Pestanas principais

Departamento de Deportes

    • Enderezo: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención ao público:
      • De luns a venres, en horario das 9:00 ás 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concellaría de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure.
Outros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funcions:
    • Deseñar proxectos deportivos: escolas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar e xestionar programas deportivos e elaborar estratexias de funcionamento.
    • Incentivar a participación cidadá tanto nas actividades como na creación deportiva.
    • Asesorar e informar aos grupos e entidades deportivas do concello, así como ao público en xeral.
    • Colaborar nas programacións da Deputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuíto de carreiras populares...
    • Xestionar as subvencións correspondente á área de deportes, ben sexan as da Deputación ou as convocatorias propias do Concello de Ames de apoio ás asociacións deportivas e clubs.
    • Xestionar as instalacións deportivas municipais (pavillóns polideportivos, campos de fútbol e piscinas descubertas municipais).
  • Normativa:
  • Novas relacionadas
  • Axenda

Novas do departamento

Este pasado 14 de marzo, o Teatro Colón da Coruña acolleu a terceira edición da Gala do Deporte da Deputación da Coruña, uns galardóns que recoñecen e poñen en valor os logros e traxectoria profesional dos mellores deportistas, clubs e entidades deportivas da provincia neste último ano. Unha das deportistas galardoadas foi a karateka amesá Olivia Parga, á que se lle concedeu o Premio a mellor deportista promesa feminina de base, poñendo así en valor os seus logros acadados no último ano, destacando, por exemplo, o ouro na Liga Nacional de Karate Feminino.

O pasado sábado 21 de xuño a localidade de Soutomaior acolleu a Final da Liga Galega de Karate 2025, unha cita que reuniu aos mellores karatekas de toda Galicia. Finalmente, a amesá Olivia Parga obtivo o premio de Grand Winner desta temporada na súa categoría, poñendo así o peche final a unha gran temporada para a deportista do Milladoiro. 

Entre os días 4 e 7 de maio tivo lugar en Guadalajara o Campionato de España sénior de kickboxing 2023. No evento competiu a amesá Paula Blanco, que acudiu formando parte da selección galega. Blanco completou unha excelente actuación e fíxose co ouro, logrando así levantar o título de campioa de España por sétima ocasión. 

A finais do pasado mes de xullo, a boxeadora amesá Verónica Fernández participou no Campionato de España de boxeo elite. Fernández, que actualmente adestra no Club Antelo Team do Milladoiro, proclamouse campioa desta categoría tras derrotar na final á cántabra Paola Benavides. 

A karateka amesá, Olivia Parga, participou a terceira fin de semana de xaneiro na primeira fase da liga nacional cadete de karate. Olivia disputou tres combates chegando ata cuartos de final, despois de gañar os dous primeiros combates por 3-0 e 4-0 e perdendo o último por 3-0, e non tendo opción de repesca. Ademais, a deportista amesá volveu a ser incluída no programa GSKU (Grupo de Seguimento de Kumite) da Federación Galega de Karate que apoia ás/os mellores karatekas de Galicia na sua formación.

A Concellaría de Deportes e Promoción da Saúde, dentro do programa municipal de Andainas Saudables, organiza un percorrido pola segunda etapa do Camiño de Santiago dende o Barbanza, “A orixe”. A ruta realizarase o vindeiro sábado, 29 de abril. Os participantes camiñarán arredor de 15 quilómetros, partindo dende a praia do Vilar e chegando ata a praza Porta do Sol, en Ribeira. Os interesados en participar poden inscribirse cubrindo este formulario ata o mércores, día 26. Haberá servizo de autobuses con saída dende a praza do Concello, en Bertamiráns, ás 09:00 horas; e dende a Casa da Cultura do Milladoiro ás 9:15 horas. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, organiza para o sábado 3 de xaneiro a segunda edición da Gladiator Race Kids, que se vai desenvolver na área deportiva do Milladoiro a partir das 16.30 horas. Esta iniciativa púxose en marcha por primeira vez en 2024, con moi boa acollida entre a veciñanza, polo que volve a organizarse dentro da programación de Nadal de 2025. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 12 anos. Os menores poderán ir acompañados dun adulto. Haberá 250 prazas polo que é preciso inscribirse a través desta ligazón. A inscrición é gratuíta e inclúe a participación no evento, seguro e unha medalla por finalizar. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de xaneiro de 2026.

Este sábado, 28 de setembro, realizarase na área deportiva do Milladoiro unha nova edición do Día do Deporte e maila III Carreira e Andaina da Familia. Con motivo da conmemoración da Semana Europea do Deporte, que se celebra do 23 ao 29 de setembro, a Concellaría de Deportes preparou un programa específico de actividades para conmemorar esta data. Ao longo de todo o día impartiranse diferentes actividades deportivas entre as que destacan, ao ser novidade, o squash e o golf. Na Carreira e Andaina da Familia hai inscritos/as un total de 263 persoas. Toda a recadación de dita carreira irá destinada integramente a ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos/as Oncolóxicos de Galicia.

