- Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención ao público:
- De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concellaría de Promoción Económica
Pestanas principais
Departamento de Promoción Económica e Emprego
Servizos e programas
Novas do departamento
Logo das restricións decretadas para a hostalaría, a consecuencia da nova normativa de loita contra a COVID-19, o Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, volveu poñer en marcha unha iniciativa de apoio ao sector hostalaría de Ames, que consiste na elaboración dunha listaxe na que aparecen todos os establecementos hostaleiros que ofrecen durante este período servizo de recollida no local ou reparto a domicilio. As cafeterías, bares e restaurantes que desexen aparecer nesta listaxe poden enviar un correo ao enderezo electrónico promocioneconomica@concellodeames.gal.
Tras os resultados acadados na edición do Programa Integrado de Emprego de Ames e Brión (2019-20) cunha porcentaxe de inserción laboral superior do 50% das persoas participantes, os dous concellos iniciaron no mes de xaneiro as actividades do novo programa e que rematará en novembro do 2021.
Todas as prazas cubertas e lista de garda, os obradoiros de Nadal, promovidos pola concellaría de Promoción Económica, reuniron a un total de 352 persoas. Por outra banda, o programa “Concilia co comercio no Nadal” cubriu 423 horas e propiciou, segundo os recibos de compra entregados, preto de 200 compras no comercio local. Nas actividades estiveron implicadas directamente seis empresas do Concello de Ames.
As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a terceira edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL. A primeira xornada realizouse o pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, no Milladoiro, mentres que a segunda xornada celebrouse este pasado venres, 13 de setembro, en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. Estímase que máis de 4.000 persoas participaron nestas xornadas. Nesta edición superouse amplamente a asistencia de 2023 que foi de 2.500 persoas.
O local da asociación Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) acolleu este pasado xoves, 5 de febreiro, o sorteo dos catro premios incluídos na sétima edición da campaña de promoción do comercio local “Ilumina o teu sorriso”. No certame participaron un total de 53 persoas, superando a participación de edicións anteriores. As persoas premiadas foron María Hernando, José Luis Noya e Belén Pita, que recibirán tres vales de 250, 150 e 100 euros, para gastar en comercios amesáns adheridos a XEA. Ademais, este ano súmase a novidade do Premio Especial XEA, dotado de de 300 euros para gastar en Recunchos, que foi para Vanesa Davó Ortuño.
A Concellaría de Promoción Económica, en colaboración coas Concellerías de Mocidade e Benestar Social, e coa Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), desenvolve por terceiro ano consecutivo as xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local de cara ao inicio do curso lectivo. A primeira xornada realizouse este pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, por onde pasaron máis de 600 persoas ao longo da tarde. A segunda xornada estaba prevista para este venres, 6 de setembro, en Bertamiráns, pero vaise adiar ao venres 13 de setembro, por mor da previsión meteorolóxica.
Este martes, 15 de marzo, é o último día para adquirir ou recargar as tarxetas bono Ames Progresa. Para facilitarlle á veciñanza a compra ou recarga destas tarxetas, mañá martes haberá unha carpa na praza da Maía, en Bertamiráns, e outra na rúa da Travesa, no Milladoiro, en horario de mañá de 11:00h a 13:30 horas, e de tarde, de 17:00h a 19:30 horas. As tarxetas poderán empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña.
Dende que abriu o prazo para solicitar as axudas o pasado 10 de novembro, o Concello recibiu máis de 300 solicitudes. Para dar resposta a esta alta demanda de axudas, vaise a reforzar o departamento de Promoción Económica, responsable da tramitación das axudas e subvencións de dito plan, para axilizar á súa concesión, xestión e seguimento e facilitar así a dinamización da actividade económica. Os fondos para ditas contratacións tamén foron previstos no Plan de reactivación e dotados e aprobados no suplemento de crédito do pasado mes. As microempresas e autónomos/as amesás que se viran prexudicados economicamente pola Covid19 poderán presentar a súa solicitude ata ás 14.00 horas do vindeiro 25 de novembro.
A USC traballa na definición dun marco estable de relación con todos aqueles concellos da súa contorna máis inmediata así como naqueles outros con importancia para a súa comunidade. Deste xeito, preténdese definir un marco xeral que permita regular a colaboración en ámbitos diversos dun xeito áxil. Este é o caso do Concello de Ames, no que vive unha parte significativa da comunidade universitaria e xunto ao cal, a USC acaba de trazar un protocolo xeral de actuación estruturado en tres eixos relativos á mobilidade; a transferencia, emprendemento, promoción económica e desenvolvemento local; así como a colaboración en actividades culturais e deportivas.
