Pestanas principais

Departamento de Secretaría e Administración Xeral

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono: 981 88 30 02
    • Horario de atención ao público: de 9:00-14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Administración Xeral.
    • Responsable técnico: María Ofir Aboy García, técnica de secretaría.
    • Estrutura do servizo: Secretaría, Técnica de Secretaría, 3 Auxiliares Administrativos.
Outros Datos: 
  • Funcións:
    • Asesoría xurídica do Concello
    • Informar e asesorar sobre os asuntos plenarios. Conformación dos plenos e comisións, xuntas de goberno
    • Levantar acta das sesións dos órganos colexiados
    • Certificación dos actos ou resolucións da Presidencia e os acordos dos órganos colexiados decisorios, así como dos antecedentes, libros e documentos do Concello.
    • Remitir á Administración do Estado e á Comunidade Autónoma, nos prazos e formas determinados reglamentariamente, copia ou, no seu caso, extracto dos actos e acordos dos órganos decisorios da Corporación, tanto colexiados como unipersonais.
    • Levar e custodiar o Rexistro de Intereses dos membros da Corporación e o Inventario de Bens.
    • Acompañar ao Alcalde-Presidente ou membros da Corporación nos actos de sinatura de contratos ou escrituras.
    • Xestión da área de contratación. Realización do Plan de contratación semestral.
    • Xestión dos RRHH do Concello de Ames.
  • Bolsas de traballo
  • Procesos selectivos
  • Perosal Municipal
  • Novas relacionadas
  • Axenda.

Novas do departamento

Este xoves, día 31, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá a resolución de alegacións sobre a modificación da ordenanza reguladora da taxa pola prestación de servizos complementarios educativos; o inicio de expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar; a modificación do anexo do cadro de persoal do orzamento EPEL 2024; o inicio do expediente de liquidación do contrato de concesión para a xestión do servizo publico do ciclo integral da auga asinado con Espina & Delfin SL; e a elección de xuíz/a de paz titular. Ademais, debaterase a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento de 2024; a transferencia de créditos 4/2024; o suplemento de crédito 1/2024 financiado con remanente de tesourería para gastos xerais; e maila  aprobación das novas cotas pola continuidade na Mancomunidade Serra do Barbanza. Por último, debateranse dúas mocións presentadas polo BNG de Ames. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, 29 de setembro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de setembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a aprobación dun suplemento de crédito, por importe de 1.546.120,20 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais. Tamén se abordará a primeira modificación do Plan de medidas antifraude; a primeira prórroga do convenio de colaboración entres os Concello de Ames e Teo para a xestión compartida do servizo de atención temperá; a participación do Concello de Ames na segunda fase do POS+ Adicional de 2022; a aprobación inicial do regulamento de funcionamento do mercado de venda ambulante; e a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa por instalación de postos en dito mercado.

Este martes, 31 de maio, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de maio. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do proxecto modificado das obras de reforma de vestiarios do campo de fútbol de Bertamiráns (POS+ 2020), a aprobación do Plan director do Parque arqueolóxico Compostela Rupestre, a aprobación inicial da modificación da Ordenanza número 5 reguladora do prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais, a alteración da cualificación xurídica dunha superficie de terreo de 327 metros cadrados no cemiterio parroquial de Biduído, a aprobación da undécima modificación puntual da Relación de Postos de Traballo, a aprobación do Plan de medidas antifraude do Concello de Ames e maila aprobación do suplemento de crédito 1/2022. Todos estes puntos foron tratados previamente nas comisións informativas celebradas o pasado martes 24 de maio.

O martes, 18 de novembro, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación dun suplemento de crédito, financiado con remanente de tesourería, para poñer en marcha unha nova campaña dos Bonos Consuma, tralo éxito desta iniciativa no comercio local durante os últimos catro anos. O importe da campaña ascendería a 60.000 euros. Ademais, darase conta da renuncia de Carmen Porto Rey como concelleira de Planificación e Xestión Educativa e Mocidade. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, 30 de outubro, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de outubro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do suplemento de crédito 3/2025, por valor de 3.163.636 euros, financiado con remanente de tesourería para gastos xerais; a aprobación inicial da ordenanza fiscal reguladora da taxa polo servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; a aprobación do POS+ Adicional 4/2025; a autorización do incremento da cantidade global destinada á asignación de gratificacións, horas extras e horas complementarias no orzamento para o exercicio 2025; a revisión dos prezos do contrato de concesión da xestión e mantemento do centro deportivo municipal A Telleira para o exercicio 2026; e a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora do prezo público pola utilización do centro deportivo municipal A Telleira. Ademais, abordaranse dúas mocións políticas do grupo municipal popular para a mellora da seguridade viaria na DP-0206 e sobre os vertidos no río Sar provocados polas obras de construción da nova depuradora de aguas residuais de A Silvouta. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

