Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Este sábado 14 de decembro, a partir das 17.00 horas, celebrase en Ames un novo Encontro Intercultural con motivo das festas do Nadal. Terá lugar nunha carpa habilitada no aparcadoiro de A Telleira. Ademais da degustación de pratos típicos de diferentes nacionalidades, os asistentes poderán desfrutar de obradoiros e música do Nadal, ademais de poder presenciar a inauguración da Exposición acerca dos Obxectivos do Desenvolvemento Sostible cedida polo Fondo Galego de Cooperación.

Representantes dos concellos que forman parte da Ruta Rosaliana xuntáronse hoxe na Casa do Concello de Ames para a presentación da andaina “Rosalías da Vida”, que se celebra o próximo domingo 8 de marzo. A saída será dende Lestrobe, en Dodro, ás 9.00 horas, e rematará as 18.00 horas coa chegada ao acto institucional que se realizará na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela. O obxectivo é conmemorar o 8M tendo presente a Rosalía de Castro, unha muller que marcou un antes e un despois na nosa historia.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, instalou catro novos colectores para doar roupa, calzado e complementos ao roupeiro municipal. Así, instaláronse dous en Bertamiráns e outros dous no Milladoiro. Deste xeito, facilítase a doazón de roupa e ao mesmo tempo farase a selección do material depositado nos contedores de xeito máis áxil e sinxelo. A colocación dos novos colectores responde ao bo funcionamento do roupeiro e á ampla colaboración co mesmo por parte da veciñanza. Deste xeito amplíase a oito o número de contedores para recoller roupa, catro en Bertamiráns e outros catro no Milladoiro. O roupeiro municipal atende arredor de 500 solicitudes ao longo do ano.

O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto da Alcaldía, a convocatoria de subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social de Concello de Ames, para o exercicio 2020. Con esta convocatoria, o goberno municipal quere acadar unha atención complementaria eficaz destinada ás persoas usuarias dos Servizos Sociais, mediante a promoción de diferentes actuacións relativas, por exemplo, á saúde pública ou á inclusión social de colectivos con dificultades de inserción. A contía máxima destinada a esta convocatoria ascende a 40.000 euros.

A Xunta de Goberno Local do pasado 7 de abril vén de aprobar a convocatoria de subvencións para o exercicio 2022 a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para a promoción de actividades de servizos sociais comunitarios e inclusión social. Con estas axudas búscase reforzar a colaboración coas entidades que leven a cabo actividades complementarias aos servizos sociais, e que favorezan a inclusión social, a saúde pública ou a formación laboral. Ao igual que en 2021, e dado o crecemento constante das solicitudes presentadas, a contía total volve a acadar os 60.000 euros, un aumento do 50% con respecto ao previsto no plan de subvencións 2020-2022. Premendo nesta ligazón pódese obter máis información sobre esta convocatoria.

O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto de Alcaldía, a concesión de 8 novas axudas a familias numerosas, que estaban pendentes de resolver por falta de documentación. Ademais, a axuda dunha unidade familiar foi denegada e outras catro axudas foron desistidas por achegar documentación diferentes da que se lle solicitou a estas unidades familiares. Estas axudas súmanse ás aprobadas o posado 26 de decembro de 2019 para 57 familias por valor de 68.400 euros.

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no pleno ordinario de outubro o acordo para a adhesión do Concello de Ames á Rede de Entidades Locais para a implementación e desenvolvemento da Axenda 2030. O obxectivo deste proxecto é favorecer a coordinación de actuacións entre os Gobernos Locais para lograr o desenvolvemento sostible. Este pasado 21 de outubro celebrouse a Asemblea constitutiva onde se aprobaron entre outras cuestións os importes das cotas dos membros, as normas de funcionamento da rede e a composición do Consello de Goberno.

