- Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
- Teléfono: 981 88 30 02


- Horario de atención al público:
- De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Responsable municipal: Concejalía de Promoción Económica
Solapas principales
Departamento de Promoción Económica y Empleo
Servicios y programas
Noticias del departamento
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, informa de que a Xunta de Galicia publicou unha liña de axudas para proxectos de investimento en actividades non agrícolas. As subvencións cubrirán un máximo do 45% do gasto realizado para adquirir maquinaria e equipamento en empresas existentes, ou ben para poñer en marcha novas actividades empresariais de carácter non agrícola en aldeas modelo. O prazo para solicitar as axudas está aberto dende hoxe ata o 25 de febreiro de 2022, cuxo trámite debe realizarse en liña a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).
Os Concellos de Ames e Brión poñen en marcha unha nova edición do programa integrado de emprego. Ata o día 29 de novembro está aberto o prazo para solicitar praza no programa integrado de emprego 2024-2025. Esta edición o programa está aberto a 100 persoas desempregadas que se formarán nos sectores do comercio, almacén, limpeza, administración e xestión, ocio e tempo libre, e turismo. Na actualidade estase desenvolvendo a edición 2023-2024, que rematará o vindeiro 12 de novembro de 2024. Ata o de agora están a traballar ou traballaron o 50% dos participantes, superando obxectivo de inserción inicial.
O prazo para solicitar un novo posto no novo mercado de horta e artesanía estará aberto ata o vindeiro 21 de agosto. Esta iniciativa comezará a funcionar a partir da terceira semana do mes de setembro e celebrarase todos os sábados pola mañá, en horario de 10.00 a 13.30 horas, na praza da Maía. O mercado conta con 13 postos de venda. Cómpre lembrar que o prazo de solicitudes estará aberto durante todo o ano por se, no caso de existencia dun posto libre, este poida ser cuberto por outro comerciante interesado. As solicitudes poden presentarse enviando o impreso de solicitude cuberto a través da Sede electrónica ou de forma presencial nas oficinas municipais de Bertamiráns e do Milladoiro.
Volven as decoracións de Nadal aos establecementos amesás, cun total de 3.400 euros en premios para as persoas empresarias e autónomas que participen na XIV edición do Concurso de Escaparates. As inscricións para o certame, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, están abertas ata o luns 20 de decembro ás 14:00 horas, presentando esta solicitude nos diferentes rexistros municipais ou na sede electrónica do Concello. O xurado valorará as montaxes pola súa capacidade de atracción, a orixinalidade, e a elaboración propia, así como o emprego de obxectos propios ou de materiais de refugallo.
O Concello de Ames, a través da concellaría de Promoción Económica, informa de que este venres 16 de xullo, comeza o prazo para que novos establecementos comerciais se adhiran á campaña de tarxetas bono “Reactiva Ames”. O prazo para inscribirse permanecerá aberto ata o 15 de agosto e, tan só, terán que inscribirse aqueles establecementos que non participaran na primeira parte da campaña. Está previsto que a segunda fase da campaña se desenvolva do 1 de setembro ao 31 de outubro. A clientela do comercio local poderá mercar dous tipos de bonos: un polo que se pagarán 30 euros e se obterán 50€ para gastar, e outro que custará 60 euros e terá un valor á hora de realizar as compras de 100€. A través desta iniciativa trátase de fomentar as compras no comercio local de Ames
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, desenvolve un ano máis a campaña dos Bonos Consuma, unha iniciativa para fomentar o consumo no comercio local. O prazo para descargar os bonos estará aberto desde mañá, venres 19 de decembro. Cada persoa maior de 18 anos poderá descargar un único bono con importe de 50 euros que poderá usar nos 109 establecementos adheridos á campaña deste ano. Para descargar os bonos hai que entrar no apartado de clientes da páxina web dos bonos consuma e introducir os datos persoais do beneficiario. Os bonos poderán gastarse do 19 de decembro ao 19 de febreiro de 2026, ou ata que se esgote o orzamento do programa. Este ano o orzamento da campaña é de 60.000 euros. No caso de que se esgote o orzamento do programa, os vales descargados deixarán de ter saldo, polo que non se poderán empregar. Pódese consultar as empresas adheridas á campaña na seguinte ligazón.
