Actualidad

Por ejemplo, 15-10-2026
Por ejemplo, 15-10-2026
Lunes, 28 de septiembre de 2026
Comeza a programación de outono das bibliotecas municipais con Contos con miga, de Migallas, e Contos con xeito, de Bea Campos

Esta semana, os días 29 e 30 de setembro, comeza a programación das bibliotecas municipais para os meses de outono con Contos con miga, de Migallas, e Contos con xeito, de Bea Campos. Durante os meses de setembro, outubro, novembro e decembro haberá obradoiros e sesións de narrativa oral para os máis pequenos, que se desenvolverán tanto na biblioteca do Milladoiro como na de Bertamiráns. Ademais, o 24 de outubro con motivo do Día da Biblioteca, entregaráselle aos usuarios/as das bibliotecas municipais, marcapáxinas cos debuxos dos gañadores da 1º e 2º categoría do V Concurso de debuxo infantil do Día do Libro.

Lunes, 09 de febrero de 2026
Volven as sesións de contacontos ás bibliotecas municipais de Ames

As bibliotecas municipais de Bertamiráns e O Milladoiro abren o ano con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás, así como demais actividades de fomento da lectura, entre as que se atopan un obradoiro para rapaces e rapazas de 3º de primaria en diante ou o xa tradicional Concurso de debuxo.

Martes, 03 de febrero de 2026
O Pazo da Peregrina acolle unha unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de DES A MAR, ultrasónico

Este xoves, 5 de febreiro, o Pazo da Peregrina acolle, ás 20.00 horas, unha nova sesión dos Encontros literarios coa presentación da obra DES A MAR, ultrasónico, da autora galega Elba Pedrosa, quen gañou o Premio Aritmar á mellor poesía do ano 2025 por Que facer. Na presentación tamén estará o catedrático e ensaísta Xosé Antonio López Silva. 

Domingo, 25 de enero de 2026
As bibliotecas municipais presentan a programación deste primeiro semestre de 2026

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames, enmarcado dentro da Concellería de Cultura, Turismo, Axenda Urbana e Comunicación, vén de anunciar a programación de actividades que se levará a cabo nas bibliotecas do Milladoiro e Bertamiráns durante os primeiros seis meses do ano 2026, na que se inclúe as actividades de contacontos e uns obradoiros lúdicos para os máis cativos de Ames.

Miércoles, 19 de noviembre de 2025
Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Marta Estévez, que estará a presentar a súa novela “As tres beiras” este xoves, 20 de novembro. A autora estará acompañada do editor César Lorenzo. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Miércoles, 12 de noviembre de 2025
Participa no obradoiro de “Pequenos artistas. Descubrindo a Castelao” organizado polas Bibliotecas municipais

As Bibliotecas municipais de Ames continúan coa súa programación de outono. Deste xeito, organizan o obradoiro “Pequenos artistas. Descubrindo a Castelao” no que os máis pequenos poderán descubrir e aprender sobre unha das figuras máis relevantes da cultura galega. A actividade desenvolverase o sábado 22 de novembro en Bertamiráns e o venres 5 de decembro no Milladoiro. O prazo de inscrición para participar na quenda de Bertamiráns está aberto desde o pasado luns, día 10, ata o vindeiro 19 de novembro. Para participar, é preciso enviar un correo electrónico ao enderezo biblioteca@concellodeames.gal indicando nome, apelidos, curso e idade das crianzas participantes xunto cun número de teléfono de contacto.

Lunes, 03 de noviembre de 2025
Óscar M. Guzmán presenta este xoves o seu libro “Pero… como morren as pegas?” nunha nova sesión dos Encontros Literarios

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Óscar M. Guzmán, que estará a presentar a súa novela “Pero... como morren as pegas?” este xoves, 6 de novembro. O autor estará acompañado pola xornalista Nazareth López. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Miércoles, 22 de octubre de 2025
As bibliotecas municipais organizan obradoiros, reparto de marcapáxinas e a entrega de premios de Superlectores polo Día das Bibliotecas

O departamento de Bibliotecas do Concello de Ames prepara co gallo da celebración do Día das bibliotecas varias actividades. Impartirase o obradoiro “Deseña a túa mochila” o venres 24, ás 17:00h, na biblioteca do Milladoiro, e o sábado 25, ás 11:30h, na biblioteca de Bertamiráns. Tamén se fará reparto de marcapáxinas cos debuxos gañadores do concurso de debuxo celebrado en abril con motivo do Día do Libro e entregaranse os premios da campaña de Superlectores.

Lunes, 20 de octubre de 2025
Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de “En las latitudes de un miedo políglota” de Ana Valín este xoves

Neste mes de outubro retomouse o programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda da luguesa Ana Valín, que estará a presentar a súa obra  de poesía “En las latitudes de un miedo políglota” este xoves, 23 de outubro. A autora estará acompañada por José Antonio García López, finalista do Slam Poetry Bóveda 2025. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

Lunes, 13 de octubre de 2025
As bibliotecas municipais reciben o outono con novas sesións de contacontos para as crianzas amesás

As bibliotecas municipais continúan neste inicio de outono con diferentes actividades para a rapazada de Ames, na que se inclúen varias propostas de animación á lectura. Deste xeito, ao longo desta semana haberá tres sesións de contacontos na biblioteca de Bertamiráns, mentres que a última semana de outubro realizaranse outras tres sesións na biblioteca do Milladoiro. Ademais, co gallo da celebración do Día da Biblioteca o 24 de outubro, terá lugar o obradoiro “Deseña a túa mochila”, que se celebrará o venres 24 no Milladoiro e o sábado 25 en Bertamiráns. As inscricións neste caso poderán realizarse do 13 ao 20 de outubro.