O alcalde de Ames, Blas García, acompañado de Juan Garastegui, secretario xeral de Clun, ademais de Carmen Rodríguez, presidenta de Mulleres de Seu, inauguraron hoxe no pazo da Peregrina de Bertamiráns o I Foro “O liderado das mulleres no rural galego”. A xornada, coincidiu coa conmemoración do Día Internacional da Muller no Rural e fundamentouse no obxectivo de difundir e por en valor a achega das mulleres no desenvolvemento rural de Galicia. Á clausura acudiu a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana Somoza. Tamén estiveron a concelleira de Promoción Económica de Ames, Ana Paz, a de Benestar Social e Igualdade Luísa Feijóo, e José Angel Blanco, presidente de Clun.
- ‹ anterior
- 32 de 66
- seguinte ›
Trámites do departamento
Eventos del departamento
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán no Centro Social do Milladoiro, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
O 26 de decembro algunhas das personaxes de Disney achegaranse a Ames para que os nenos e nenas poidan desfrutar con elas. Estarán na Casa dos Maiores de Bertamiráns, de 11:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas.
A zona verde da travesía do Porto, no Milladoiro, e o parque do Ameneiral, en Bertamiráns, acollerán durante a primeira semana de setembro, por cuarto ano consecutivo, as xornadas “Volta ao cole co comercio”, que organiza a Concellaría de Promoción Económica e colaboración con XEA e coa participación do departamento de Mocidade. Esta iniciativa traerá dúas tardes de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría nos dous principais núcleos de Ames.
A xornada de “Volta ao cole co comercio” do Milladoiro celebrarase finalmente este luns, 15 de setembro. Será a partir das 17.00 horas nas pistas deportivas do Milladoiro. A holi party incluída na programación da actividade realizarase no aparcamento da Casa da Cultura do Milladoiro, polo que estará prohibido estacionar no aparcadoiro desde as 14.00 ata as 22.00 horas do luns día 15.
O Concello de Ames reúne nun único cartel toda a programación de actividades que se van celebrar durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro en Ames. Deste xeito, ata finais de setembro vanse a realizar numerosas actividades como concertos, seráns ou festas.
O sábado, 15 de decembro, o Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolle unha xornada sobre a economía social. Trátase dunha xornada lúdica, educativa e concienciadora dirixida a todos os públicos e que inclúe unha mesa redonda, a proxección dun documental ou un mercado de inverno entre outros. Desenvolverase entre as 10:30 e as 20:00 horas. O obxectivo desta iniciativa é achegarlle á veciñanza o xeito de vivir asociado á economía social, baseado no traballo colaborativo.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organizou unha xuntanza para o vindeiro luns, 13 de outubro, co obxectivo de que o persoal das empresas amesás relacionadas coa hostalería e a restauración poidan coñecer o mercado de horta e artesanía e os produtos alimentarios e artesanais que nel se expoñen e venden todos os sábado na praza da Maía, en Bertamiráns. Dito encontro celebrarase ás 9.30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. As persoas que estean interesadas en acudir poden confirmar a súa asistencia enviando un correo electrónico ao enderezo promocioneconomica@concellodeames.gal.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Ames acollerá a vindeira semana as visitas dos personaxes do mundo Disney para saudar e pasar tempo cos nenos e nenas. O día 29 chegarán á Casa dos Maiores de Bertamiráns (praza da Maía) e o 30 pasarán polo antigo centro de saúde do Milladoiro (na rúa Agro do Medio, número 8). Esta actividade enmárcase dentro da programación de Nadal 2025, que comezou o pasado 4 de decembro e se desenvolverá ata o próximo 10 de xaneiro de 2026.
Por mor do anuncio de chuvias, "A praia dos afogados" proxectarase no salón de actos da Casa da Cultura do Milladoiro e non no anfiteatro como estaba previsto.
Baseada na novela do mesmo nome de Domingo Villar e dirixida por Gerardo Herrero, “A praia dos afogados” é un thriller ambientado nas Rías Baixas. Está protagonizado polo inspector Leo Caldas, un dos personaxes emblemáticos das obras do escritor galego. Conta coa participación dun bo número de actrices e actores galegos, entre os que se atopa o veciño de Ames, Pepo Suevos.
A actividade forma parte do programa “Visións”, pertencente á rede cultural da Deputación e está incluída no programa de fomento da Economía e a Cultura en Ames, AmesON. A proxección ´´e de balde até completar aforo.
- ‹ anterior
- 22 de 22




