Solapas principales

Departamento de Normalización Lingüística

    • Dirección: Pazo da Peregrina. Avenida de Azcárraga, nº 5, Bertamiráns. 15220 Ames.
    • Teléfono:  662 37 72 15
    • Horario de atención al público: de 9:00 - 14:00h.
    • Responsable municipal: Concejalía de Normalización Lingüística
    • Responsable técnica: Rosa Moreiras Cuñarro, técnica de normalización lingüística
    • Objetivo principal del servicio:
      • Incrementar el uso y el prestigio de la lengua gallega en todos los ámbitos municipales.

El Servicio de Normalización Lingüística del Ayuntamiento de Ames recibe una subvención anual para gastos de personal de la Diputación de A Coruña y otra de la Xunta de Galicia.

Otros Datos: 
  • Funciones:
    • Asesorar y colaborar con la planificación lingüística del Ayuntamiento de Ames
    • Promover actuaciones para aumentar el uso del gallego en el ámbito municipal, de acuerdo con la normativa vigente, y entre el vecindario
    • Contribuir a la formación lingüística del vecindario y del personal municipal
    • Mejorar la calidad lingüística y comunicativa del Ayuntamiento de Ames
    • Informar y asesorar sobre derechos lingüísticos del vecindario y deberes lingüísticos municipales
    • Asesorar sobre cuestiones lingüísticas al vecindario y al personal municipal

Noticias del departamento

A mocidade do Concello de Ames xa pode inscribirse no novo certame da Consellería de Mocidade e Normalización Lingüística. Trátase do “GaleTiktokers”,unha iniciativa coa que se pretende estimular a creatividade entre a mocidade, animar a creación de vídeos en galego con novos formatos e temáticas e darlle visibilidade á comunidade galega de tiktokers. Poderán participar toda a mocidade a partir de 14 anos, e os seus "Tiktoks" serán valorados por un xurado composto por persoas recoñecidas no ámbito audiovisual galego e nas redes sociais. Para inscribirse no certame deberase enviar ao correo electrónico galetiktokers@gmail.com a ficha de participación cuberta e asinada xunto co vídeo creado. O prazo de inscrición xa está aberto e rematará o vindeiro 30 de novembro de 2020. Os premios entregaranse nun acto público o 18 de decembro de 2020.

O programa Apego continúa o seu programa de actividades durante o mes de maio coa actividade “Foliada con Apego”, que se vai desenvolver no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, o venres 16 de maio, ás 18:00 horas. As persoas interesadas en anotarse poden facelo enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal desde hoxe e ata o 15 de maio, no que se indique o nome da actividade, nome e apelidos das persoas asistentes, idade dos nenos/as e un número de teléfono de contacto. A programación do Apego para o primeiro semestre do 2025 pode consultarse premendo nesta ligazón.

O programa Apego amesán arrinca o mes de novembro cunha foliada musical “terrorífica” para celebrar o Samaín cos máis cativos. O venres 3 de novembro festexaremos o outono cunha Foliada de Samaín, dinamizada por Pablo Díaz e Olga Kirk, que se vai a realizar no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns. Para participar é preciso inscribirse, dende hoxe ata o 2 de novembro, enviando un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas asistentes, un teléfono de contacto e a idade dos/as nenos/as.

Ao abeiro do programa Apego, a concellaría de Normalización Lingüística pon en marcha un verán máis as Brincadeiras Miúdas, dúas xornadas de xogos, baile e cantos  ao aire libre que se desenvolverán os días 1 de setembro no xardín do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, e o 2 de setembro no parque dos Piñeiros de Milladoiro. As brincadeiras estarán dinamizadas por Cé Orquestra Pantasma, un polifacético músico especializado en animación infantil, no fomento do xogo libre e en achegar as crianzas á natureza. A actividade diríxese a familias con nenos e nenas de 2 anos en diante. O prazo de inscrición comeza o 23 de agosto e alóngase até o 30 de agosto. Para garantir a seguridade será necesaria inscrición previa.

