Solapas principales

Departamento de Educación

Noticias del departamento

O Concello de Ames, a través das Concellarías de Medio Ambiente e de Xuventude, abre un novo prazo de matrícula para o programa de campamentos municipais de verán 2024. Unha vez rematado o prazo de matriculación nos campamentos de infantil e primaria, ábrese un período de matrícula extraordinario entre o 11 e o 20 de xuño para ocupar aquelas prazas que quedaron vacantes. A documentación presentarase preferiblemente a través do rexistro telemático na Sede electrónica do Concello ou no rexistro de calquera administración pública adherida á plataforma de intercambio rexistral (SIR). Preme nesta ligazón para descargar o impreso de matrícula.

O Concello de Ames vén de aprobar, a través de decreto de Alcaldía, un prazo excepcional de inscrición para o servizo de conciliación da vida laboral e familiar, “Escola de Verán 2020”, para o mes de agosto. Dito prazo estará aberto dende o próximo mércores, 1 de xullo, ata o 10 de xullo de 2020, ámbolos dous días incluídos. Este prazo extraordinario ábrese para todos aqueles pais/nais que non fixeran a solicitude durante o prazo ordinario que foi do 1 ao 8 de xuño. A presentación de solicitudes poderá realizarse de xeito telemático a través da sede electrónica do Concello de Ames ou de xeito presencial nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e O Milladoiro, baixo cita previa. Ao pé desta nova podes obter o impreso de inscrición e mailo regulamento de funcionamento. 

Este sábado, 25 de outubro, realizouse unha visita á Cociña central da rede municipal de comedores escoleres na que participaron o alcalde de Ames, a concelleira de Educación, concelleiros do grupo de goberno e dos grupos políticos municipais do Partido Popular, e do BNG, así como representantes das ANPAS dos centos educativos CEIP A Maía, CEIP Agro do Muíño, CEIP de Barouta e da EEI Milladoiro. Tamén participaron as directoras da EEI Milladoiro e do CEIP Agro do Muíño. O obxectivo desta visita foi abrir as novas instalacións, que comezaron a funcionar o pasado 8 de setembro coincidindo co inicio do curso escolar, á comunidade educativa amesá e aos grupos políticos municipais, para que coñezan de primeira man o seu funcionamento.

O Concello de Ames pon en marcha o programa de conciliación Nadal Lúdico, dirixido aos nenos e e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e Educación Primaria que se encontren empadroados no Concello de Ames. Este programa, que terá lugar os días 23, 24, 26, 27, 30, 31 de decembro de 2019, e o 2, 3 e 7 de xaneiro de 2020, ten como finalidade ofertar unha alternativa que permita as nais e pais conciliar vida laboral e familiar, ocupando o tempo de lecer dos máis pequenos de maneira divertida e educativa.

Desde o 30 de decembro e até o 12 de xaneiro de 2021 está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Entroido Lúdico”  que se celebrará do 15 ao 17 de febreiro de 2021. A través deste programa, o Concello de Ames procura axudar ás familias a compatibilizar o traballo e a vida familiar, ofrecendo un espazo onde a rapazada realiza actividades lúdicas e educativas. O programa ten un horario de 7.30 á 16.00 horas e inclúe os servizos de Bos Días e comedor. Este ano, por mor da situación sanitaria derivada da COVID19, teranse en conta unha serie de medidas de prevención -redución de ratios, aumento dos labores de limpeza e definición das actividades que se poden realizar sen risco- que están recollidas nun decreto da alcaldía do 28 de decembro de 2020.

Dese o 4 até 18 de febreiro está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación da vida laboral e familiar “Primavera Lúdica” . O servizo desenvolverase desde o 29 de marzo até 5 de abril, coincidindo coas vacacións escolares de Semana Santa. O programa está dirixido ás familias empadroadas e residentes no concello de Ames, que teñan nenas e nenos escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil ou en Educación Primaria. Para inscribirse neste servizo, as familias deberán acreditar a súa necesidade de conciliación e estar ao día no pagamento dos servizos municipais ofertados. As inscricións pódense facer vía telemática a través da sede electrónica do Concello ou de calquera outro rexistro acreditado. Tamén se recollen nas oficinas de rexistro de Bertamiráns e de Milladoiro. Para esta opción hai que pedir cita previa a través da sede electrónica do concello. Podes descargar aquí a ficha de inscrición.

A Xunta de Goberno Local vén de aprobar a adxudicación do proxecto da central de lavado dos comedores escolares de Ames. As obras, parte do Plan Ames Progresa 2021-2023, foron adxudicadas á empresa Esqueiro SL por 147.437,09 euros, e inclúen a adecuación da antiga nave de obras en Bertamiráns para implantar esta central. Trátase da primeira fase dun proxecto que rematará coa centralización das cociñas dos comedores neste mesmo espazo.