O prazo de inscrición para participar na carreira “Moitos camiños, mesma meta”, que se celebrará o vindeiro sábado 11 de marzo no parque verde central do Milladoiro (parque das piscinas), xa está aberto. Trátase dunha cita deportiva non competitiva e lúdica, incluída dentro da batería de actividades organizada polo Concello de Ames con motivo da conmemoración do Día Internacional da Muller, o 8M. O obxectivo da proba, que dará comezo ás 11:30 horas, é reivindicar, a través dos doce obstáculos que se instalarán no circuíto, os distintos atrancos aos que se ven sometidas todas as mulleres no día a día. A inscrición, de balde, pode realizarse en liña premendo nesta ligazón, ou ben de forma presencial, nas oficinas dos Servizos Sociais do Concello, sitas no Milladoiro (rúa de Abaixo, número 10) e en Bertamiráns (praza de Chavián, s/n) ata o venres 10 ás 14:00 horas.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza a terceira edición do concurso fotográfico LGTBIQ+, que se enmarca dentro da campaña “Ames a quen ames faino con orgullo”. O obxectivo é a loita contra a discriminación e promover a igualdade e a diversidades con respecto á comunidade LGTBIQ+. O prazo de entrega das fotografías vai do 10 ao 19 de xuño. Permítese unha participación por persoa, que debe ser enviada xunto co seu número de teléfono, e os seus datos persoais ao enderezo de correo electrónico servizos_sociaisberta@concellodeames.org. A inscrición é gratuíta. Descarga as bases do certame fotográfico. O acto de conmemoración do día LGTBIQ+ celebrarase o venres 26 de xuño.

O Concello de Ames, a través da Concellaría da Igualdade e da Promoción da Saúde, organizou este ano unha novidosa actividade para conmemorar o Día Internacional da Muller. Tratouse da carreira de obstáculos “Moitos camiños, mesma meta” que se realizou o sábado pasado, pola mañá, na contorna da Casa da Cultura do Milladoiro e da área deportiva desta localidade. Arredor de 350 persoas participaron nesta iniciativa. Houbo un gran ambiente nesta proba na que participaron tanto adultos coma nenos/as. Para ver máis fotos sobre a carreira podes premer neste enlace.

Eventos del departamento

Baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 22 de novembro, a décimo cuarta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura de Bertamiráns. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornada.ames@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

Ás 20.30 horas, o martes 31 de agosto, celebrarase unha xornada de clausura do programa "Saúde nas prazas". O Departamento de Promoción da Saúde, en colaboración ca empresa BeOne, invita a acudir a todos os veciños e veciñas á  praza da Horta de Arriba, xunto á piscina de Bertamiráns, onde se impartirán sesións de baile, combat, ioga e unha merendola saudable. Non é preciso inscrición previa.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero.  O mércores 18 de novembro, Laura Costoya organiza o taller "Cara onde vou?, claves para mellorar a empregabilidade". Esta actividade centrarase no desenvolvemento de competencias e a adquisición de recursos enfocados á procura de emprego feminino. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. O xoves 19 de novembro, Aixa Permuy organiza o encontro "Coeducación desde a infancia". Nesta xornada destinada a pais, nais e persoas educadoras, exporanse diferentes actividades para traballar a construción e deconstrución de estereotipos. A iniciativa desenvolverase vía online e, para participar, é necesario inscribirse a través desta páxina web.

O programa de actividades dará comezo o xoves 16 de novembro coas XIII Xornadas Achégate á Igualdade que este ano teñen como lema  “Queres formar parte? Novas masculinidades, novas oportunidades”. Trátase dunha xornada gratuíta que se vai a organizar no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Para participar é necesario inscribirse previamente enviando un correo electrónico ao enderezo xornada.ames@gmail.com indicando o nome, apelidos e lugar de residencia. As prazas cubriranse por rigorosa orde de inscrición.

A Concellería de Benestar Social e Igualdade organiza para o venres, 28 de novembro, a décimo quinta edición das Xornadas Achégate á Igualdade, que se desenvolverán na Casa da Cultura do Milladoiro. A xornada é gratuíta con aforo limitado. Está aberta a todo público interesado, dende profesionais da área ata público xeral, pasando por educadores e educadoras, alumnado, docentes, área da psicoloxía, da orientación, profesionais da administración pública, pais e nais. Para participar hai que inscribirse no enderezo electrónico: xornadasachegate@gmail.com. Premendo neste enlace podes descargar o programa completo das xornadas.

A unidade móbil de doazón de sangue está hoxe xoves, 27 de agosto en Bertamiráns, en horario de mañá e de tarde.

Situarase na Avnda da Maía, diante da praza.

Os horarios son os seguintes:

Pola mañá estará entre as 9:30 e as 14:30 e pola tarde estará desde as 15:30 até as 21:00 horas.

É necesario pedir cita previa no teléfono  900 100 828

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.