Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (AGASOL), coa colaboración da Concellaría de Benestar Social do Concello de Ames, organiza un taller de posta a punto, reciclaxe e instalación de computadores. Esta actividade impartirase o sábado, 27 de abril, en horario de 11:30 a 13:00 horas. Trátase dunha actividade impartida por persoal da Oficina de Software Libre de Ames dentro das súas actividades de divulgación das novas tecnoloxías en Software Libre. A inscrición pódese realizar premendo nesta ligazón.

Dende o departamento municipal de Voluntariado acaban de lanzar unha petición á veciñanza amesá para tratar de conseguir equipos informáticos en desuso para os/as nenos/as de familias vulnerables. Deste xeito, as persoas que dispoñan dalgún equipo informático que poidan doar poden poñerse en contacto coa OVA, a través do enderezo web voluntariado@concellodeames.gal ou chamando ao número de teléfono 662 377 044, en horario de 9.00 a 14.00 horas.

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina de Voluntariado de Ames, vén de lanzar unha nova campaña, neste caso para recoller enseres para bebés. O obxectivo principal é tratar de recoller produtos infantís como berces, carriños de paseo, tronas e cadeiras infantís. Esta campaña chega despois da campaña solidaria de recollida de alimentos organizada pola XEA, en colaboración co departamento de Voluntariado do Concello de Ames, a través da cal se recolleron diferentes produtos infantís como cueiros, toalliñas para bebés ou leite de inicio ou continuación.

O Concello de Ames, a través da Oficina de Voluntariado, organiza unha nova edición do curso de inglés básico para maiores. Trátase dun obradoiro de iniciación que está dirixido a todas aquelas persoas que non teñen ningunha formación na lingua inglesa. As clases, que serán impartidas por unha profesora voluntaria que está licenciada en filoloxía inglesa, realizaranse os venres en horario de tarde, entre as 17:30 h e as 18:30 horas, na Casa dos Maiores de Bertamiráns. Ofértanse un total de 15 prazas, que se cubrirán por rigorosa orde de inscrición. Para apuntarse hai que chamar ao número de teléfono 662 377 044. Este curso gratuíto dará comezo o día 18 de outubro.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á cidade de Vigo, que terá lugar o vindeiro sábado, 2 de decembro, para pasar un día na cidade olívica e gozar co alumeado instalado con motivo da celebración do Nadal. A actividade está dirixida a toda a veciñanza en xeral, pero é necesario estar empadroado/a. Os/as interesados/as en inscribirse xa poden facelo, ata o 28 de novembro, en horario de 10.00 a 13.00 horas, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44 ou enviando un correo electrónico ao enderezo voluntariado@concellodeames.gal. O Concello de Ames sufraga a viaxe de ida e volta en autobús ata Vigo.

A Oficina do Voluntariado de Ames (OVA) desenvolve continuamente numerosas actividades de axuda a colectivos desfavorecidos ou que contan cunhas necesidades específicas. Pero a OVA precisa tamén apoio dos voluntarios/as, persoas que de xeito altruísta e solidario están dispostas a axudar aos demais. Faite voluntari@, a que esperas? é o título da campaña que está a levar a cabo a Concellaría de Benestar Social. A través desta iniciativa preténdese incentivar a participación e colaboración da veciñanza nalgún dos campos do voluntariado. Durante este mes de setembro irán abríndose os prazos de inscrición para as diferentes actividades que organiza a Oficina do Voluntariado de Ames.

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames (OVA), porá en marcha o próximo luns, 21 de outubro, unha nova actividade de deseño de interiores para principiantes. O curso impartiranse os luns, de 18:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ofértanse 15 prazas e as inscricións pódense realizar de xeito presencial na OVA, ou a través do teléfono 662377044.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.

A Organización Mundial da Saúde recoñeceu a labor, encabezada por España e Perú, na Cume sobre a Acción Climática 2019 das Nacións Unidas. Estes países conseguiron concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro, xa que a contaminación de este cause ao ano 7 millóns de mortes. Ames é un dos 33 municipios de España involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.

A Plataforma Feminista Galega de Ames organiza un club de lecturas feministas co que recupera parte da actividade que tiña antes da pandemia. Reunirase de xeito trimestral en lugares públicos. En cada sesión decidirase o libro da seguinte reunión. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores, 25 de outubro, en Bertamiráns. Para este primeiro encontro elixiuse a obra Todos deberíamos ser feministas, da autora nixeriana Chimamanda Ngozi.

Eventos del departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 10 de agosto en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 23 de xuño en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. Será en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de xaneiro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns e martes, 14 e 15 de marzo, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O luns 14 estará en horario de mañá e tarde, de 09:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Pola súa banda, o martes 15 o horario será só de tarde, de 19:00 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 30 de maio en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 31 de marzo en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será só de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 10 de outubro en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 12 de abril en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 17 de outubro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 28 de marzo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.