Pestanas principais

Mañá 15 de marzo é o último día para adquirir ou recargar as tarxetas bono Ames Progresa

Luns, 14 de marzo de 2022

Este martes, 15 de marzo, é o último día para adquirir ou recargar as tarxetas bono Ames Progresa. Para facilitarlle á veciñanza a compra ou recarga destas tarxetas, mañá martes haberá unha carpa na praza da Maía, en Bertamiráns, e outra na rúa da Travesa, no Milladoiro, en horario de mañá de 11:00h a 13:30 horas, e de tarde, de 17:00h a 19:30 horas. As tarxetas poderán empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña.

En total, uns 219 establecementos participan nesta edición da campaña, cun investimento do Concello de Ames de 80.000 euros. A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, explica que todos os establecementos que participan nesta campaña teñen unha pegatina no escaparate que os identifica. A pegatina conta cun código QR  que ao escanealo pódense consultar todos os locais adheridos á campaña de tarxetas bono Ames Progresa”. Ademais, Ana Belén Paz agradeceu ás asociacións “a súa colaboración un ano máis na recarga e venda das tarxetas bono”.

O prazo para adquirir ou recargar ditas tarxetas está a piques de rematar. Mañá martes, 15 de marzo, é o último día para adquirir ou recargar as tarxetas bono Ames Progresa. Deste xeito, para facilitarlle á veciñanza a compra ou recarga destas tarxetas, mañá martes haberá unha carpa na praza da Maía, en Bertamiráns, e outra na rúa da Travesa, no Milladoiro, en horario de mañá de 11:00h a 13:30 horas, e de tarde, de 17:00h a 19:30 horas. As tarxetas poderán empregarse ata o 30 de abril para facer compras nos 219 establecementos adheridos á campaña.

Cómpre lembrar que todas aquelas persoas que adquiriron unha tarxeta bono na edición de 2021 poden recargala polo seu valor (só se pode recargar unha tarxeta se se dispón das dúas), pero non poden adquirir unha nova na edición de 2022. Ademais destas recargas, emitiranse como máximo 500 tarxetas novas de 50 euros, dirixidas a persoas que se sumen por primeira vez á campaña.

O Concello de Ames destina 75.000 euros a estas tarxetas, ás que aporta o 40% do seu valor. Os 5.000 euros restantes serven para cubrir gastos de xestión das tarxetas, así como para a contratación de dúas persoas para apoiar na emisión e recarga dos bonos. O desenvolvemento desta iniciativa suporá un volume de negocio de 187.500 euros para os establecementos adheridos.

Horarios e lugares de retirada e recarga das tarxetas
Hoxe as tarxetas aínda poden retirarse de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 e 19:30 horas. En Bertamiráns, o local de venda é a sede de XEA, situada na rúa do Pedregal, número 4. Pola súa banda, no Milladoiro aténdese pola mañá no local da Asociación Empresarial Novo Milladoiro, na rúa Palmeira, número 19, mentres que pola tarde as tarxetas emítense no local de Palmira Bulebar, na rúa Viorneira, número 1.

Do valor total da tarxeta de 50 euros, a persoa beneficiaria aporta 30 euros e o Concello de Ames 20 euros, mentres que na de 100 euros, as beneficiarias achegan 60 e o Concello, 40 euros. É a parte aportada polas beneficiarias a que se gasta primeiro nas compras nos comercios e empresas amesás. Por esta razón, non se devolverá o importe dos bonos unha vez rematada a campaña. Os saldos das tarxetas poderán consultarse na páxina web www.damemisaldo.com.

Preme aquí para consultar a lista completa de establecementos adheridos á campaña de tarxetas bono Ames Progresa.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Habilitan carpas a horas de que acabe la venta de tarjetas bono descuento"

Imaxe da pegatina da campaña de tarxetas bono Ames Progresa

Multimedia

  • Foto dun dos establecementos adheridos á campaña
  • Foto do cartel da campaña de tarxetas bono Ames Progresa