Sábado, 28 septiembre, 2024
A partir das 9:30 horas
- Tipo
- Tematica
O sábado 28 de setembro, o programa Apego propón unha excursión a Carballolandia, na Ribeira Sacra. Dirixido a público familia, será unha aventura na que as familias visitarán o espazo de Carballolandia, o eco-museo do Pazo de Arxeriz e a contorna do río Miño para achegarse ao mundo das árbores, da contorna fluvial e dos seres mitolóxicos en espazos pensados para o divertimento, o lecer e a convivencia. A saída está prevista para as 9:30 horas, e a volta para as 21:00 horas.
É precisa inscrición previa, entre o 19 e o 26 de setembro, enviando un correo a normalizacion@concellodeames.gal. Cada familia deberá levar a súa comida e bebida para xantar e merendar no campo.