Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Ames, en colaboracións cos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, organiza un obradoiro que aborda a temática da violencia de xénero. Deste xeito, a mocidade de 14 e 16 anos dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, poderán acudir ao taller “A violencia de xénero a través das pantallas”. O obradoiro, impartido por unha psicóloga, terá lugar o xoves 26 e o venres 27 de novembro nas aulas dos centros educativos.

Esta mañá inaugurouse na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra de pinturas de Marité Lamas Domínguez. A exposición, organizada pola Concellaría de Benestar Social a través da Oficina da Oficina de Voluntariado de Ames, estará dispoñible ao público ata o próximo 31 de xullo. Trátase dunha serie de interpretacións realizadas en acrílicos, lapis e acuarelas, durante os primeiros corenta días da corentena mundial 2020, e estará dispoñible para todo aquel que desexe vela en horario de 9.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acolle este venres, 17 de marzo, a representación teatral “A señora de Forcadela”, unha das actividades incluídas dentro da programación do 8M da Concellaría de Igualdade de Ames. A obra relata a historia de diversas mulleres represaliadas durante a Guerra Civil a partir da vida da mestra Josefa García Segret, detida no ano 1936. Será ás 20:30 horas, e as entradas xa se poden reservar, de balde, a través da Billeteira electrónica do Concello de Ames. 

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, fai un balance positivo dos primeiros meses de percorrido da Oficina de Software Libre e Banco de Reciclaxe Electrónica, cuxa actividade se iniciou hai pouco máis de catro meses. Nos seus primeiros meses de actividade realizou actividades de formación en novas tecnoloxías e permitiu o acceso de persoas con necesidades a ordenadores e outros compoñentes.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol), xunto coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade está prevista para este sábado, 16 de setembro, de 11.00 a 13.00 horas, no Milladoiro. Trátase dunha xornada que ten como obxectivo entender os conceptos que veñen na nosa factura da luz, así como explicar as claves para conseguir aforrar e pagar menos pola luz das nosas casas ou negocios. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro para converter o teu PC nunha máquina recreativa, Esta actividade está prevista para este sábado, 28 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro. Será impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, comeza unha nova tempada na que organizará novas actividades de formación en novas tecnoloxías e outras cuestións de interese. A primeira actividade, un obradoiro avanzado de LibreOffice, está prevista para este sábado, 21 de setembro, de 11:30 a 13:30 horas, no Milladoiro. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro avanzado de LibreOffice. Esta actividade impartirase o sábado, 11 de maio, en horario de 11:00 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un obradoiro sobre bicicletas eléctricas e mantemento de baterías. Esta actividade impartirase o sábado 22 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 horas. Trátase dunha actividade organizada conxuntamente polo Banco de Reciclaxe Electrónica de Ames e o Banco de Reciclaxe electrónica de ESF Galicia. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón, ou enviando un correo a osla@agasol.gal.

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellería de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un repair cafe de equipos informáticos. Esa actividade impartirase o sábado 8 de xuño, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Eventos del departamento

Como parte da programación do Mes da Saúde, a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) organiza unha mostra conmemorativa do 50 aniversario da súa Fundación Científica na Casa da Cultura do Milladoiro,  que amosa algúns dos avances rexistrados ao longo das últimas décadas fronte a esta enfermidade. A clausura desta exposición será o luns 11 de abril, ás 19.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, cunha charla do doutor, Ángel Carracedo, director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica, catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago (USC) e investigador financiado pola Asociación Española Contra o Cancro. Preme aquí para consultar o itinerario do Mes da Saúde ao completo.

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 16 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Sexualidade feminina", impartida por Beatriz Viña González. Será na Casa das Asociacións da rúa Agro do Medio (no antigo centro de saúde da localidade).

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 1 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Olaya Fernández Seijas. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 30 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Alimentación saudable", impartida por Alicia Rivas Casais. Será na Casa da Cultura do Milladoiro. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 27 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Coñece o teu solo pélvico", impartida por Cristina del Arco Oñega. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O xoves 9 de marzo, ás 17:00 horas, terá lugar a charla "Pilates", impartida por Beatriz Viña González. Será na Casa das Asociacións da rúa Agro do Medio (no antigo centro de saúde da localidade).

Ao longo de marzo, mes no que se conmemora o Día Internacional da Muller, o Concello de Ames celebrará nove charlas e un taller sobre autocoidados femininos impartidos por expertos en regulación emocional e hábitos saudables. As actividades enmárcanse dentro da programación do Concello de Ames con motivo do 8M. O mércores 22 de marzo, ás 19:00 horas, terá lugar a charla "Regulación emocional", impartida por Belén Montesa Lou. Será na Casa dos Maiores de Bertamiráns. 

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 13 de xullo en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves e venres, 17 e 18 de febreiro, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de tarde ambos días, de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 15 de setembro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.