O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos, co fin de que a veciñanza poida coñecer a actividade municipal e a súa actualidade. Unha delas é a canle de Telegram @concellodeames, que permite recibir notificacións das últimas novidades do Concello en dispositivos móbiles e ordenadores. Os envíos de avisos tamén se realizan a través das redes sociais e de boletíns electrónicos, aos que están subscritos 1.140 persoas. Os perfís sociais institucionais tamén continúan crecendo, con máis de 9.300 seguidores en Facebook, de 3.700 en Instagram e de 2.200 en Twitter. Toda a actualidade e a axenda de Ames publícase a diario na páxina web oficial www.concellodeames.gal, que recolle unha lista con todos os medios de comunicación municipais.