A Xunta de Galicia vén de adxudicar por máis de 11,6 M€ as obras do novo colexio do Milladoiro, no concello de Ames. Este contrato, adxudicado á empresa Puentes y Calzadas Infraestructuras S.L.U, ten un prazo de execución de 18 meses. Trátase do primeiro centro construído integramente en base aos parámetros do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, dando resposta á necesidades de prazas nun dos concellos de maior dinamismo demográfico de Galicia.

Chegou o momento de descubrir os máis hábiles oradores dos centros educativos galegos. Será na gran final do Club de Debate Alingua 2026, competición que finaliza este sábado, 25 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames. Alí, entre as 10:20 e 14:00 horas durante a mañá, e entre as 15:45 e as 18:45 h, durante a tarde, irán pasando polo escenario da competición todos os equipos clasificados nas fases previas. O alumnado do IES do Milladoiro defenderá a opción en contra ás 12.25h contra o Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón); e a opción a favor ás 17.15 horas contra o IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba).

O salón de plenos da Casa do Concello, en Bertamiráns, acolleu o pasado xoves 17 de marzo ao alumnado de terceiro curso de educación primaria do CEIP A Maía, que se desprazou á casa consistorial para coñecer as súas funcións e como se desenvolven. Deste xeito, acompañada de parte do Goberno local, a rapazada descubriu que é e como funciona un pleno municipal, o labor dos concelleiros e concelleiras ou as competencias dunha administración local. Ademais, as rapazas e rapaces puideron trasladar as súas preguntas e dúbidas, así como facer varias suxestións para mellorar o concello.

Eventos del departamento

O Concello de Ames organiza o mércores 31 de agosto un acto na memoria dos once concelleiros da corporación municipal de Boimorto, detidos e asasinados pola represión franquista o 20 de agosto de 1936 nos Batáns. A homenaxe servirá ademais para informar sobre os traballos realizados na parroquia de Ortoño a comezos de agosto pola Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH), co fin de localizar os corpos de seis dos once represaliados durante a Guerra Civil. Será ás 18:00 horas, na carballeira de Ortoño, ao carón da igrexa parroquial. Trátase dun acto aberto a toda a veciñanza que desexe asistir.

O vindeiro xoves, 12 de xuño, o auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá, a partir das 18.00 horas, o espectáculo de teatro musical "Unha viaxe entre planetas" do alumnado de 6º de Educación Primaria do CEIP de Barouta. A peza teatral está baseada no libro "O Principiño" e no musical de F.J. Álvarez García. A entrada terá un custo de 5 euros e a recadación irá destinada para a viaxe de fin de curso do alumnado de 6º de EP do centro educativo e para a ONG Aldeas Infantís. 

A ANPA do CEP de Ventín organiza o 5 dedecembro na Casa da Cultura do Milladoiro, ás 18:30 horas, unha actividade formativa chamada "Para, Pensa, Conéctate contra a violencia de xénero". Nela falarase sobre o uso responsable das tecnoloxías para a prevención contra o ciberacoso e a violencia de xénero dixital.

A ANPA As Brañas e mailo CEP de Ventín organizan unha charla sobre a miopía que está dirixida ás familias. Será o venres, 3 de novembro, ás 17.00 horas, na Casa da Cultura do Milladoiro. Nesta actividade colaboran o Concello de Ames e maila Universidade de Santiago de Compostela.

O CEIP de Barouta, a Comisión de Familias de 6º de Educación Primaria e a AFA Barouta, organizan para o sábado, 24 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto a todo o público interesado, unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá charlas, xogos populares, obradoiros, inchables un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de Primaria.

O CEIP de Barouta e as familias de sexto de Educación Primaria organizan o sábado, 25 de maio, a celebración da Festa da Primavera. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 17:00 na praia fluvial de Tapia. Incluirá xogos populares, obradoiros, un concerto e unha tómbola. Todo o recadado irá destinado á excursión de fin de curso do alumnado de 6º de primaria.

Durante a xornada haberá diversos xogos populares para os cativos e cativas, unha tómbola con máis de 70 premios e, ao remate, un concerto a cargo de Pakolas.

O auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns acollerá mañá, 8 de marzo, a presentación do libro “Universo Inverso” ás 19:00 horas. Trátase dun libro de haikus que foi creado integramente polo alumnado de 6º de primaria do CEIP de Barouta, desde a redacción dos textos ás ilustracións. Durante o acto, presentado por Belén Xestal, 25 alumnas e alumnos recitarán algúns dos haikus que compoñen o libro acompañados de música en directo e de intérpretes en lingua de signos. Ademais, contarase coa actuación do grupo de danza GoPra Performance. Polo momento, o libro non estará dispoñible en librerías, pero poderá adquirirse durante a presentación ou chamando ao centro escolar para encargar algún exemplar.

O CEIP de Barouta organiza o venres 21 de xuño a celebración da Romaría de Fin de Curso 2024. Trátase dun evento aberto ao público. Será unha xornada lúdica que dará comezo ás 10:00 nas instalacións do centro educativo. Incluirá un roteiro, un xantar colaborativo, xogos, deportes e música, ademais da cerimonia de graduación do alumnado de 6º de Educación Primaria.