Actualidade

Ex., 13-09-2026
Ex., 13-09-2026
Venres, 11 de setembro de 2026
O Pleno aproba un recoñecemento extraxudicial de crédito por valor de 474.546 euros

A Corporación municipal aprobou por maioría absoluta o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2026 por valor de 474.546,47 euros. Ademais,   aprobouse por unanimidade a ratificación do decreto de aprobación da primeira prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar; a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias; a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nas instalacións de uso municipal; e a aprobación do convenio de colaboración e encomenda de xestión para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá co Concello de Teo 2026-2028. Tamén se aprobou por unanimidade unha moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para impulsar medidas de ordenación, integración paisaxística e minimización do impacto visual das infraestruturas técnicas e de telecomunicacións. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Mércores, 09 de setembro de 2026
O Pleno debaterá sobre a aprobación dun recoñecemento extraxudicial de crédito de 477.413 euros

Este xoves, 10 de setembro, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de agosto. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre o recoñecemento extraxudicial de crédito 1/2026, valorado en 477.413 euros; a ratificación do decreto de aprobación da primeira prórroga do contrato do servizo de axuda no fogar; a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nos centros de educación infantil e primaria e escolas unitarias; a ratificación do decreto de aprobación da segunda prórroga do servizo de limpeza nas instalacións de uso municipal; e a aprobación do convenio de colaboración e encomenda de xestión para a xestión compartida do Servizo de Atención Temperá co Concello de Teo 2026-2028. Ademais tratarase unha moción, presentada polo grupo municipal do Partido Popular, para impulsar medidas de ordenación, integración paisaxística e minimización do impacto visual das infraestruturas técnicas e de telecomunicacións. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Mércores, 15 de xullo de 2026
O Pleno aproba solicitar unha subvención nominativa de 2 millóns de euros para sufragar a construción do mercado municipal de abastos

Esta mañá celebrouse un pleno extraordinario e urxente no que se aprobou a solicitude dunha subvención nominativa, a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ames, para a construción do mercado municipal de abastos. Este proxecto enmárcase dentro do plan Conecta Ames, incluído dentro da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos plans EDIL, no marco do desenvolvemento urbano sostible, con cargo ao FEDER para o período 2021-2027. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Martes, 14 de xullo de 2026
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este mércores, 15 de xullo, celebrarase un pleno extraordinario e urxente no que se abordará a solicitude dunha subvención nominativa, a través dun convenio de colaboración entre a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, a Deputación Provincial da Coruña e o Concello de Ames, para a construción do mercado municipal de abastos. Este proxecto enmárcase dentro do plan Conecta Ames, incluído dentro da convocatoria para a asignación de senda financeira do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional aos plans EDIL, no marco do desenvolvemento urbano sostible, con cargo ao FEDER para o período 2021-2027. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 26 de xuño de 2026
Apróbase por unanimidade o Plan Municipal de Emerxencias ante situacións de seca

A Corporación municipal aprobou por unanimidade o Plan Municipal de Emerxencia ante situacións de seca; a aprobación inicial da ordenanza reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas; e a aprobación do proxecto de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras. Ademais, aprobouse de xeito inicial a modificación da ordenanza reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; e dúas mocións presentadas polos grupos políticos municipais do Partido Popular e BNG. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Mércores, 24 de xuño de 2026
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, 25 de xuño, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de xuño. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a  aprobación do Plan Municipal de Emerxencia ante situacións de seca; a aprobación inicial da ordenanza reguladora do estacionamento e pernoita de autocaravanas, vehículos tipo camper e caravanas; a aprobación inicial da modificación da ordenanza reguladora da taxa por prestación do servizo de recollida, transporte e tratamento de residuos; e a aprobación do proxecto de mellora dos viarios de acceso a Firmistáns, Gasamáns e Pedras. Ademais trataranse dúas mocións presentadas polos grupos políticos municipais do Partido Popular e BNG. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 29 de maio de 2026
O Pleno aproba por unanimidade un novo convenio para dar continuidade ao servizo de autobús de interese municipal

A Corporación municipal aprobou a concesión da medalla do Concello de Ames de 2026 ao grupo musical Maianas; a desafectación do camiño Igrexa-Covas; a adhesión á rede española de capitais da cultura; a aprobación inicial da modificación da ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria; a aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade; e o convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Ames para a continuidade do servizo de autobús de interese municipal (SIMU). Durante o transcurso do pleno as traballadoras do SAF realizaron unha concentración na praza do Concello. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Mércores, 27 de maio de 2026
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, 28 de maio, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de maio. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a concesión da medalla do Concello de Ames de 2026 ao grupo musical Maianas; a desafectación do camiño Igrexa-Covas; a adhesión á rede española de capitais da cultura; a aprobación inicial da modificación da ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade viaria; a aprobación inicial da modificación da ordenanza municipal reguladora das tarxetas de estacionamento e accesibilidade; e sobre o convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e o Concello de Ames para a implantación dun servizo de interese municipal (SIMU). O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.

Venres, 01 de maio de 2026
O Pleno aproba de xeito inicial a ordenanza reguladora do servizo de taxis do Concello de Ames

A Corporación municipal aprobou de xeito inicial a ordenanza do servizo de taxi; o mantemento de tarifas aplicables aos servizos urbanos de taxis; a devolución da garantía definitiva mediante póliza de seguro de caución do servizo público do ciclo integral da auga; a subsanación de deficiencias do proxecto para a mellora e acondicionamento do parque de Pardiñeiros (O Milladoiro); a adhesión ao convenio para o desenvolvemento da rede de Concellos contra o acoso escolar; a modificación do regulamento do programa Xantar na Casa; e unha proposta de anulación de modificacións sobre o orzamento prorrogado, debido á entrada en vigor esta semana do orzamento municipal de 2026. Ademais, aprobáronse tres mocións presentadas polos grupos municipais do Partido Popular e do PSdeG-PSOE e quedou rexeitada unha moción do BNG. Premendo nesta ligazón podes ver a gravación do pleno.

Mércores, 29 de abril de 2026
Imaxe de arquivo do salón de plenos

Este xoves, 30 de abril, celebrarase o pleno ordinario correspondente ao mes de abril. Na sesión plenaria, a Corporación municipal debaterá sobre a aprobación inicial da ordenanza do servizo de taxi; o mantemento de tarifas aplicables aos servizos urbanos de taxis; a aprobación da devolución da garantía definitiva mediante póliza de seguro de caución do servizo público do ciclo integral da auga; a subsanación de deficiencias do proxecto para a mellora e acondicionamento do parque de Pardiñeiros (O Milladoiro); adhesión ao convenio para o desenvolvemento da rede de Concellos contra o acoso escolar; e a aprobación inicial da modificación do regulamento do programa Xantar na Casa. Ademais, abordaranse catro mocións presentadas polos grupos municipais do Partido Popular, BNG e PSdeG-PSOE. O pleno será emitido en directo a través da canle de YouTube do Concello de Ames.