Pestanas principais

Departamento de Cultura

    • Enderezo: Casa da Cultura do Milladoiro. Travesia do Porto, s/n, O Milladoiro. 15895 Ames.
    • Teléfono:  662 37 74 44
    • Responsable municipal: Concellaría de Cultura
    • Responsable técnico: María José Vázquez Bermúdez, Técnica de Animación Sociocultural.
Outros Datos: 
  • Funciones:
    • Xestionar as actividades e eventos que desde o Departamento de Cultura se poñen en marcha, responsabilizándose do seu adecuado desenvolvemento.
    • Informar e asesorar aos grupos e entidades culturais do concello, así como ao público en xeral, valorar as demandas dos cidadás e incentivar a participación.
    • Xestionar os programas culturais que oferta a Deputación, Rede Cultural, Xunta de Galicia, AGADIC e Cultura no Camiño. Solicitude,desenvolvemento, xustificación.
    • Tramitar as axudas económicas correspondentes á área de cultura, tanto as que se solicitan desde o Concello, coma as que se convocan desde a Concellaría de Educación e Cultura de apoio as entidades culturais e comisións de festas.
    • Coordinar e xestionar as Escolas Culturais Municipais.

Novas do departamento

Ao longo do mes de marzo a Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) organizou catro obradoiros musicais, dirixidos a persoas de máis de oito anos e cunha oferta variada de xéneros e disciplinas. Os talleres incluíron propostas de batucada, música con obxectos, produción musical e teatro musical. En total participaron nas actividades máis de cincuenta persoas.

O alumnado de violín da Escola Municipal de Música participará este mércores, 10 de maio, ás 18.30 horas, nunha audición co obxectivo de compartir o que aprenderon ao longo deste curso. Interpretarán pezas de estilos musicais moi variados. Ademais aproveitase para lembrar que está aberto o prazo para que o alumnado da Escola Municipal de Música poida renovar a súa praza de cara ao vindeiro curso 2023-2024. A solicitude poderase realizar ata este xoves 11 de maio, a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nas Oficinas de asistencia en materia de rexistro, situadas na Casa do Concello (Bertamiráns) e na Oficina municipal do Milladoiro. Premendo nesta ligazón podes descargar o impreso de solicitude de renovación de praza.

A Escola Municipal de Música de Ames prepara para o mes de marzo catro obradoiros musicais, dirixidos a persoas de máis de oito anos, e cunha oferta variada de xéneros e disciplinas. Os talleres, pensados para grupos de ata vinte participantes, inclúen propostas de batucada, de música con obxectos, de produción musical e de teatro musical. Teñen un custe de 10 euros, e desenvolveranse todos os sábados do mes, de 11:00 a 13:00 horas, nas propias instalacións da EMMA, en Aldeanova. As persoas interesadas poden inscribirse dende hoxe, luns 13, ata o xoves 23 de febreiro. Para facelo cómpre enviar a ficha de inscrición ao enderezo electrónico escolademusica@concellodeames.gal.

A Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vén de presentar un novo encontro coas escolas de música de Brión, Negreira e O Grove. A xuntanza terá lugar o venres 28 de abril, ás 19:00 horas, no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro. Trátase da segunda edición deste encontro, que xa se celebrou o pasado ano e que acadou gran éxito entre a veciñanza amesá. No acto de presentación participaron a profesora de canto moderno e directora da EMMA, Pilar Martínez; o profesor de percusión e batería que dirixe os combos xuvenís e de adultos, Amaury Quintero; e a profesora de violín Aga Mainska.

