Pestanas principais

Máis de 4.000 persoas participaron nas xornadas de “Volta ao cole co comercio”

Sábado, 14 de setembro de 2024

As Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade organizaron a terceira edición das xornadas “Volta ao cole co comercio”, unha iniciativa que ten como obxectivo dinamizar o comercio e a hostalaría local coincidindo co inicio do curso lectivo. Esta iniciativa contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL. A primeira xornada realizouse o pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, no Milladoiro, mentres que a segunda xornada celebrouse este pasado venres, 13 de setembro, en Bertamiráns, no parque do Ameneiral. Estímase que máis de 4.000 persoas participaron nestas xornadas. Nesta edición superouse amplamente a asistencia de 2023 que foi de 2.500 persoas.

O programa “Volta ao cole co comercio” xa se converteu nunha cita ineludible do mes de setembro coincidindo co inicio do curso escolar. Esta iniciativa dividiuse en dúas xornadas: unha no Milladoiro e outra en Bertamiráns. A primeira realizouse o pasado mércores, 4 de setembro, na área verde próxima á Travesía do Porto, no Milladoiro, por onde pasaron unha gran cantidade de persoas.

A segunda xornada celebrouse este pasado venres, 13 de setembro, en Bertamiráns, no parque do Ameneiral, na que se superou a asistencia de edicións anteriores. Deste xeito, estímase que máis de 4.000 persoas achegáronse ao Milladoiro e a Bertamiráns para desfrutar das actividades para nenos e nenas e para a rapazada. Ademais de moitos veciños e veciñas de Ames, houbo persoas de concellos limítrofes como Santiago, Teo, Brión e Negreira que participaron nestas xornadas.

A terceira edición de “Volta ao cole co comercio” estivo organizada polas Concellarías de Promoción Económica e de Educación e Mocidade. Ademais, o evento contou coa colaboración de Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) e co patrocinio da empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL. A través desta iniciativa ofreceuse unha tarde chea de actividades para amenizar os preparativos da volta aos centros de ensino, fomentando á vez o comercio e a hostalaría do Milladoiro.

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, sinala que “un ano máis, a proposta de Volta ao cole co comercio foi un éxito. Tanto no Milladoiro coma en Bertamiráns houbo unha gran participación de familias, o que indica que esta iniciativa está funcionando ben, co cal trataremos de darlle continuidade. Este programa serve para que os nenos e nenas se divirtan, pero tamén para aliviar o peso económico que supón para os pais e nais o comezo dun novo curso escolar e para dinamizar o noso comercio. Tratamos de facilitarlles as compras ás familias no comercio, con todos os vales que ofrecemos, en colaboración con XEA”.

A concelleira de Educación e Mocidade, Carmen Porto, afirma que “este é o segundo ano que o departamento de Mocidade se adhire á iniciativa de Volta ao cole co comercio, e a valoración é moi positiva. O inicio do curso escolar supón para as familias un gran desembolso económico, e deste xeito axudamos aos pais e nais, á vez que dinamizamos as rúas e ofrecemos unha alternativa de ocio para a xuventude”.

Nesta iniciativa colaboraron tanto comercios de Bertamiráns (librería Mainomen, librería Leria, Eva Hogar, papelería Chavián, papelería Carlín, xoguetería Recunchos Didácticos, Dipe Regalos e librería Bandini) como do Milladoiro (librería Nenos Nais, material de oficina Mouse, papelería Boo, papelería Anauco e xoguetería Piedra Papel Tijera).

Inchables, xogos e holi party
Os nenos e nenas de 3 anos en diante puideron saltar en diferentes inchables e participaron en distintos xogos do mundo, que estiveron dirixidos a todos os membros da familia. As actividades pecháronse cunha holi party, unha festa de pos de cores, na que participaron todos os rapaces e rapazas que acudiron a estas xornadas, e incluso, se sumaron mozos e mozas, así como pais e nais dos/as nenos/as.

Todas estas propostas lúdicas estiveron acompañadas do sorteo de vales de compra para diversas librerías e papelerías e vales do Concello, así como vales de compra cortesía da Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA). Os sorteos realizáronse ás 20.00 horas despois das holi party.

A empresa de telecomunicacións Evoa Redes SL contou cun stand, polo que pasaron numerosas persoas, para informarse dos servizos que ofrece esta compañía galega.

Máis de 4.000 persoas participaron nas xornadas de “Volta ao cole co comercio”

Multimedia

  • Máis de 4.000 persoas participaron nas xornadas de “Volta ao cole co comercio”