Solapas principales

Departamento de Cultura

    • Dirección: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concejalía de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica Animación Sociocultural
Otros Datos: 
  • Programación AmesON agosto 2020
  • Programación AmesOn fin de semá agosto 2020
  • Programación escolas culturais 2020-2021
  • Funciones:
    • Gestionar las actividades y eventos que desde el Departamento de Cultura se ponen en marcha, responsabilizándose de su adecuado desarrollo.
    • Informar y asesorar a los grupos y entidades culturales del ayuntamiento, así como al público en general, valorar las demandas de los ciudadanas e incentivar la participación
    • Gestionar los programas culturales que oferta la Diputación, Red Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC y Cultura en el Camino. Solicitud,desarrollo, justificación.
    • Tramitar las ayudas económicas corresponsales al área de cultura, tanto las que se solicitan desde el Ayuntamiento, como las que se convocan desde la Concejalía de Educación y Cultura de apoyo las entidades culturales y comisiones de fiestas.
    • Coordinar y gestionar las Escuelas Culturales Municipales.

Noticias del departamento

O vindeiro venres 9 de agosto, ás 22:00 horas, a cantante e música Guadi Galego ofrecerá un concerto no parque do Ameneiral, en Bertamiráns. Esta actuación, integrada na programación cultural do Concello de Ames, enmárcase na celebración das festas da Peregrina de Bertamiráns. A entrada será libre e de balde. O concerto está financiado pola Rede Cultural da Deputación da Coruña.

Os departamentos de Cultura do Concello de Ames e Negreira organizan unha nova edición das “Noites en Vela”, un evento que vincula aos dous concellos anualmente desde 2016 e que ten como punto de encontro a paraxe natural e monumental de A Ponte Maceira. Como novidade nesta edición, habilitarase un servizo de autobús gratuíto que sairá ás 20.00 horas desde O Milladoiro e realizará parada en Bugallido, Agro do Muíño e Bertamiráns. A volta será unha vez remate a velada. As persoas interesadas en empregar este servizo deberán enviar un correo ao enderezo electrónico gabinete@ames.gal indicando nome, apelidos e un teléfono de contacto, ou chamar ao número 881 074 730. 

Esta noite ás 21.00 horas dará comezo a XIV Mostra de Teatro Afeccionado de Ames, organizada pola Concellería  de Cultura de Ames xunto coa Deputación da Coruña. A obra representada será “Urxencias” no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Corre a cargo do Club de Maiores de Boqueixón e a entrada é de balde ata completar aforo.

Hoxe inaugúrase ás 20.30 horas no Pazo da Peregrina a exposición fotográfica “Sexual Revolution 2.2” de Juan Señorís. Organizada pola Concellaría de Cultura do Concello de Ames, estará dispoñible para a toda a veciñanza ata o vindeiro 30 de decembro.

“A parábola do angazo” é a terceira proposta de febreiro da programación de artes escénicas de Ames deste semestre, que terá lugar este venres 11, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Nesta peza, a compañía Talía Teatro conta, a través da comedia, a historia dun mozo dunha aldea galega que esquece a súa lingua ao emigrar uns meses a Castela. Partindo dunha lenda xa recollida polo Padre Sarmiento no século XVII, a obra busca mostrar a capacidade de resistencia do galego. As entradas están xa á venda na Billeteira electrónica do Concello de Ames.

Ibuprofeno Teatro estrea en Ames a súa nova produción Bio Construción un texto de Santiago Cortegoso para dous actores e unha violonchelista no que a compañía segue explorando o teatro absurdo. As funcións serán o venres 27 e o sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. A creación artística desta peza teatral realizouse no Milladoiro a través do programa municipal de residencias artísticas. O Concello de Ames conta coa colaboración da Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC), para a realización da programación de artes escénicas do primeiro semestre do ano 2026.

A mostra "Nós somos Elas", promovida pola área de Igualdade da Deputación da Coruña e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda foi inaugurada na praza da Maía, de Bertamiráns, pola deputada María Muíño, o o alcalde e tenente alcalde, Blas García e David Santomil, e as concelleiras de Cultura, Natividade González, de Benestar social e Igualdade, Luísa Feijóo, e de Mocidade e Normalización Lingüística, Escarlata Pampín. A mostra recolle imaxes do Arquivo Vidal con textos de 24 poetas.

Onte, 23 de marzo, inaugurouse ás 12.00 a exposición "Don Gaiferos polos camiños cara Compostela" na Casa da Cultura do Milladoiro. A mostra, organizada pola compañía compostelá Os monicreques de Kukas, estará aberta para todos os públicos en horario de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 22:00 horas até o venres, 26 de marzo. Á presentación, organizada polo O Concello de Ames, asistiron a concelleira de Cultura, Natividade González, a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez, e os representantes da compañía Os Monicreques de Kukas, Marcelino de Santiago e Isabel Rey. Ademais, o 26 de marzo, a compañía poñerá en escena “Don Gaiferos”. A obra está dirixida a público familiar. As entradas xa están á venda na billeteira municipal.

O Concello de Ames presentou esta mañá  a exposición “Vixando”, unha proposta que mostra pezas das coleccións de arte Afundación e ABANCA, que invitan a recorrer tanto Galicia como o mundo enteiro. A mostra poderá visitarse na praza do Concello ata o vindeiro domingo 24 de setembro. Á inauguración asistiron o alcalde de Ames, Blas García; a técnica do departamento de Cultura, María Vázquez; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; a coordinadora adxunta de Cultura de Afundación, Paloma Vela; e a autora dos textos da exposición, Mercedes Rozas; así como Laura Lozano, directora da oficina de ABANCA en Bertamiráns. Participaron tamén diversos membros da Corporación municipal.

O vindeiro luns, 24 de febreiro, o Concello de Ames celebra a novena edición da Festa de Entroido. Este ano esta celebración realizarase a partir das 17:00 horas, no aparcadoiro da Travesía do Porto, que está situado no Milladoiro. As inscricións para o concurso de disfraces poderanse realizar ata as 11:00 horas do propio día da Festa de Entroido. No concurso de disfraces repartiranse 3.800 euros, que estarán repartidos nas seguintes categorías: infantil, adultos, grupos e comparsas. Ademais, haberá dous premios especiais dotados con 125 euros aos mellores disfraces realizados con material de reciclaxe. O xurado valorará os disfraces conforme á creatividade, caracterización e orixinalidade. A charanga Mekanika e maila Gramola Gominola porán música a esta festa.

Eventos del departamento

A carballeira de San Xoán de Ortoño acolle un ano máis a tradicional festa do chourizo ao viño este domingo, 14 de xullo. A xornada comezará ás 13.00h coa degustación do chourizo ao viño con cachelos e a orella de porco cocida, e está amenizada pola banda de gaitas Os Retranqueiros e a Tuna de Dereito de Santiago. Pola tarde ten lugar o Campionato de Chave por parellas, así como a actuación do dúo Eva e Camilo e o concerto folk de Xabier Díaz e as Adufeiras de Salitre.