Pestanas principais

Departamento de Educación

Novas do departamento

O Equipo de Dinamización Lingüística da Escola de Educación Infantil do Milladoiro vén de recibir o primeiro premio do programa de realización de curtametraxes “Nós tamén creamos!”, unha iniciativa posta en marcha pola Secretaría Xeral de Política Lingüistica e de Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, en colaboración coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia (CRTVG) e de OQO editora. Premendo nesta ligazón podes ver a curta presentada polo alumnado e o profesora de sexto curso da escola amesá, “Tonino: un pingüín en Ames”.

A escola infantil da Madalena, situada no Milladoiro, vén de celebrar o seu vixésimo aniversario cun concerto de Nadal. A escola infantil A Madalena é de titularidade municipal e está xestionada polo Concello. Este centro de ensino ofrece servizo a nenos e nenas que teñen unha idade comprendida entre os tres meses e os tres anos. A escola ten capacidade para 94 nenos e nenas e un cadro de persoal de 21 traballadoras: unha cociñeira, catro PSX, doce educadoras, tres mestras e unha directora.

As escolas infantís O Bosque e A Madalena celebraron o pasado venres, 17 de febreiro, as súas respectivas festas de Entroido. Na Escola Infantil Municipal do Bosque as temáticas dos disfraces foron distintos monstros, mentres que na Escola Infantil Municipal da Madalena se vestiron de pallasos e arlequíns. Ambos centros gozaron dun Entroido moi participativo coa presenza de numerosas familias, que tamén se animaron a acudir disfrazadas.

O Concello de Ames acolleu este mércores, 29 de abril, unha nova edición da Feira das Profesións. Unha iniciativa desenvolvida polos departamentos de orientación do IESP de Ames e o IES do Milladoiro co obxectivo de achegar ao alumnado e familias información de interese arredor de toda a oferta educativa dispoñible no país. Nesta edición, ata 46 stands encheron o pavillón municipal de Bertamiráns, que acolleu un total de 850 alumnos dos centros de secundaria do concello. 

O IES do Milladoiro puxo fin á segunda edición da Semana Intercultural cunha gala presentada polo alumnado de Artes Escénicas. Posteriormente, realizouse unha festa no anfiteatro do Milladoiro, onde actuou o grupo Mekanika Rolling Band. Como peche realizouse unha xantar solidario, aberto á comunidade educativa do centro, e que contou coa colaboración de Manel Oliveira, e de Gonzalo Bigmoe e Madrineta, de Flaco. Este xantar supuxo o peche festivo da Semana Intercultural, un proxecto que pon en valor a pluralidade como fonte de riqueza colectiva promove a narrativa positiva e integradora a nivel educativo e comunitario.

A Concellaría de Xuventude do Concello de Ames propón neste mes de setembro unha nova actividade enmarcada dentro do programa Trouleando que conxuga natureza, deporte e diversión: unha xornada no Galipark en Padrón. Será o sábado 28, e ofrecerase servizo de autobús dende Bertamiráns e O Milladoiro. Os mozos e mozas interesados en participar deben anotarse enviando a ficha de inscrición cuberta ao enderezo electrónico xuventude@concellodeames.gal entre os días 13 e 18 de setembro. As prazas son limitadas e asignaranse por orde de chegada dos correos.

O concelleiro de Educación e Axenda Urbana, David Santomil, entrevistouse esta semana con Clarisa Giamello, responsable de Relacións Institucionais, Estudios e Incidencia Política da ONG de cooperación internacional Educo, da que tamén é coordinadora en España. Neste momento Educo está a realizar un estudo sobre a situación do comedor escolar no ensino primario, escollendo o modelo de xestión dos comedores escolares de Ames como referente municipal. Na actualidade, 181 alumnos/as teñen acceso gratuíto ao comedor escolar municipal.

O expediente de contratación do servizo de monitores dos programas municipais de conciliación da vida laboral e familiar do Concello de Ames vai ao pleno deste xoves 2 de setembro para a súa aprobación. O orzamento base de licitación para a duración inicial do contrato ascende a 3.098.144 €.

Esta mañá a presidenta da asociación Slow Food Compostela, Leonor Lorenzo, entregoulle ao concelleiro de Educación e Axenda Urbana en funcións, David Santomil, as placas que acreditan que a Rede municipal de comedores escolares, que xestiona o Concello de Ames, pasa a formar parte da Rede de comedores escolares Km 0 de Galicia. Neste acto tamén participou a técnica  municipal do departamento de Educación, Rosa García. Dita rede acredita o consumo de produtos de proximidade e a sustentabilidade das cociñas escolares amesás. Slow Food é unha asociación ecogastronómica que promove unha “nova gastronomía” entendida como expresión da identidade e da cultura.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School. O persoal da Escola de música e do departamento de Educación, no que proximamente se vai implantar tamén este novo sistema de avisos, participou esta semana nunhas xornadas de formación desta aplicación TokApp.

Eventos del departamento

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.