Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

A Concellería de Cultura vén de organizar unha nova iniciativa cultural para o vindeiro mes de abril. A través do programa “Abril de cine” a veciñanza amesá poderá gozar de tres sesións de cine con filmes galego durante os mércores de abril. A primeira película que se proxectará será Ons, o vindeiro día 7 de abril na Casa da Cultura de Bertamiráns. A seguinte sesión será o 14 de abril co filme A Illa das mentiras, na Casa da Cultura do Milladoiro. A terceira e última sesión realizarase o día 21 de abril, tamén na Casa da Cultura de Bertamiráns. Neste caso proxectarase o filme Trote. Todas as proxeccións serán ás 20.00 horas. A entrada é de balde e débese reservar o convite a través da billeteira electrónica do Concello de Ames. Este programa está patrocinado pola Deputación da Coruña.

Esta mañá celebrouse a presentación de Abril de Cine, unha iniciativa encadrada dentro da programación organizada polo departamento de Cultura do Concello de Ames. O obxectivo do proxecto é achegar o cinema galego á veciñanza amesá. Nesta ocasión, no marco do Abril de Cine proxectaranse as películas O corpo aberto, Matria e As Bestas; a web serie Pringadas; as curtas La entrega e Solpor e o documental Fontán. O primeiro rostro de Galicia. O acto de presentación tivo lugar no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, lugar no que se proxectarán todas as pezas, e onde o pasado outono se realizou unha modernización das infraestruturas. As entradas poderanse adquirir a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes O Corno, de Jaione Camborda, que gañou a Concha de ouro á mellor película no Festival de cine de San Sebastián 2023; e Salta, de Olga Osorio, unha longametraxe que adapta a curta Einstein-Rosen, realizada previamente pola propia directora. Ambas as dúas proxección serán no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 7 e 14 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un coloquio coas directoras dos filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, programa un novo ciclo de cine durante o mes de novembro no que se proxectarán os filmes “As Neves”, “+Cuñados” e “Os espazos en branco”. Todas elas serán proxetadas no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro os martes 12, 19 e 26 de novembro ás 20.00 horas. Ao final das proxeccións haberá un pequeno coloquio sobre os filmes. As entradas xa se poden adquirir a través da Billeteira electrónica

Co obxectivo de introducir posibles melloras na programación que organiza a Concellaría de Cultura, unha nova enquisa interpela á veciñanza sobre a valoración da organización dos eventos de artes escénicas. Ademais, a enquisa deixa aberta a opción de facer algún comentario adicional ou algunha suxestión que axude a mellorar dita programación. A enquisa publicouse hoxe na web municipal e estará aberta durante varias semanas. Para participar na enquisa podes premer nesta ligazón. Habilitouse un banner na cabeceira da páxina web que estará dispoñible mentres a enquisa estea activa.

A concelleira de Cultura, acompañada do concelleiro de Educación e da concelleira de Mocidade, vén de manter unha xuntanza coa nova directiva da asociación cultural A Maía, que desenvolve as súas actividades na parroquia de Bugallido. Dito encontro serviu para coñecer aos novos membros da directiva e intercambiar información sobre as necesidades de mellora do local da antiga escola unitaria de Bugallido e tamén sobre a posibilidade de organizar novas actividades culturais na parroquia. Ademais, falouse de futuros proxectos de colaboración entre a Administración local e dita asociación.

A concelleira de Cultura, Natividade González, realizou este xoves, 11 de febreiro, unha visita á Escola de Música de Brión co obxectivo de coñecer outros métodos de traballo, funcionamento e instalacións, que se poderían incluír na Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). Natividade González foi recibida pola concelleira de Cultura do Concello de Brión, Sandy Cebral. Nesta visita tamén participaron a técnica que coordina a EMMA, Almudena Caamaño, o director da Escola de música de Brión, Carlos Pintor Iglesias, e mailo director da Banda de música de Brión, Jorge Rey Barca. Proximamente, está previsto visitar as escola de música de Negreira e Ribadeo, entre outras.

Os centros sociais das parroquias de Agrón, Trasmonte, Bugallido, Biduído, Augapesada, Covas, Tapia, Ameixenda e Ortoño acollen as clases de alfabetización dixital que se desenvolven para dar resposta a unha das demandas dos Orzamentos Participativos do ano 2020.  90 persoas participan nestes cursos que organiza a concellaría de Cultura en colaboración coa concellaría de Economía e Facenda. A concelleira de Cultura, Natividade González, asistiu ás primeiras clases en Agrón e Trasmonte.

