Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O curso, impartido pola Escola Galega de Alta Montaña, será o domingo 21 de novembro de 10:00 a 17:30 horas. A xornada divídese nunha parte teórica que se impartirá no Centro de Formación e Emprego de Aldea Nova e unha parte práctica que inclúe o percorrido pola ruta Rego Anduriña. O obxectivo do curso é realizar unha primeira aproximación ao sendeirismo para familias e para xente que se inicie neste deporte e lograr así que se practique de xeito autónomo e seguro. O prezo do curso é de 30 euros para os/as nenos/as maiores de 5 anos e de 45 euros para os/as adultos/as. A actividade conta con prazas limitadas, para participar hai que chamar ao 628 28 79 57 ou enviar un mail a clubrutasapie@gmail.com. O prazo para inscribirse remata o xoves 18 de novembro.

O sábado 1 de maio e o domingo 2, celebrarase, no pavillón de Bertamiráns, o Campionato provincial de categoría nacional cadete, xuvenil, júnior e sénior de patinaxe artística libre individual. Nesta cita participarán as mellores patinadoras e patinadores da provincial da Coruña. O Club de patinaxe Sarela estará representado por Jorge Sanmartín (cadete), Inés Peña (cadete) e María Peña (júnior), pero a representación amesán é máis extensa con patinadores e patinadoras do Club de patinaxe Omega, do Milladoiro, e dúas nenas de Ames que pertencen ao Club Ágora Boqueixón e ao Club Compostela. Non estará permitida a asistencia de público a este evento deportivo debido ás restricións pola Covid-19.

O pasado 17 de maio, o Club de Patinaxe Sarela representou a Ames, con tres grupos, no Campionato Autonómico 2ª Categoría Show de grupos grandes e pequenos de Patinaxe Artística celebrado en Vigo. Un dos tres equipos que representaba Ames, o “Déixame ir”, conseguiu o o bronce dun total de 20 grupos.

O equipo feminino do CV Bruxas – Cenor Electrodomésticos vén de conseguir a salvación na primeira división nacional feminina. A falta de dúas xornadas para o final, o equipo amesán impúxose o pasado domingo 20 de marzo no pavillón do barrio das Flores da Coruña ao Ciudad de La Coruña Calasancias, quinto na clasificación, cun 2-3 que de xeito matemático lles asegura manterse un ano máis na categoría de bronce do voleibol español.

As rapazas do equipo feminino do Vitaldent Santiago CV Bruxas xogarán a vindeira temporada na primeira división nacional feminina. O primeiro partido será o 5 de outubro fronte ao equipo de Fertiberia Los Campos no pavillón municipal de Bertamiráns. O equipo amesán conseguiu o ascenso despois de quedar, a temporadas pasada, campión da primeira división autonómica e subcampioas da fase de ascenso á categoría de bronce do voleibol español. 

A Xunta de Goberno Local aprobou o pasado 28 de novembro a concesión de 10.000 euros repartidas en bolsas para 17 deportitas de Ames. Esta liña de axudas está dividida en dos grupos: no grupo A (deportistas de 12 a 17 anos) concedéronse 16 bolsas que suman un importe de 9.300 euros, mentres que no grupo B (deportistas de 18 a 23 anos) concedeuse unha bolsa por importe de 700 euros. Trátase dunha nova liña de achegas para a concesión de bolsas para deportistas do concello de Ames no ano 2024. A finalidade desta convocatoria é apoiar aos/as deportistas individuais de Ames, como medio para promover o deporte do municipio e, desta forma, conseguir logros deportivos para o concello.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, asinou un acordo de colaboración do CEIP de Barouta para a utilización do pavillón polideportivo de dito centro educativo. Deste xeito, estas instalación poderán ser empregadas para o desenvolvemento de actividades deportivas municipais. Ademais, ditas instalacións estarán a disposición dos clubs deportivos e da veciñanza en xeral.

O Concello de Ames abre este mércores, 1 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova ou no apartado de trámites) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 15 de xuño ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 12 de agosto.

O Concello de Ames abre este luns, 15 de xuño, o prazo para solicitar os carnés de usuario/a das piscinas municipais descubertas de Bertamiráns e O Milladoiro. Os interesados/as poden descargar o impreso de solicitude na web municipal (ao pé desta nova) e deberán envialo cuberto aos enderezos de correo electrónico: deportes@concellodeames.gal ou deportes.milladoiro@concellodeames.gal. O prezo dos carnés oscila entre os 5 e os 20 euros dependendo das circunstancias de cada usuario/a. As piscinas municipais abrirán do 1 de xullo ao 15 de setembro en horario de 11.00 a 21.00 horas. Por razóns de control de aforo, este ano non se venderán entradas soltas por día para acceder ás piscinas descubertas. O prazo de solicitude estará aberto ata o 31 de xullo.

A Concellaría de Deportes celebra este sábado, 29 de febreiro, a súa décimo cuarta Gala do Deporte, o evento que anualmente homenaxea ás máis destacadas e destacados deportistas do concello, así como ás entidades deportivas. O acto contará con actuacións en directo e demostracións das rapazas e rapaces das Escolas deportivas municipais. O evento realizarase na Casa da Cultura do Milladoiro, a partir das 20:30 horas. A Gala será presentada pola xornalista Lorena Pose e polo xornalista Diego Viaño. Neste evento colaboran a Deputación da Coruña, a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e a Asociación de Empresario Novo Milladoiro.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.