Que é Galicia e quen somos como galegos? A referencia aos fundamentos que nos identifican non faltaron nos discursos cos que os grupos políticos que compoñen a Corporación municipal celebraron onte o día de Galicia en Ames. Tampouco faltaron a poesía e as referencias ao idioma e á situación difícil que estamos pasando a través da lembranza ás vítimas e ás familias afectadas pola COVID19. Pero a de onte foi fundamentalmente unha celebración tinxida de sentimento. A entrega da medalla do Concello a Maximino Viaño, congregou no pazo a familiares e amigos. Falou o alcalde, José Miñones, falaron as súas netas Lorena e Liliana,  falou o seu compañeiro no espazo da Radio Municipal “Memoria de Ames”, Xesús Carrera “Beiro” e a súa grande amiga, a escritora Filomena Fraga, con quen compartiu micro durante anos en Ames Radio. Foi unha tarde de emocións e de cariño. Ana Rivas e Cristian Leggiero puxeron a banda sonora con clásicos do repertorio galego e guiaron aos asistentes na interpretación do Himno Galego co que se pechou o acto.

O alumnado da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) vai realizar, un ano máis, unha serie de actuacións co galo do Entroido. Nesta ocasión, terán lugar dous recitais: o primeiro, que se celebrará o vindeiro mércores, 15 de febreiro, na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, contará coa participación dos rapaces e rapazas máis cativos da escola, que están dando os seus primeiros pasos no mundo da música. Doutra banda, o venres, día 17, ás 19:30, actuarán no mesmo lugar aqueles que xa contan cunha ampla bagaxe musical. En total, participarán arredor de 120 alumnos e alumnas.

Dende hoxe, luns 4, e ata o vindeiro 11 de setembro estará aberto o prazo de inscrición extraordinario da Escola Municipal de Música de Ames, a EMMA, de cara ao curso 2023-2024. A inscrición poderase realizar a través da Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben de xeito presencial nos rexistros municipais. As clases darán comezo o 15 de setembro.

A Aula 10 do Centro multifuncional de Aldea Nova acolleu este venres, 15 de novembro, o acto de celebración do vinte aniversario da Escola Municipal de Música de Ames. Durante o transcurso do acto presentouse a nova imaxe corporativa da EMMA, que foi deseñada pola deseñadora gráfica, Doli Folgar. Houbo diferentes actuacións a cargo do alumnado de linguaxe musical, agrupación de guitarras e Anxo Villanueva, grupos de violíns, frautas, piano, combo de voces e guitarras. Con motivo do vinte aniversario estase traballando nunha programación específica que se publicará proximamente.

Este venres, 21 de xuño, remata o curso lectivo 2018/19. En Ames esta despedida das aulas ven acompañada polo tradicional concerto de fin de curso do alumnado da Escola Municipal de Música de Ames, que este ano conta cun repertorio no que ten cabida un amplo abano de formatos e estilos. Esta actuación ten lugar a partir das 19.30 horas na Casa da Cultura de Bertamiráns, e está aberta a toda a veciñanza.

Este venres, 17 de xuño, remata o curso lectivo 2021/2022 na Escola Municipal de Música de Ames. Como soe ser tradicional, para pechar o curso realízase un concerto, pero este ano será no exterior da Casa da Cultura do Milladoiro. Participarán uns 130 alumnos/as en diferentes agrupacións onde poderán despregar todo o seu talento e demostrar así todo o aprendido durante o curso.  Escoitarase un repertorio musical moi variado, que inclúe pezas de estilo tradicional, clásico e moderno. Debido á celebración de dito concerto, queda prohibido estacionar no aparcadoiro da Casa da Cultura do Milladoiro, dende a media noite (ás 00.00h) do mércores 15 de xuño ata a media noite (ás 00.00h) do venres 17 de xuño.

Eventos del departamento

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acolle o 1 de xullo, ás 19:30 horas, o espectáculo de danza oriental e tribal Shukran, presentado por Nadia Rilo, que conta coa colaboración do Concello de Ames. A entrada é de balde. 