O programa do Apego segue a ofrecer unha ampla oferta de actividades para as crianzas amesás ao longo deste vindeiro mes de abril. Desta volta, co espectáculo do Mago Paco “A Maxia está nos contos”, que se desenvolverá o venres 11 de abril, ás 18.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves día 10. Non se admitirán inscricións fóra de prazo e as prazas asignaranse por orde de recepción de solicitude. Para participar, é preciso enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodesmes.gal no que se indique o nome e apelidos das persoas que queren asistir, idade das crianzas e un teléfono de contacto.

O Concello de Ames, a través dos departamentos de Normalización Lingüística e Turismo, abre o prazo de inscrición para participar na andaina polo Mar de Ovellas, incluída na programación de Rosalía 2024 e que terá lugar o domingo 25 de febreiro, das 10.00 ás 13.30 horas. As persoas que queiran participar na andaina teñen que escribir un correo electrónico ao enderezo normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos, teléfono de contacto e lugar onde prefiren subir ao autobús (O Milladoiro ou Bertamiráns). O prazo de inscrición estará aberto ata o 22 de febreiro. Trátase dunha ruta de dificultade media que parte de Augapesada e vai ata o local social de Trasmonte. O seu itinerario coincide co Camiño de Fisterra – Muxía. A andaina estará teatralizada polos Quinquilláns e contará co acompañamento musical de Luís O´Caruncho. A actividade rematará no local social de Trasmonte coa degustación do Caldo de Gloria que Rosalía recolle no poema Miña casiña meu lar.

O departamento de Normalización Lingüística de Ames, dentro do programa Apego, prepara para o mes de abril unha nova actividade. Trátase dunha excursión ao Ecomuseo do Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e a Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño. Será o sábado 27 de abril, e ofrecerase servizo de autobús con saída ás 9:30 e regreso ás 21:00 horas ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As inscricións para participar na actividade, que está dirixida ao público familiar, son de balde. Hai prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse. O prazo está aberto dende hoxe ata o vindeiro venres, 26 de abril, enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

O próximo venres, 30 de abril, terá lugar o  obradoiro “Canta, Buguina, canta!” na Casa da Cultura de Bertamiráns a partir das 18.00 horas. A actividade, dirixida por Marta Ortiz, combina teatro, contos, poesía e música. Para participar é imprescindible inscribirse, antes do 29 de abril, a través do enderezo de correo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, indicando o nome e apelidos das persoas participantes, a idade das crianzas e un teléfono de contacto.

Até o día 14 de abril está aberto o prazo para inscribirse na primeira excursión en familia que o programa Apego organiza no concello de Ames. Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño, é o destino desta saída que terá lugar o vindeiro sábado 17 de abril. Para inscribirse hai que enviar un correo a normalizacion@concellodeames.gal indicando nome e apelidos das persoas que queiran apuntarse, idade dos nenos/as e teléfono de contacto.

A concellaría de Normalización Lingüística convoca os Obradoiros de Acollemento Lingüístico “En galego co teu acento”, unha actividade dirixida ás persoas procedentes de fora de Galicia que viven no concello, aos migrantes e retornados e a calquera veciño ou veciña interesada en achegarse á lingua e á cultura galegas. O obradoiro desenvolverase entre o 14 de abril e o 21 de maio. As inscricións pódense facer de xeito presencial na oficina do Servizo de Normalización no Pazo da Peregrina e na oficina do SAMI que está situada nas Oficinas Municipais do Milladoiro. Tamén se recollen inscricións a través dos teléfonos 662 377 215 e 981 377 656. O prazo para inscribirse está aberto até 12 de abril.

Eventos del departamento

O venres 8 de marzo, ás 18:00 horas, Marta Ortiz levará á Casa da Cultura do Milladoiro o espectáculo "Coser e Cantar". Dentro do programa Apego estará connosco Marta Ortiz co seu espectáculo de contos e música: Coser e Cantar.

O luns 17 de novembro, ás 19.00 horas, o auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá a estrea de “Promover o galego dende o local”, un documental sobre programas de dinamización lingüística. A peza audiovisual, producida por Nós Televisión e financiada polo Concello de Ames, pon en valor as diversas iniciativas que se desenvolven en Ames para impulsar e promover o uso do galego a través de diferentes proxectos como o Galetiktokers, Modo Galego, actívao!, os Premios Lingua e Empresa ou o Certame Literario.

