Pestanas principais

Xornal municipal gratuíto 94kmª

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Comunicación, puxo en marcha en 2017 unha nova iniciativa no eido da información municipal. O departamento de prensa edita un xornal gratuíto denominado 94kmª. Trátase do xornal oficial do Concello de Ames, no que se abordan os temas de maior actualidade política e as actividades municipais nos 94 quilómetros cadrados do termo municipal. O novo xornal municipal dá conta á veciñanza de Ames do traballo municipal como preludio ás xuntanzas nas parroquias e núcleos urbanos.

  • Persoas destinatarias: A toda a poboación de Ames.