Actualidade

Ex., 26-06-2026
Ex., 26-06-2026
Venres, 17 de outubro de 2025
Ames Radio abre a tempada 2025-2026 de Radio Cidadá con récord de participación de programas

A radio municipal de Ames, Ames Radio, comeza a emitir este vindeiro luns, 20 de outubro, os programas enmarcados no proxecto Radio Cidadá, unha iniciativa que busca convidar á veciñanza a crear os seus propios espazos radiofónicos. Este ano hai vinte programas que formarán parte da grella de Ames Radio ata mediados do próximo mes de xuño. Trátase do número de programas máis alto dende que comezou esta iniciativa en 2017. Trece deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero sete son de nova incorporación. As novas incorporacións desta nova convocatoria de programas de Radio Cidadá son Un café en Ames, Intensas, Frecuencia cativada, Conecta2, Alcohólicos Anónimos na súa comunidade, Turismo e ser e El arte de vivir con sentido. Consulta a programación de radio cidadá de Ames Radio para a temporada 2025-2026.

Martes, 02 de setembro de 2025
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá para a tempada 2025-2026

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 21 de setembro enviando o impreso de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá premendo nesta ligazón.

Sábado, 14 de xuño de 2025
Ames Radio saca os micrófonos á rúa para poñer en valor os programas da Radio Cidadá

A radio municipal de Ames, Ames Radio, pechou a temporada de Radio Cidadá cun programa especial que se emitiu este pasado venres, 13 de xuño, pola tarde, dende o Pazo da Peregrina. O programa estivo dirixido pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Participaron en directo os responsables de nove programas que contaron como foi a súa andaina radiofónica deste ano e de tempadas anteriores. Ademais, emitíronse tres audios gravados previamente polos responsables doutros tres programas que non puideron asistir en directo. Outros tres programas emitidos durante esta temporada non puideron participar neste programa especial. O programa comezou cunha entrevista ao alcalde e concelleiro de Comunicación, Blas García, e pechouse cunha actuación musical do artista, Mad Martin, acompañado de Nico.

Xoves, 12 de xuño de 2025
Ames Radio pecha a temporada de Radio Cidadá cun programa especial dende o Pazo da Peregrina

A radio municipal de Ames, Ames Radio, pecha a temporada de Radio Cidadá cun programa especial que se vai emitir este venres, 13 de xuño, ás 19.30 horas, dende o Pazo da Peregrina. O programa estará dirixido pola xornalista de Ames Radio, Belén Martínez. Participarán en directo os responsables de nove programas que contarán como foi a súa andaina radiofónica deste ano e de tempadas anteriores. Ademais, emitiranse tres audios gravados previamente polos responsables doutros tres programas que non poden asistir en directo. Outros tres programas emitidos durante esta temporada non poden participar neste programa especial. O programa comezará cunha entrevista ao alcalde e concelleiro de Comunicación, Blas García, e pecharase cunha actuación musical de Mad Martin.

Venres, 16 de maio de 2025
Pandeireteiras da Costaneira

O Concello de Ames súmase á conmemoración do Día das Letras Galegas 2025, que, como cada ano, se celebrará o 17 de maio, e que este ano homenaxea ás cantareiras, personificadas en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, de Mens, e Eva Castiñeira Santos, de Muxía. Dende o Concello de Ames compártese este recoñecemento público á lírica popular a través das Pandeireteiras da Costaneira e de Xela Jorge Meijide, pandeireteira, cantareira e mestra da sección de adultos das Escolas de pandeireta e baile tradicional de Bugallido.

Mércores, 19 de marzo de 2025
150 alumnos/as do CEIP da Maía coñecen o funcionamento de Ames Radio

Ames Radio abriu as súas portas durante as últimas semanas para que arredor de 150 alumnos/as do CEIP da Maía puidesen coñecer o funcionamento da radio municipal. As visitas realizáronse repartidas en seis grupos de arredor de 25 rapaces e rapazas cada un. Os alumnos/as de terceiro e cuarto de primaria estiveron acompañados por profesorado do centro. Esta iniciativa, que resultou moi enriquecedora para os/as nenos/as, está motivada porque no CEIP da Maía pretende crear a súa propia emisora de radio no centro.

Venres, 13 de decembro de 2024
Ames continúa sendo o Concello máis transparente de Galicia con 106 de 162 indicadores publicados

O portal de observación social de ética e transparencia pública Dyntra continua situando ao Concello de Ames como a institución municipal máis transparente de Galicia, e colócao no posto número 72 de España. O Concello conta con 106 indicadores publicados dos 162 que recolle Dyntra, alcanzando así unha porcentaxe do 65,43% no índice DAM (Dyntra Ayuntamientos y Municipios), que inclúe aos municipios de máis de 15.000 habitantes. O Concello de Ames mellora resultados respecto ao pasado mes de marzo pasando do 63,58% ao 65,43% no índice DAM. A avaliación recolle seis apartados, nos cales Ames obtén as seguintes puntuacións: 73,85% en transparencia municipal; 69,70% en participación e colaboración cidadá; 51,85% en transparencia económica-financeira; 50% en contratacións de servizos; 65% en urbanismo e obras públicas e 0% en Open Data.

Sábado, 19 de outubro de 2024
Teresa & Cia, programa dirixido por Teresa Abalde

A radio municipal de Ames, Ames Radio, comezou a emitir este pasado martes, 15 de outubro, os programas enmarcados no proxecto Radio Cidadá, unha iniciativa que busca convidar á veciñanza a crear os seus propios espazos radiofónicos. Este ano hai quince programas, que formarán parte da grella de Ames Radio ata mediados do próximo mes de xuño. Nove deles xa foron emitidos en edicións pasadas, pero seis son de nova incorporación. Nos diversos espazos abórdanse temas como a música, historia, protocolo, benestar físico e emocional, mundo dixital, saúde, natureza e integración. Ademais, hai programas sobre a prensa rosa, repaso da actualidade e da sociedade, de consultorio, volta ao pasado e sobre mulleres silenciadas ao longo da historia.

Martes, 10 de setembro de 2024
Ames Radio abre unha nova convocatoria de Radio Cidadá

Ames Radio pon un ano máis os seus micrófonos a disposición da cidadanía para a elaboración de programas de radio. Calquera persoa, asociación ou entidade pode presentar os seus proxectos desde hoxe e ata o día 30 de setembro enviando o impreso de solicitude ao correo electrónico radio@concellodeames.gal. Aceptaranse proxectos presentados por entidades, asociacións ou persoas non empadroadas no concello, sempre que as súas propostas resulten de interese para o municipio amesán ou estean protagonizadas por persoas residentes, nadas ou que traballen en Ames. Cada proxecto deberá ser presentado por unha persoa coordinadora que deberá ter un mínimo de 18 anos de idade. Pódense consultar todos os detalles nas bases que regulan a Radio Cidadá premendo nesta ligazón.

Luns, 11 de marzo de 2024
O Concello de Ames suma unha canle de WhatsApp as súas vías de comunicación

O Concello de Ames ten presenza nas principais redes sociais e conta con diversas canles de comunicación e sistemas de avisos co fin de que a veciñanza coñeza a actividade e a actualidade municipal. A partir deste martes, 12 de marzo, sumará ás súas vías de comunicación unha canle de WhatsApp. Este novo servizo vai permitir que todas as novas relacionadas coa institución, a axenda de ocio do concello ou os avisos relevantes de última hora se transmitan de forma instantánea ao teléfono móbil das persoas que así o desexen.