Pestanas principais

> Exposición de cabazas na Casa da Cultura do Milladoiro

Venres, 28 outubro, 2022

A Casa da Cultura do Milladoiro abre as súas instalacións para acoller a exposición de Samaín das cabazas elaboradas polos alumnos e alumnas do CEP de Ventín, para que os visitantes coñezan o seu traballo e desfruten coas súas creacións. Exporanse no primeiro andar dende o 28 ata o 31 de outubro.