Solapas principales

A mocidade amesá participará nun obradoiro que aborda a temática da violencia de xénero con motivo do 25N

Miércoles, 25 de noviembre de 2020

Con motivo da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero o Concello de Ames, en colaboracións cos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, organiza un obradoiro que aborda a temática da violencia de xénero. Deste xeito, a mocidade de 14 e 16 anos dos institutos de Bertamiráns e do Milladoiro, poderán acudir ao taller “A violencia de xénero a través das pantallas”. O obradoiro, impartido por unha psicóloga, terá lugar o xoves 26 e o venres 27 de novembro nas aulas dos centros educativos.

Os institutos de Bertamiráns e máis o do Milladoiro únense ás conmemoracións do 25N cun obradoiro educativo. “A violencia de xénero a través das pantallas” é unha iniciativa coa que se pretende que,os mozos e mozas de entre 14 e 16 anos, sexan conscientes dalgunhas das condutas vinculadas á violencia de xénero que se produce nas distintas redes sociais desde un enfoque dinámico e próximo.

No obradoiro trataranse temas de relevante importancia e actualidade, como o acoso por mensaxería, os insultos desde o anonimato, a violencia verbal... dedicando tamén un espazo para falar dos cánons de beleza e comportamento que nos inculcan redes como Instagram ou TikTok. Todo iso, enlazarase co impacto que pode sufrir a saúde mental autoestima, autoimaxe, niveis de ansiedade...) en idades temperás.

Este taller está dirixido a un público xuvenil xa que se debe lembrar que os e as adolescentes son unha poboación altamente vulnerable a sufrir todo tipo de agresións na rede e, entre estas, a violencia de xénero.

A violencia de xénero a través das pantallas” terá lugar o xoves 26 de novembro en dúas aulas do IES Milladoiro e, o venres 27 de novembro, nunha do IES Bertamiráns. En ambos centros, realizarase en horario de mañá.

Impartiranse en 6 sesións, dúas por aula, nas que se procurará manter o interese da mocidade, utilizando un vocabulario e dinámicas atractivas para así acadar maior participación pola súa parte e unha aprendizaxe significativa.

Cada sesión terá unha duración de 50 minutos e acollerase a 75 persoas distribuídas en 3 aulas dos centros educativos, de 25 persoas cada unha.

Quen o imparte?

Este obradoiro, que aborda temáticas de violencia de xéneros, redes sociais e mocidade, será impartido por unha graduada en Psicoloxía pola UAB, con especialización en psicoloxía clínica e da saúde polo ISEP e Máster Universitario en Psicoloxía Xeral Sanitaria pola UNIR. Ademais, conta cunha formación específica en Igualdade de Oportunidades con aplicación práctica en Servizos Sociais, formación como especialista en trauma e EMDR e formación en Igualdade. Cabe destacar que a relatora coordina diferentes obradoiros psicoeducativos en ARA Psicoloxía e colaboradora en distintos medios de comunicación.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Ames acolle un obradoiro educativo sobre a violencia de xénero para o alumnado dos institutos"

Revista AmesGo: "Os institutos únense contra a violencia de xénero"

Os institutos de Ames organizarán un obradoiro que aborde a temática da violencia de xénero con motivo do 25N