Solapas principales

Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez

Miércoles, 19 de noviembre de 2025

No mes de novembro continúan as sesións do programa de Encontros Literarios, que organiza o departamento das Bibliotecas municipais de Ames. Nesta ocasión, será a quenda de Marta Estévez, que estará a presentar a súa novela “As tres beiras” este xoves, 20 de novembro. A autora estará acompañada do editor César Lorenzo. Como vén sendo habitual, a presentación será no Pazo da Peregrina, ás 20.00 horas. A entrada será libre ata completar aforo.

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames retomou as sesións do programa “Encontros Literarios”, unha das súas propostas con mellor acollida. Desta volta, Marta Estévez, estará a presentar “As tres beiras”, unha obra republicada en galego o pasado luns. 

Sobre ‘As tres beiras’
Marta Estévez (Vigo, 1972) é unha escritora licenciada en Filoloxía Inglesa que publicou no 2023 a súa primeira novela, “El secreto de las hermanas Asorey”, unha obra baseada na Compostela de 1931 coa segunda República. Foi finalista dos Premios Azorín (2019) e cuarta finalista nos Premios Planeta (2021) con sendas novelas de momento inéditas. 

A súa segunda novela “As tres beiras”, publicada orixinalmente o ano pasado en castelán ten como protagonista a Ulises, que en en plena pandemia do 2020, retorna á illa na que pasou aquel inesquecible verán da súa infancia xunto os seus avós, na dura década do 1980. A década da heroína, a década da sida, a década do retorno de moitos galegos emigrantes a Venezuela.

Na obra, retrátase a infancia da xeración nada no 1970 e a dor dos que tiveron que abandonar a súa terra para intentar gañar un futuro en América mais todas as problemáticas que xurdiron naquela época. Todo baixo a luz fascinante das illas atlánticas. 

Sesións programadas para decembro
Para decembro está programada outra sesión dos Encontros Literarios, o xoves día 4, no que Amada Traba, Priscila Retamozo e Chis Oliveira presentarán “Las trampas de la pornografía. La sexualidad que deseamos”, da editorial Los libros de la Catarata.

Novas relacionadas:

Diario de Santiago: "Nova sesión dos Encontros Literarios, en Ames, este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez"

Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez

Multimedia

  • Chega unha nova sesión dos Encontros Literarios este xoves coa presentación de “As tres beiras” de Marta Estévez