Pestanas principais

A área deportiva do Milladoiro acolle este sábado, 30 de maio, a clausura das Escolas deportivas municipais

Mércores, 27 de maio de 2026

O curso 2025-2026 das escolas deportivas municipais chega ao seu fin. Como cada ano, celebrarase un evento de clausura no que os rapaces e rapazas poderán amosar o aprendido ao longo destes meses nas actividades que participaron. O acto terá lugar este sábado, 30 de maio, a partir das 16:30 horas, na área deportiva do Milladoiro. Trátase dun evento familiar e festivo, que estará aberto a todas as persoas que desexen asistir. A xornada está organizada polo departamento de Deportes do Concello de Ames.

Este ano, a festa de clausura das escolas deportivas volverá a celebrarse na área deportiva do Milladoiro. No pavillón deportivo haberá actividades en dúas zonas diferentes: na pista e na entrada do pavillón. Por outra banda, haberá exhibicións na pista exterior ou na pista cuberta do IES do Milladoiro.

As actividades comezarán ás 16:30 horas, na pista do pavillón, coa exhibición de baile moderno, que rematará ás 16:50. A esa mesma hora arrincarán os rapaces e rapazas de ximnasia rítmica, e a súa mostra finalizará arredor das 17:10 horas. A mostra de judo desenvolverase entre as 17:10 e as 17:30 horas.

Posteriormente, de 17.30 a 17.45 e de 17.45 a 18.00 haberá unha mostra por parte do alumnado de fútbol sala feminino e fútbol sala mixto do Milladoiro. As actividades na pista do pavillón rematarán cunha mostra de baloncesto de 18.00 a 19.00 horas.

Paralelamente, na entrada do pavillón do Milladoiro estaranse desenvolvendo diferentes partidas de xadrez, que darán comezo ás 16:50 horas e rematarán arredor das 17.45 horas. Para rematar, haberá tenis a partir das 17:30 horas e ata arredor das 19:00 horas. Será na pista exterior ou na pista cuberta do IES do Milladoiro, en función da meteoroloxía.

A área deportiva do Milladoiro acolle este sábado, 30 de maio, a clausura das Escolas deportivas municipais

Multimedia

  • A área deportiva do Milladoiro acolle este sábado, 30 de maio, a clausura das Escolas deportivas municipais