Tras o éxito acadado na edición actual do programa InserAmes Brión XI (período 2018-19), cunha porcentaxe de inserción laboral superior ao 60% das persoas participantes, os concellos de Ames e Brión porán en marcha un novo programa que comezará nas próximas semanas e que rematará en outubro do 2020. Para a décimo segunda edición do InserAmes Brión búscanse 100 persoas desempregadas, inscritas no servizo Público de Emprego de Galicia, residentes nos concellos de Ames e Brión e que pertenzan aos colectivos de menores de 30 anos e maiores de 45 anos.
O Concello de Ames abre o prazo para inscribirse no “AMES AV LAB”, un laboratorio pioneiro de aceleración de proxectos audiovisuais destinado a potenciar a produción audiovisual no municipio. A iniciativa, cofinanciada pola Deputación provincial da Coruña, representa un paso significativo cara adiante no desenvolvemento do sector audiovisual local. O período de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de abril. Premendo nesta ligazón podes obter as bases e mailo impreso de solicitude.
O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, ten aberto un proceso para reubicar o mercado de rúa de Bertamiráns na antiga zona onde se desenvolvía de forma habitual ata o pasado mes de marzo antes da declaración do Estado de Alarma pola Covid-19. Ata o 21 de outubro, os vendedores/as ambulantes puideron facer propostas en torno o emprazamento no que queren que se sitúe o mercado de rúa que se desenvolve os sábados pola tarde en Bertamiráns. Agora, dende hoxe e ata este mércores 28 de outubro poderán votar por algunhas das tres ubicacións propostas.
O Concello de Ames vén de presentar hoxe no Milladoiro o programa de Autocine que se vai a desenvolver o sábado 26 e mailo domingo 27 de decembro no aparcadoiro do SuperCor (rúa Agro do Medio), no Milladoiro. Esta iniciativa está incluída na programación “Un Nadal diferente”. Para poder acudir a ver algún dos seis filmes que se van proxectar é preciso reserva entrada a través desta páxina web. A entrada é gratuíta, pero no momento da reserva, haberá que axuntarun tícket de compra (en formato jpg ou pdf) dalgún establecemento de Ames, por un importe mínimo de 10,00 euros.
- ‹ anterior
- 10 de 55
- siguiente ›
Trámites del departamento
Eventos del departamento
Obradoiro destinado a un público adulto, que se desenvolverá na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas polo que se require inscrición enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 7 e 12 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro. A inscrición realizarase enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O obradoiro terá lugar na carpa da Praza de Chavián, en Bertamiráns. É unha actividade destinada a todos os públicos. Para inscribirse na actividade é necesario enviar un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible do 2 ao 18 de decembro.
O obradoiro de galletas para adultos celebrarase no local Dos Pasos, en Bertamiráns, de 17:00 a 19:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
Entre o 16 e o 22 de setembro, os diferentes espazos de traballo que integran a Rede Provincial de Coworking da Deputación da Coruña, acollerán o evento Rede Coworking Fest, unha semana dedicada a promover a innovación, a colaboración e a cultura emprendedora a través dunha ampla variedade de actividades culturais e formativas. No espazo colaborativo A Proa, situado no parque empresarial do Milladoiro, vanse organizar dúas actividades: un encontro de emprendemento feminino o mércores 18 de setembro; e un obradoiro de mentalidade e vendas o 19 de setembro. Preme nesta ligazón para consultar a programación completa e inscríbete nas actividades.
En Bertamiráns está destinado a un público adulto, e desenvolverse pola mañá na carpa da Praza de Chavián. Mentres que no Milladoiro está destinado a un público infantil de 5 a 12 anos e desenvolverase pola tarde na carpa da Praza de Manuel Murguía.
O obradoiro, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián de Bertamiráns pola mañá. Este está destinado a un público infantil, de 5 a 14 anos.
Mentres que pola tarde, o obradoiro desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía do Milladoiro, e está destinado a un público adulto.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Manuel Murguía no Milladoiro. As prazas son limitadas, polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal.
O obradoiro, destinado a nenos e nenas de entre 5 a 14 anos, desenvolverase na carpa da Praza de Chavián en Bertamiráns. As prazas son limitadas polo que é necesario inscribirse enviando un correo a promocioneconomica@concellodeames.gal, dispoñible ata o 18 de decembro.
O obradoiro de “Menú Noite Boa” celebrararase no local Retumban Risas, no Milladoiro, de 10:00 a 12:00 horas. Para asistir a estas actividades, débese inscribirse previamente cubrindo este impreso para que os adultos fagan a inscrición. Tamén se pode solicitar enviando un correo electrónico a promocioneconomica@concellodeames.gal.
- ‹ anterior
- 10 de 14
- siguiente ›




