- Tematica
Este xoves, día 27, o Concello de Ames celebrará o pleno ordinario correspondente ao mes de xullo.
Na sesión plenaria a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación do regulamento para a xestión do Ciclo Integral da Auga e sobre a aprobación de dous proxectos (pavimentación de viarios en Raíces e Ínsua) incluídos no Plan AGADER. Tamén se vai tratar un expediente de investigación patrimonial dun camiño no lugar de Carballo, a aprobación do proxecto de eficiencia enerxética e de iluminación pública no parque empresarial do Milladoiro, a modificación do lote 3 do contrato do servizo de limpeza nas instalacións de uso municipal, a aprobación do suplemento de crédito 2/2023 e maila aprobación do recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2023.