O Concello de Ames, a través da Concellería de Cultura, vén de realizar melloras nos equipamentos da biblioteca municipal de Bertamiráns. Nas últimas semanas renovouse o mobiliario e melloráronse os equipos tecnolóxicos e informáticos. Investíronse 12.693,02 euros, dos cales 4.793,09 euros foron concedidos a través da subvención a entidade locais de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións e locais utilizados para a realización de actividades culturais, e o importe restante, 7.899,93 euros, foi asumido polo Concello de Ames.

Este sábado, 11 de maio, a Coral Polifónica de Bugallido desprazarase ata a localidade portuguesa de Maia, preto de Porto, para participar nun concerto de agrupacións corais organizado polo Conservatorio de Música desa cidade.

Eventos del departamento

As bibliotecas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro acollen, dende o día 28 ata o luns 31, unha exposición de libros de medo. Quen se achegue durante estas xornadas levará unha sorpresa co seu préstamo.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle do 2 ao 12 de xuño a exposición fotográfica “Pinceladas”, do veciño de Ames José Luis Gigirey. A mostra inclúe unha serie de fotografías de natureza, coas que o autor busca reivindicar a beleza do cotiá e valores como a paciencia, a dedicación e a experiencia para obter instantáneas que marquen.

O sábado 28 e maio domingo 29 de maio celébranse as festas de Biduído. Haberá sesión vermú e verbena. O Concello de de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colabora coas asociacións veciñas e comisións de festas na organización das festas patronais das parroquias a través do programa “Música nas parroquias”. Neste caso colabora sufragando a actuación do grupo de gaitas Os Castros.

Dende o xoves 23 e ata o domingo 26 de xuño, a parroquia de San Xoán de Ortoño celebra as festividades do seu patrón. No seu conxunto, durante os días de festa haberá unha serie de misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Estas festas contan coa colaboración do Concello de Ames e da Concellaría de Cultura, a través do seu programa “Música nas parroquias”.

A parroquia de Agrón celebra este sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.

A parroquia de Agrón celebra o sábado 7 e domingo 8 de outubro as festividades na honra de San Andrés e a Virxe do Rosario. Durante a fin de semana haberá misas e procesións, así como verbenas e sesións vermú. Neste senso, o Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colaboran coas festas a través do programa “Música nas parroquias”, coa actuación da banda municipal de Brión. Haberá carpa, servizo de cantina no campo da festa e aparcadoiro gratuíto.

A parroquia de Bugallido celebra o domingo, 16 de xullo, a festa do Carme. Colabora o Concello de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns vai acoller o próximo xoves 27 de outubro a representación de “Aquí non paga ninguén”, do Grupo de Teatro Municipal de Ames. A obra conta a historia das veciñas dun edificio, que asaltan o supermercado do barrio fartas da súa situación económica e que tratarán de evitar con mentiras rematar no cárcere. Será a partir das 20:30 horas, con convites de balde que xa se poden retirar na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

A Asociación de Veciños de San Pedro de Bugallido, en colaboración co Concello de Ames, ofrece o 29 de outubro unha xornada lúdica no local social de Bugallido. Das 17:00 ás 19:00 horas haberá obradoiros e servirase merenda para os cativos, aos que se anima a levar o seu propio disfraz.

A partir das 19:00 horas, para celebrar o magosto, sucederanse as actuacións dos grupos de música tradicional Pandereteiras da Costaneira, Os Retranqueiros e Enxebres de Cacheiras. Posteriormente haberá música e baile da man do DJ Pablo Ríos. A actividade é aberta ao público, e haberá castañas e cantina e carpa.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura, organiza unha nova edición do festival MILLA rock, que se vai celebrar este venres, 30 de xuño, a partir das 21.00 horas no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado en fronte á EEI do Milladoiro. O evento conta coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia. Ás 21.00 horas, Fillas de Cassandra abrirán o festival; ás 22.15 horas sairán ao escenario Las Ninyas del Corro; ás 23.30h será a quenda da Banda da Loba; e ás 00.45 horas pechará o festival Eladio y los Seres Queridos. A actuación de cada un dos grupos terá unha duración aproximada dunha hora.  A entrada será libre e de balde. Haberá servizo de autobús: ida e volta dende Bertamiráns (Pazo da Peregrina) e volta a Santiago de Compostela (rúa da Rosa).