Pestanas principais

> Os Broken Peach en Bertamiráns

Martes, 28 decembro, 2021
ás 18:00 horas

A praza da Maía de Bertamiráns acolle esta tarde, ás 18:00 horas, o concerto de  Broken Peach.

O concerto enmárcase dentro do Programa Ameson que organiza a Concellaría de Promoción Económica coa intención de dar vida ás rúas de Ames no tempo de Nadal e, consecuentemente, promover as compras no comercio local.

O grupo vigués Broken Peach fai versións de grandes éxitos musicais. O seu éxito basease na boa calidade e empaste das súas voces que, acompañadas de baixo guitarra e batería, lembran en moitas ocasións o xénero góspel. Os seus vídeos son todo un fenómeno en las redes sociais. As versións de grandes éxitos acumulan millóns de reproducións nas redes sociais.