PARA QUE (FINALIDADE):
Solicitar permiso para realizar cacharelas na noite de San Xoán.
QUEN PODE FACELO:
Persoas a título individual ou asociacións, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada.
COMO SE FAI:
As persoas que queiran tramitar dita solicitude deberán facelo cubrindo unha instancia xeral e entregándoa no rexistro xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou no rexistro auxiliar das Oficinas xerais do Milladoiro.
As asociacións, organizacións e comunidades que desexen realizar unha cacharela e/ou sardiñada deberán presentar a correspondente solicitude na Sede electrónica municipal.
CANDO:
As solicitudes poderán presentarse durante o mes de xuño.
ONDE:
- Sede Electrónica: asociacións, organizacións e comunidades de veciños/as.
- Presencialmente: No rexistro xeral da Casa do Concello, en Bertamiráns, ou no rexistro auxiliar das Oficinas xerais do Milladoiro.
PREZO:
De balde.
DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE:
Departamento de Secretaría e Administración Xeral
CONCELLARÍA RESPONSABLE: