Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Nove entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro serán as beneficiarias das subvencións que para a promoción de actividades de Servizos Sociais Comunitarios e Inclusión Social do Concello de Ames vén de aprobar a Xunta de Goberno Local na súa sesión do 29 de xullo. As subvencións axudarán a promover accións e actividades de inserción social, dirixidas especialmente a persoas e colectivos con dificultades especiais.

A Xunta de Galicia e o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, do que forma parte o Concello de Ames, veñen de renovar o seu convenio anual, que desta volta se centrará en promover a implementación a nivel local dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) aprobados pola ONU en 2015. O presidente da asociación municipalista e alcalde de Nigrán, Juan González; a vicepresidenta e concelleira en San Sadurniño, Ana B. Gundín, e mais a vogal e alcaldesa de Moraña, Luísa Piñeiro, reuníronse onte co director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo, e coa subdirectora xeral de Cooperación Exterior, Pilar Romero, para darlle seguimento a esta colaboración.

A Xuntanza de Empresarios de Ames colabora co departamento de Voluntariado do Concello de Ames, que é dependente da Concellería de Benestar Social, nunha campaña de recollida de alimentos para o Banco de Alimentos de Ames. Todas as persoas que queiran participar poden deixar os seus alimentos doados nos establecementos dependentes da XEA ou nunha gran recollida na Praza da Maía que está prevista para o día 13 de xuño.

Un ano máis, volve a Ames o programa de actividades acuáticas para as persoas maiores “Sanauga”, unha iniciativa da Concellaría de Benestar Social que está xestionada pola Oficina de Voluntariado (OVA). Estas actividades acuáticas impartiranse no centro deportivo da Telleira, en Bertamiráns, e están dirixidas a persoas maiores de 60 anos empadroadas en Ames. Os/as interesados/as poden inscribirse do 17 ao 24 de setembro, de 10.00 a 13.00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Está previsto que as actividades comecen o vindeiro 1 de outubro.

Dende a Concellaría de Benestar Social lembran que está aberto o prazo de inscrición para as actividades do programa Amessán 2025-2026. Este ano hai varios cambios no proceso de inscrición respecto da edición  anterior. Para inscribirse non é necesario presentar o volante de padrón. Unha vez rematado o período de inscrición e estean elaboradas as listaxes de usuarios/as inscritos/as comprobarase que as persoas inscritas estean empadroadas no concello de Ames, requisito necesario para poder participar no programa. Outro dos cambios é que as persoas que participen en grupos impartidos en locais sociais das parroquias, poderán facer a inscrición o primeiro día de clase (non é necesario que se inscriban antes do inicio das actividades). Pódese consultar a programación completa de Amessán para o curso 2025-2026 nesta ligazón.

Despois da boa acollida que tivo en 2021, a Concellaría de Saúde e Benestar Social, organiza a segunda edición do campamento sénior Amessán 2022. Trátase dunha campamento para persoas maiores de 60 anos que estean empadroadas no concello de Ames. As actividades desenvolveranse en horario de mañá os martes e xoves do mes de xullo. Terán preferencia no proceso de inscrición as persoas que participaron no programa Amessán ao longo do curso 2021-2022. Faranse actividades no exterior e catro saídas. Xa está aberto o prazo de inscrición. Para elo hai que enviar un correo electrónico a voluntariado@concellodeames.gal ou chamar ao número de teléfono 662 377 044.

Desde o ano 2015, a Fundación INGADA realiza o Camiño da Diversidade, unha actividade educativa e de lecer que se desenvolverá o sábado, 12 de outubro, e que ten como finalidade potenciar os valores de solidariedade, compañeirismo, respeto e vida saudable.  A marcha consiste na realización conxunta dunha das etapas do Camiño de Santiago. Será, concretamente, a última etapa da Ruta Portuguesa, desde A Escravitude (Padrón) ata a Praza do Obradoiro. No Milladoiro  terá lugar unha parada para xantar e os membros da Fundación farán diversas actividades. Desde a Concellaría de Benestar Social anímase á veciñanza a participar desta actividade solidaria para visibilizar e concienciar á poboación sobre o Trastorno por Déficit de Atención e Hiperactividade  e os trastornos asociados, así como da diversidade funcional en xeral. As inscircións permanecerán abertas ata o mércores, 9 de outubro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 27 de setembro, en Bertamiráns e no Milladoiro. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá en Bertamiráns e despois pola tarde no Milladoiro. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade. Para participar hai que inscribirse chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns ou do Milladoiro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 21 de marzo, no Milladoiro e Bertamiráns. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá no Milladoiro e despois pola tarde en Bertamiráns. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade.

