Pestanas principais

Convocatoria de proxectos de programas de radio cidadá de Ames Radio

Presencial
luns, 8 Xullo, 2019 a venres, 2 Agosto, 2019
Tramite activo: 
Pechado

PARA QUE (FINALIDADE)
Abrir a emisora á cidadanía e fomentar que persoas voluntarias colaboren con Ames Radio, polos seus coñecementos e interese sobre a radio ou sobre determinados temas, para conseguir unha meirande diversidade e variedade de temas na programación da emisora.

QUEN PODE FACELO
Calquera persoa, asociación ou entidade de Ames maior de 18 anos e persoas maiores de 16 anos sempre baixo a responsabilidade dalgún dos seus proxenitores ou titor/a. Tamén persoas, asociacións ou entidades non residentes no municipio cando resulten de interese para o Concello.

COMO SE FAI
Unha vez que saen publicadas as bases da convocatoria, a presentación dos proxectos realizarase a través dos rexistros do Concello en Bertamiráns ou no Milladoiro.

CANDO
Convocatoria anual

ONDE
Presencialmente: No Rexistro municipal do Concello en Bertamiráns ou no Milladoiro

DOCUMENTACIÓN
ANEXO 1: Modelo solicitude proxectos de radio cidadá en Ames Radio

PREZO
De balde

DEPARTAMENTO TÉCNICO RESPONSABLE
Departamento de Comunicación

CONCELLERÍA RESPONSABLE
Concellería de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación

NORMATIVA APLICABLE
Regulamento de organización e funcionamento da Emisora Municipal de frecuencia modulada “Ames Radio” do Concello de Ames

Ordenanza de publicidade en Ames Radio