O curso 2025-2026 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar este sábado, 30 de maio, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames.

O curso 2024-2025 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar este sábado, 31 de maio, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames.

Eventos del departamento

Un ano máis, o departamento de Promoción da Saúde do Concello de Ames está a desenvolver o programa “Activa Ames Verán”, unha adaptación das actividades do Ames Saudable que ten lugar durante a época estival, con propostas para o coidado da saúde física e emocional. Dentro desta iniciativa teñen lugar as marchas nórdicas "Camiñando no solpor", con saída dende O Milladoiro os días 10 e 24 de agosto e dende Bertamiráns os días 17 e 31 de agosto. O horario é de 20:30 a 22:00 horas. 

A Escola de Baile Danzaya organiza unha masterclass de baile para todas as idades, que se celebrará o sábado, 16 de setembro, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, ás 18:00 horas. Haberá clases dirixidas, exhibicións e actividades de danza. Non é precisa inscrición previa. En caso de choiva, a iniciativa trasladarase ao pavillón de Bertamiráns. 

O domingo 12 de febreiro, celebrarase unha masterclass de zumba no pavillón municipal do Milladoiro, a partir das 12:00 horas. Trátase dunha actividade aberta e de balde, pensada para rapaces e rapazas de entre 4 e 16 anos e para as súas familias. Os interesados en participar deben inscribirse previamente (ata o venres 10, ás 14:00 horas) premendo nesta ligazón e seguindo os pasos que se indican.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, o Bertamiráns FC e maila asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS) colaboran co obxectivo de recadar fondos para o programa Vacacións en Paz 2023. Deste xeito, a contía recadada a través da venda de entradas para o partido Bertamiráns FC – SD Urdilde, que se disputará este domingo 20 de novembro, será doada a SOGAPS para sufragar o programa Vacacións en Paz. O custe das entradas será de 4 euros. Ademais, venderanse rifas e haberá un stand informativo de SOGAPS durante a xornada do domingo na área deportiva de Bertamiráns.

Co fin de homenaxear a Fernando Seoane, veciño de Tapia e segundo xogador con máis partidos disputados na Segunda División de fútbol, o Concello de Ames organiza un partido de homenaxe que se vai disputar este domingo 14 de agosto, ás 19:00 horas, entre o CD Lugo e unha selección de xogadores de Ames, no campo de fútbol de Bertamiráns.

Este domingo, 3 de setembro, o FC Meigas, recentemente ascendido a segunda división nacional de fútbol sala feminino, enfrontarase ao FSF Castro, de primeira división, na Copa Galicia as 19:00 horas no pavillón de Bertamiráns.

Un total de 10 clubs e 300 padexeiros e padexeiras van disputar este sábado, 5 de agosto, a regata provincial “Circuíto praia fluvial de Tapia”, organizada pola Deputación da Coruña, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e maila Federación Galega de Piragüismo. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, colabora na organización de dito evento. A proba, que ten un percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, comeza ás 16.00 horas e desenvolverase ata ás 20.00 horas aproximadamente. A saída e chegada estará instalada na praia fluvial de Tapia. Trátase da terceira das seis probas que conforman o II Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia.

Un total de 10 clubs e 350 persoas van disputar a Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia, organizada polo Concello de Ames, a través da Concellaría de Deportes, o club de piragüismo Ribeiras do Tambre e a Federación Galega de Piragüismo. O evento, que conta cun percorrido de 1.500 metros polo río Tambre, terá lugar o sábado 6 na praia fluvial de Tapia, a partir das 16:00 horas. Trátase da quinta das seis probas que conforman o I Circuíto de piragüismo Deputación da Coruña, no que compiten as categorías bases dos clubs da provincia. Premendo nesta ligazón pódense consultar os datos e os horarios da Regata Provincial – Circuíto praia fluvial de Tapia.

O concello de Ames volve acoller este domingo, 12 de marzo, a segunda proba do circuíto de ciclismo de montaña Transgalaica 2023. Será a sétima ocasión na que o concello celebre este evento deportivo, unha das máis importantes do ciclismo no noroeste español. Esta proba está organizada polo club ciclista amesán Os Esfola Arrós e a empresa Team Relay, e conta coa colaboración do Concello de Ames. A saída realizarase dende o Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9:30 horas, onde comezará un circuíto de 33 quilómetros que haberá que percorrer dúas veces. As inscricións están abertas ata este mércores 8 de marzo, ás 23:59 horas. A inscrición pódese facer premendo nesta ligazón ou accedendo á web magmasports.es.

A Deputación da Coruña organiza oito edicións ao longo da provincia dunha actividade na que as mulleres dos 14 aos 70 anos poderán aprender técnicas e estratexias para defenderse ante posibles agresións. Ames acollerá este curso intensivo de catro horas o sábado 26 de febreiro, entre as 10:00 e as 14:00 horas, no pavillón polideportivo municipal do Milladoiro. Para inscribirse de balde, cómpre entregar esta solicitude cuberta nos rexistros municipais ata o 30 de xaneiro.