Solapas principales

O Pazo da Peregrina acolle unha unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de DES A MAR, ultrasónico

Martes, 03 de febrero de 2026

Este xoves, 5 de febreiro, o Pazo da Peregrina acolle, ás 20.00 horas, unha nova sesión dos Encontros literarios coa presentación da obra DES A MAR, ultrasónico, da autora galega Elba Pedrosa, quen gañou o Premio Aritmar á mellor poesía do ano 2025 por Que facer. Na presentación tamén estará o catedrático e ensaísta Xosé Antonio López Silva. 

O departamento de Bibliotecas municipais de Ames retoma os Encontros Literarios, unha das súas propostas con mellor acollida. Neste ocasión, o Pazo da Peregrina será a localización, o próximo 5 de febreiro, ás 20.00 horas, da presentación da obra DES A MAR, ultrasónico, da poeta Elba Pedrosa, xunto co profesor Xosé Antonio López.

A obra preséntase como un punto de encontro entre o desamor e o mar, onde as ideas que se trasladan están vencelladas cos momentos nos que o amor escacha. Durante a presentación, a autora recitará o poema Que facer, que foi premiado polo proxecto galaico-luso Aritmar como a mellor poesía do ano 2025.

Sinopse do libro 
Esta é unha obra cargada de emocións intensas, reflexión e elegancia, que traslada a través da arte unha mensaxe de axuda, dado que no poemario tócanse temas que interpelan frontalmente a procesos vitais e cotiás polos que pasan todas as persoas e dos que habitualmente non se adoita falar, aínda que mancan moito. 

Sobre a autora
Elba Pedrosa licenciuose en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid e traballa como consultora e formadora en creatividade e oratoria tanto para institucións públicas como privadas, ademais de colaborar con distintos medios de comunicación. DES A MAR, ultrasónico é a súa última obra, mais tamén publicou en galego Agora que cala a noite, no ano 2022, e O que non sabías, no ano 2020. A maiores, participou no libro de relatos Relatos na Rúa II, no ano 2015.

En castelán ten dúas obras publicadas: Despertando la creatividad. Un desafío para tu bella durmiente, no ano 2018, e Lo que no sabías, no ano 2020.

O Pazo da Peregrina acolle unha unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de DES A MAR, ultrasónico

Multimedia

  • O Pazo da Peregrina acolle unha unha nova sesión dos Encontros Literarios coa presentación de DES A MAR, ultrasónico