Pestanas principais

A Rede municipal de comedores escolares enviaralle información ás familias usuarias a través da aplicación TokApp School

Sábado, 12 de outubro de 2019

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Educación, informa de que a partir do 15 de outubro enviáraselle información (avisos, notificacións, incidencias, etc.) ás familias usuarias da Rede municipal de comedores escolares a través da plataforma de comunicación TokApp School. O persoal da Escola de música e do departamento de Educación, no que proximamente se vai implantar tamén este novo sistema de avisos, participou esta semana nunhas xornadas de formación desta aplicación TokApp.

Co obxectivo de establecer unha comunicación de resposta inmediata, información precisa e eficaz e respectando a privacidade de cada usuario/a, a partir deste curso a Escola Municipal de Música de Ames e o servizo da Rede municipal de comedores escolares comenzarán a empregar a aplicación Tokapp para enviar toda a información relacionada coa escola a través desta plataforma de comunicación.

Para que todas as persoas matriculadas na Escola de Música e na Rede de comedores escolares teñan acceso a estas comunicacións, deberán descargar a aplicación gratuíta TokApp School nos seus teléfonos.

Para poder recibir dita información hai que entrar na tenda App Store ou Play Store do teu teléfono, buscar a aplicación de TokApp School e descargala. Trátase dunha aplicación gratuíta. Hai que abrir a aplicación, seleccionar o teu país e validar o teléfono ou o enderezo electrónico que facilitaches no centro escolar ao inicio do curso. Posteriormente, hai que escribir o nome de usuario/a e contrasinal que queiras utilizar e mover a icona da aplicación á pantalla principal do teu móbil. Para calquera dúbida ou consulta, podes contactar con Soporte Técnico de TokApp School (soporte@TokApp.com).

Nos vindeiros días colocaranse nas aulas da escola carteis coas instrucións a seguir para a descarga da aplicación e enviaranse aos correos electrónicos facilitados no momento da matrícula un aviso para que se faga a descarga. O persoal da Escola de Música e do departamento de Educación, no que proximamente se vai implantar tamén este novo sistema de avisos, participou esta semana nunhas xornadas de formación desta aplicación.

 

Novas relacionadas:

Compostela 24 horas: "O sistema dixital dos comedores escolares comezará a funcionar o vindeiro 15 de outubro"

Formación aplicación TokApp School

Multimedia

  • Formación aplicación TokApp School