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Cultura e Tecnoloxías da Comunicación, organiza o evento tecnolóxico “Día da AMTIC”, que se desenvolverá o sábado 10 de decembro de 10:30 a 20:00 horas na Casa da Cultura do Milladoiro. Haberá actividades informáticas como talleres de administración electrónica, de impresión 3D ou do programa GIMP para todos os públicos, así como distintos espazos permanentes con torneos e obradoiros, e unha charla denominada “Adiccións e videoxogos. Como evitar que o meu fillo/a me arruíne”.

A Casa da Cultura do Milladoiro abre as súas instalacións para acoller a exposición de Samaín das cabazas elaboradas polos alumnos e alumnas do CEP de Ventín, para que os visitantes coñezan o seu traballo e desfruten coas súas creacións. Exporanse no primeiro andar dende o 28 ata o 31 de outubro.

A Casa da Cultura de Bertamiráns acolle do 2 ao 12 de xuño a exposición fotográfica “Pinceladas”, do veciño de Ames José Luis Gigirey. A mostra inclúe unha serie de fotografías de natureza, coas que o autor busca reivindicar a beleza do cotiá e valores como a paciencia, a dedicación e a experiencia para obter instantáneas que marquen.

O alumnado de sexto curso de educación primaria do CEIP de Barouta organiza unha festa do Magosto para este venres, 11 de novembro, co obxectivo de recadar fondos para a excursión de fin de curso. Comezará a partir das 17.00 horas e se chove haberá carpa. Celebrarase no campo da festa do San Amaro de Barouta, e, ademais de comer castañas, as persoas que asistan poderán participar en diferentes obradoiros e xogos populares. A música correrá a cargo do grupo As Maianas, que ofrecerá un concerto. Organizan o CEIP de Barouta, a ANPA San Mauro e mailo Concello de Ames.

A festa do Magosto volve ao Milladoiro. Será este venres, 11 de novembro, da man do grupo de familias do CEP de Ventín. A festa realizarase na praza de Manuel Murguía dende as 18.00 horas. Haberá DJ e combos musicais da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA). As persoas que acudan poderán degustar castañas, chourizos e doces e tamén haberá servizo de cantina. Ademais, farase o sorteo dunha Nintendo switch e doutros premios. Nesta actividade colabora a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA), o Concello de Ames e maila ANPA As Brañas.

A parroquia de Agrón pecha as súas festas o domingo 12 con festexos en honra a San Roque. Ás 13:00 horas celebrarase unha misa solemne, e posteriormente haberá sesión vermú a cargo do dúo Reflejos. Pola noite, a verbena será amenizada polo dúo Reflejos e pola disco móbil Premium. 

O sábado 28 e maio domingo 29 de maio celébranse as festas de Biduído. Haberá sesión vermú e verbena. O Concello de de Ames, a través da Concellaría de Cultura, colabora coas asociacións veciñas e comisións de festas na organización das festas patronais das parroquias a través do programa “Música nas parroquias”. Neste caso colabora sufragando a actuación do grupo de gaitas Os Castros.

A parroquia de Bugallido celebra a fin de semana do 13 e 14 de maio as festas de San Isidro. A celebración comezará arredor das 12:30 horas do sábado, cunha concentración de motos no campo da festa. Ao longo de toda a xornada haberá tamén oito actuacións musicais. O domingo celebrarase a misa solemne e a procesión, e haberá tamén sesión vermouth e concertos musicais que se estenderán ata a última hora da tarde. As festas contarán con cantina con empanada e callos, polbeiro, unha exhibición de traxes tradicionais, animación infantil e diversos postos de artesanía

Dende o venres 30 de xuño ata o domingo 2 de xullo, a parroquia de San Pedro de Bugallido celebra as festividades do seu patrón. Ao longo das tres xornadas haberá misas e procesións, así como sesións vermú e verbenas. Tamén se inclúen na programación unha festa infantil e un partido de fútbol sala. Estas festas contan coa colaboración da Concellaría de Cultura do Concello de Ames, a través do programa “Música nas parroquias”.