O luns, 18 de novembro, ás 10.00 horas, celebrarase un pleno extraordinario no que se debaterá a aprobación inicial da décimo segunda modificación da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Ames. Tamén se abordará a aprobación inicial da modificación do cadro de persoal anexo ao orzamento xeral do Concello de Ames do 2024, como consecuencia de dita modificación da RPT. Dita modificación da RPT foi aprobada por unanimidade de todas as seccións sindicais na Mesa Xeral de Negociación celebrada o 14 de novembro. No caso de ser aprobada en Pleno suporía a adecuación dos complementos específicos e incremento retributivo derivado, para a totalidade do persoal municipal. O incremento retributivo aplicarase de forma progresiva en catro anos, dende 2024 ata 2027. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, 29 de outubro, o Concello de Ames celebra unha nova sesión plenaria. Neste caso a ordinaria do mes de outubro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a derrogación da ordenanza fiscal que regula a taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes do Concello de Ames; a aprobación inicial da modificación do regulamento das escolas de educación infantil A Madalena e O Bosque; dous expedientes de investigación patrimonial dun camiño en Insua (Agrón) e outro no lugar de Lapido (Ortoño); a adhesión á Rede de entidades locais para desenvolver os obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030; e unha proposta presentada polo grupo municipal do BNG sobre a reactivación da asistencia sanitaria. Estes temas foron abordados o pasado venres, 23 de outubro, nas comisións informativas que se desenvolven de xeito previo ao pleno.

Este xoves, día 30, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xaneiro. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación dos modelos de declaracións de bens e actividades dos concelleiros e concelleiras do Concello de Ames, a proposta de resolución de alegacións e remisión ao Consello Consultivo de Galicia do expediente de resolución do contrato do servizo de axuda no fogar, e a modificación do regulamento da Rede municipal de comedores escolares, Bos días cole e Tardes divertidas. Ademais, debaterase unha moción política do grupo municipal BNG para a implantación de medidas de prevención e resposta fronte ás inundacións. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Este xoves, 27 de outubro, o Concello de Ames celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de outubro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a aprobación inicial da modificación puntual do regulamento dos programas de conciliación (Bos días coles, Comedores escolares e Tardes divertidas), dos programas lúdicos, e da Escola de verán. Ademais, debaterase sobre a aprobación do proxecto modificado de acondicionamento e mellora térmica da cuberta da escola infantil O Bosque e maila aprobación do proxecto da obra de melloras básicas das condicións térmicas e acústicas do pavillón do Milladoiro. Tamén se tratará a modificación das ordenanzas de imposto sobre vehículos e de bens inmobles. Por último, debaterase sobre un recoñecemento extraxudicial de crédito, por valor de 48.000 euros, e sobre o incremento da contía para gratificacións, horas estras e horas complementarias.

Este xoves, 24 de setembro, o Concello de Ames celebra unha nova sesión plenaria. Neste caso a ordinaria do mes de setembro. En dita sesión plenaria a Corporación municipal debaterá a constitución da Asociación de concellos da Ruta Rosaliana “As Pegadas de Rosalía”, así como a aprobación dun borrador de estatutos para dita asociación. Ademais, abordarse a modificación da ordenanza número 5 que regula o prezo público pola prestación do servizo das escolas infantís municipais; a segunda modificación das bases de execución do Orzamento de 2020; o compromiso de afectación durante 10 anos do local adquirido para coworking; e unha proposta do concelleiro José Ramón Oulego. Tamén se dará conta do decreto de liquidación do exercicio 2019.

Eventos del departamento

Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.

Este sábado, 15 de xuño, celébrase o primeiro pleno do mandato 2019-2023 no que se desenvolverá o acto de investidura. O pleno de constitución da nova Corporación desenvolverase dende as 12:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. Os concelleiros e concelleiras prometerán o seu cargo e será elixido o alcalde. Os 21 concelleiros/as terán que facer unha votación nominal na que cada edil terá que votar por algún dos candidatos á Alcaldía.

A Casa do Concello acolle a xuntanza de portavoces a partir das 14.00h este xoves, 11 de xullo.