- Tematica
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social e Igualdade, organiza dous cursos formativo en defensa persoal feminina, que se van impartir o sábado, 21 de marzo, no Milladoiro e Bertamiráns. Os cursos impartiranse pola mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro, e pola tarde, de 16:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Son dous cursos diferentes de catro horas cada un. Impartiranse primeiro pola mañá no Milladoiro e despois pola tarde en Bertamiráns. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade.
Os cursos teñen unha parte teórica e práctica que se darán en conxunto de forma que a formación sexa dinámica. Na parte teórica traballaranse conceptos psicolóxicos tanto da vítima como do agresor e o código penal.
Ademais, haberá unha parte de desenvolvemento do control das cinco claves que contempla o programa de Método Mas como son a respiración, a observación, a valoración, a estratexia e a técnica. Tamén se traballará todo tipo de prevención para situacións de risco que nos leven a evitar todo tipo de enfrontamento físico, pero se este non é evitable as persoas participante aprenderán un gran amplo abanico de técnicas de defensa.
A concelleira de de Benestar Social e Igualdade, Uxía García, explica que “é importante para a seguridade de calquera muller, saber previr este tipo de situacións, manter a calma e actuar correctamente cando se produce algún tipo de agresión. Estes cursos xa se impartiron no pasado mes de setembro, e tralo éxito de participaron que tiveron, volvemos a organizar unha nova edición con motivo da programación do 8M”.
A finalidade dos cursos é que a muller teña ferramentas suficientes para sentirse segura nunha situación de risco en todos os ámbitos da súa vida. Dita formación estará impartida por Juan José Martínez de Método Mas e está dirixida a mulleres maiores de idade. Juan José Martínez é instrutor de Kung-fu pola Federación Galega e adestrador de defensa persoal feminina titulado pola Federación Galega de Kung-fu e pola Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia.
Para participar nestes cursos hai que inscribirse previamente enviando un correo electrónico a servizos_sociaisberta@concellodeames.gal / servizos_sociaismilla@concellodeames.gal ou chamando aos número de teléfono 981 89 09 64 / 981 53 59 41 das Unidades Municipais de Servizos Sociais de Bertamiráns ou do Milladoiro.