Despois de varios aprazamentos por mor da chuvia, o vindeiro 22 de xuño retómase a excursión ao Pazo de Arxeriz, no Cabo do Mundo, e a Carballolandia, un ecoparque situado no concello de Chantada, na Ribeira Sacra, á beira do río Miño. Ofrecerase servizo de autobús con saída ás 9:30 e regreso ás 21:00 horas ao Pazo da Peregrina de Bertamiráns. As inscricións para participar na actividade, que está dirixida ao público familiar, son de balde. Hai prazas limitadas, polo que é preciso inscribirse. O prazo está aberto ata o vindeiro xoves, 20 de xuño, e para anotarse só hai que enviar un correo ao enderezo electrónico normalizacion@concellodeames.gal, no que se indique nome e apelidos das persoas asistentes, teléfono de contacto e idade das crianzas.

O Concello de Ames presenta a programación infantil con Apego para o primeiro semestre do 2025 na que colaboran os departamentos de Bibliotecas, Cultura e Normalización Lingüística. O programa inclúe arredor de 40 actividades dirixidas a familias con crianzas que se desenvolverán entre os meses de xaneiro e xuño. Na ampla variedade de propostas, coas que tamén se festexará o ano das cantareiras, podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de diferentes estilos, obradoiros, teatro, contos, picadiscos, novo circo, unha foliada, fotografía, xogos, unha viaxe, maxia e unha festaza con moito Apego, todas elas co obxectivo de achegarlles ás familias recursos lúdicos e culturais que estimulen o coñecemento e o apego pola lingua.

O sábado 28 de setembro, o programa Apego propón unha excursión a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Dirixido a público familia, será unha aventura na que as familias visitarán o espazo de Carballolandia, o eco-museo do Pazo de Arxeriz e a contorna do río Miño para achegarse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. A saída está prevista para as 9:30 horas, e a volta para as 21:00 horas.

O Concello de Ames organiza, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, unha visita á Casa Museo de Rosalía de Castro en Padrón. A actividade, que se enmarca dentro da programación municipal polo Día de Rosalía, terá lugar este sábado, 15 de febreiro. Para participar é preciso reservar praza. As localizacións que se visitarán pertencen á chamada Ruta Rosaliana.

A Concellaría de Normalización Lingüística retoma a súa programación presencial cunha Tarde con Apego, na que Ruth Caramés, de Fabaloba, ás 17.30 horas, realizará unha sesión de Contos con Apego, na que contará os contos: Había unha vez un virus. Despois, a partir das 19.00 horas, Uxía Lambona e a Banda Molona ofrecerán un concerto para os máis pequenos. Ambas as dúas actividades serán no Pazo da Peregrina. Para participar haberá que enviar un correo electrónico a normalizacion@concellodeames.gal do 1 ao 8 de xullo. As familias interesadas en participar deben darse présa en apuntarse, xa que debido ás medidas de seguridade pola Covid-19 o aforo é reducido.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a segunda Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o sábado 19 de xuño. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina. Haberá teatro infantil, contos, concertos, xogos e moitas actividades máis. Ademais, varias librarías ofrecerán un 10% de desconto en materiais infantís en galego durante toda a xornada. O prazo de inscrición está aberto do 9 ao 16 de xuño. Deberase enviar un email ao correo normalizacion@concellodeames.gal coa folla de inscrición, indicando a actividade á que se quere asistir, nome e apelidos das persoas solicitantes, idade das crianzas e teléfono de contacto.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a primeira Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o venres, 11 de setembro, pola tarde e mais o sábado 12 durante todo o día. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá teatro infantil, contos, cantos de berce, concertos, unha foliada e moitas actividades máis. O prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que se organizan está aberto ata o mércores 9 de setembro.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, organiza a primeira Festa do Apego de Ames, que se desenvolverá o venres, 11 de setembro, pola tarde e mais o sábado 12 durante todo o día. As actividades desenvolveranse no Pazo da Peregrina e na Casa da Cultura de Bertamiráns. Haberá teatro infantil, contos, cantos de berce, concertos, unha foliada e moitas actividades máis. O prazo de inscrición para participar nas diferentes actividades que se organizan está aberto ata o mércores 9 de setembro.