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores do Milladoiro, coordinada pola Oficina de Voluntariado de Ames e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar nesta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir á Oficina de Voluntariado, na Casa da Cultura de Bertamiráns, de 10:00 a 13:00 horas. Nestas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura ou as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán o vindeiro venres, 3 de outubro, e rematarán a finais de xuño.

Eventos del departamento

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle entre o 27 de novembro e o 18 de decembro a exposición fotográfica “Proxectos de axuda á infancia” da Fundación Tierra de Hombres. A inauguración da mostra será o luns 27 de novembro, ás 20.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais da inauguración farase unha charla de presentación de dita mostra. Esta exposición conta coa colaboración do Concello de Ames.

O vindeiro luns, 21 de outubro, ás 17.00 horas, inaugurase á exposición de fotografía EspadELA. Trátase dunha exposición sobre feminismos e ruralidades, que estará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, do 21 ao 31 de outubro. Esta mostra fotográfica é unha iniciativa da cooperativa Arabías, que chega ao concello de Ames da man da Concellaría de Benestar Social. Esta exposición está composta por unha escolma de arredor de 40 retratos grupais e individuais. As mulleres que participan expresan temas de interese como as diversidades, a relación co territorio, os activismos, a comunidade, os coidados das persoas maiores e dependentes, da terra ou da cultura e do patrimonio inmaterial. As mulleres que participaron son dos concellos de Ames, Arzúa, Boiro, Brión, Carballo, Ordes, Touro ou Santiago de Compostela.

A exposición Ames Coopera estará na Casa da Cultura do Milladoiro do 6 ao 15 de setembro.

A exposición Ames Coopera estará na Casa da Cultura de Bertamiráns do 18 ao 30 de setembro.

Dende o luns, 2 de setembro, e ata o día 15 de setembro, está exposta na Casa da Cultura de Bertamiráns a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

Dende o luns, 16 de setembro, e ata o día 30 de setembro, está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro a mostra Mindjer di Guiné: Miradas desde Guinea-Bissau. A mostra pódese visitar de luns a venres en horario de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 22.00 horas.

A I Feira do Voluntariado de Ames inaugurarase na tarde do venres, 28 de maio, ás 17:00  horas, co acto de recepción e benvida ás entidades participantes e unha mesa redonda na que Ames, Brión, Negreira e Vedra, os catro concellos que participan no evento, debaterán sobre o lema que rexe a feira: “O voluntariado municipal, participar para transformar”. Podes consultar aquí o programa de actividades. Tamén podes coñecer o horario, as persoas e os temas dos faladorios.

O próximo sábado, 22 de febreiro, celebrarase na Casa da Cultura de Bertamiráns a Festa do Entroido de Amessan. A partir das 17.30 horas, os asistentes poderán desfrutar de música en vivo co Trío Alborada Show e a degustación de pratos típicos de Nadal. Dende a Concellería de Benestar Social animan á toda veciñanza amesá a asistir disfrazado.

O programa Amessán clausúrase este curso cunha xornada con música e actividades no Parque do Ameneiral, en Bertamiráns o sábado 19 de xuño.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebra este próximo sábado 13 de decembro, ás 17.00 horas, a FestAmes Diversa 2025. Un evento que, coma nas anteriores edicións, busca dar visibilidade e poñer en valor aos colectivos diversos no marco do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se celebra todos os anos no día 3 de decembro. O evento, que será presentado pola actriz Carlota Mosquera, celebrarase na Casa da Cultura do Milladoiro, onde haberá actuacións musicais, invitados de interese e máis sorpresas.