Pestanas principais

Convocatoria de programas de radio cidadá

O Concello de Ames, a través da concellaría de Comunicación, convoca de xeito anual unha convocatoria de programas de radio cidadá, para que a veciñanza que así o desexe podida presentar os propios proxectos de programas de radio, para realizar en Ames Radio.

  • Obxectivo principal: O obxectivo principal desta convocatoria é achegar a radio á veciñanza, de maneira que calquera persoa, asociación ou entidade do concello poida facer un programa de radio do seu interese. Ames Radio acreditará a participación de todas as persoas colaboradoras mediante un diploma.
  • Persoas destinatarias: Poderá presentar os seus proxectos calquera persoa, asociación ou entidade de Ames maior de 18 anos. Tamén poderán presentar proxectos persoas maiores de 16 anos sempre baixo a responsabilidade dalgún dos seus proxenitores ou titor/a.
    Así mesmo poderán presentar proxectos en Ames Radio outras persoas, asociacións ou entidades non residentes no municipio cando resulten de interese para o Concello de Ames ou estean protagonizados por persoas residentes ou nadas no municipio ou que traballen nel, así como por asociacións e colectivos do Concello.