Pestanas principais

A II Semana Intercultural do IES do Milladoiro remata coa gala e gran xantar solidario

Mércores, 13 de maio de 2026

O IES do Milladoiro puxo fin á segunda edición da Semana Intercultural cunha gala presentada polo alumnado de Artes Escénicas. Posteriormente, realizouse unha festa no anfiteatro do Milladoiro, onde actuou o grupo Mekanika Rolling Band. Como peche realizouse unha xantar solidario, aberto á comunidade educativa do centro, e que contou coa colaboración de Manel Oliveira, e de Gonzalo Bigmoe e Madrineta, de Flaco. Este xantar supuxo o peche festivo da Semana Intercultural, un proxecto que pon en valor a pluralidade como fonte de riqueza colectiva promove a narrativa positiva e integradora a nivel educativo e comunitario.

A segunda edición da Semana Intercultural finalizou cun gran xantar solidario no que se puideron degustar os petiscos interculturais. Deste xeito, toda a comunidade educativa puido desfrutar dun encontro festivo, que contou coa colaboración de Manel Oliveira, e de Gonzalo Bigmoe e Madrineta, de Flaco. Previamente, realizouse unha festa no anfiteatro do Milladoiro amenizada polo grupo nicrariense Mekanika Rolling Band, que puxo o peche a tres intensas xornadas de convivencia e diversidade.

Por parte do goberno municipal asistiron ao xantar a concelleira de Educación, Beatriz Martínez, o concelleiro de Obras e Servizos Básicos, Gustavo Nieto, a concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, e o concelleiro de Xestión do Medio Natural, Javier Antelo.

A concelleira de Educación, Beatriz Martínez, que tamén asistiu a II Gala Intercultural “Somos Diferentes, Somos Referentes”, destaca que “a Semana Intercultural do IES do Milladoiro é unha proposta colectiva que integra aprendizaxe, convivencia e creación compartida, consolidando o centro como un espazo aberto á diversidade”. Ademais, destacou da gala “actuación dun grupo de alumnos/as, que interpretou unha canción, ao tempo que recordaron o seu paso previo polo CEP de Ventín coa proxección de imaxes”. Tamén puxo o foco no testemuño dunha persoa migrante de orixe Senegalés, que contou a súa experiencia de como chegou a Galicia. 

O director do IES do Milladoiro, David Ponte, sinalou que o centro quixo seguir “na mesma liña que o ano pasado”, xa que queren “cambiar a narrativa arredor do instituto e dar unha visión positiva do que é o IES do Milladoiro e O Milladoiro en xeral”. O director tamén destacou a alta implicación de “alumnado, institucións, concello, terceiro sector e familias”, co obxectivo de manter unha iniciativa que “favorece ao sentimento de pertenza do centro, e de unión e respecto á diversidade e ás diferenzas interculturais que temos no IES do Milladoiro, que son moitas”. 
 
Xantar solidario
Este xantar foi unha mostra de convivencia e encontro a través da capacidade de unión da gastronomía. A comida enténdese como un elemento cultural que permite compartir identidades, tradicións e formas de vida diversas. Actividades deste tipo promoven a participación activa da comunidade educativa e a colaboración con profesionais da hostalería.

No evento de peche participaron cociñeiros e cociñeiras, e entidades de prestixio dentro do mundo gastronómico da contorna, como Gonzalo Bigmoe, Manel Castro, o Centro de Hostalería de Lamas de Abade ou Chicha Lovers, que achegou ao xantar produtos gastronómicos. Tamén houbo participación de cociñeiros e cociñeiras sorpresa. A recadación do xantar foi destinada a fins solidarios.

II Semana Intercultural
Durante tres días, o IES do Milladoiro ofreceu unha ampla programación cultural e educativa na que participaron artistas e profesionais como De Vacas, Xavi Lozano ou o grupo Mekanika Rolling Band, xunto con entidades como a ONCE e ACOUGO. Este programa incluíu actividades de teatro, música, artes visuais, danza, audiovisual, ciencia e gastronomía. 

No transcurso desta edición tamén se realizaron obradoiros de serigrafía e modelado en barro, roteiros, gymkanas orientadas ao fomento da convivencia e espazos de reflexión sobre a discapacidade vista desde dento ou as familias de acollida. Outro dos atractivos destes días foi o II Campus de Regueifa “RegueiNovxs – Regueifesta”, que reuniu no centro educativo a regueifeiros e regueifeiras de diferentes puntos de Galicia. 

Non obstante, o ramo a esta edición púxoo a II Gala Intercultural “Somos Diferentes, Somos Referentes”, presentada polo alumnado de Artes Escénicas. Este evento incluíu intervencións artísticas, proxeccións audiovisuais e un faladoiro intercultural, así como a entrega de recoñecementos a persoas referentes en diversidade, cultura e compromiso social.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "A comunidade do IES do Milladoiro pecha a Semana Intercultural cun xantar solidario"

Diario de Santiago: "A II Semana Intercultural do IES do Milladoiro remata coa gala e gran xantar solidario"

A II Semana Intercultural do IES do Milladoiro remata coa gala e gran xantar solidario

Multimedia

  • A II Semana Intercultural do IES do Milladoiro remata coa gala e gran xantar solidario