Solapas principales

>Festival SolporSon de Ames

Sábado, 14 diciembre, 2019
Das 17.00 ás 01.30 horas

Terá lugar no campo da festa de Buduído. Haberá batalla de galos, grafite e actuacións musicais que inclúen grupos locais. O festival estará presentado pola xornalista, Paula Señarís. Dende as 19.30 horas actuarán os grupos Náiade, Triska, Monoulious Dop, De Vacas, Biribirlocke e Sondarúa. Destinado a todos os públicos.

A entrada é de balde e haberá servizo de autobuses dende Bertamiráns e Milladoiro.

A actividade está organizada polo departamento de Normalización Lingüística. Para máis información, pódese enviar un correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal ou chamando ao teléfono 662 377 215.