para poder asistir acompañados das súas familias. A apertura de portas será ás 17.00 horas.

Terá lugar no campo da festa de Buduído. Haberá batalla de galos, grafite e actuacións musicais que inclúen grupos locais. O festival estará presentado pola xornalista, Paula Señarís. Dende as 19.30 horas actuarán os grupos Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Destinado a todos os públicos.

O patio do Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle o próximo venres 7 de maio unha nova foliada con Apego. A partir das 18.00 horas, as persoas asistentes gozarán dun encontro para bailar, cantar e tocar cancións galegas. Quen teña instrumentos tradicionais poderá levalos e usalos. Trátase dunha actividade para familias con nenos e nenas sen límite de idade ou para calquera outra persoa interesada e require inscrición previa. O prazo de inscrición está aberto ata o 6 de maio. Débese enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal.

Este venres, 27 de setembro, está previsto que haxa unha nova Foliada con Apego, que estará dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk. Será no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, ás 18.00 horas. Esta actividade, dirixida tanto a familias con crianzas como a calquera persoa á que lle guste a música tradicional, busca construír un espazo de socialización en galego onde poder compartir, cantar, bailar e aprender cancións tradicionais galegas. É preciso inscribirse do 18 ao 26 de setembro enviando un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal cos nomes e idades das persoas participantes e un número de teléfono de contacto. Esta actividade está dirixida a todos os públicos. A entrada é de balde.

O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio coa actividade “Foliada con Apego”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 16 de maio, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 15 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2025 pode consultarse premendo nesta ligazón.

Un encontro para coñecerse, compartir, cantar e ir aprendendo unha chea de cantos de noso. A foliada desenvolverase no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.

O venres 23 de febreiro, ás 19:00 horas, a Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá unha homenaxe poética musical a Rosalía de Castro. Será un acto diverso e participativo no que a veciñanza amesá se achegará á figura rosaliana a través de recitados, música, performances, dramatizacións, proxeccións... A entrada será libre ata completar aforo.

O Concello de Ames, a través do departamento de Normalización Lingüística, organiza un ano máis os Premios Lingua e Empresa, que promoven o uso da lingua galega no ámbito empresarial local. Nesta ocasión, incrementouse en sete o número de empresas participantes con respecto á edición anterior. Deste xeito, nesta edición presentáronse 33 empresas, mentres que na edición de 2022 foron 26 entidades as que concorreron aos ditos Premios. As empresas gañadoras desta edición daranse a coñecer na Gala Lingua e Empresa que se celebrará na Casa da Cultura do Milladoiro o xoves, 9 de novembro, ás 20.30h. Os premios están dotados de 1500 euros e unha campaña publicitaria en Ames Radio, a emisora municipal.

O vindeiro sábado 14 de xuño, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a gala de premiados da XXII edición do Certame Literario de Ames. O evento terá lugar a partir das 12.30 horas e estará presentado pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Ademais da entrega dos galardóns, a gala contará cunha actuación musical da Escola Municipal de Música de Ames. 

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística, Turismo e Bibliotecas presentou esta mañá a programación das actividades que se levarán a cabo durante os mes de febreiro para conmemorar o Mes de Rosalía. O obxectivo é difundir a obra e o pensamento rosaliano e pór en valor os enormes vínculos que a escritora ten co Concello de Ames. A principal novidade deste ano é a creación da Rede de Rosalía, unha proposta para compartir vídeos ou publicacións con versos rosalianos nas redes sociais co cancelo #RosalíaDeAmes e ir tecendo colectivamente a rede de Rosalía. Pódese consultar a programación completa premendo na seguinte ligazón.