Actualidad

Por ejemplo, 01-11-2026
Por ejemplo, 01-11-2026
Domingo, 18 de octubre de 2026
Ames participará no seminario Educar e Participar para transformar o vindeiro xoves 22 de outubro, cunha xornada centrada no tecido asociativo galego

O Concello de Ames súmase ao Seminario Educar e Participar para transformar, que se vai a celebrar os días 20, 21 e 22 de outubro na Facultade de Ciencias da Educación e nos concellos de Vedra e Ames. Esta iniciativa da Universidade de Santiago de Compostela busca achegar ás persoas coñecementos, referencias e habilidades na acción comunitaria mediante a visibilización de experiencias de participación social no sector asociativo local de Galicia. A actividade en Ames terá lugar o vindeiro xoves, 22 de outubro, de 16.00 a 20.00 horas. A inscrición pode realizarse a través dun formulario premendo nesta ligazón.

Martes, 13 de octubre de 2026
Aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Nadal Lúdico 2026

Desde hoxe, martes día 13, e ata o vindeiro 27 de outubro de 2026, está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Nadal Lúdico, que se desenvolverá os días 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro, e os días 4, 5 e 7 de xaneiro de 2027. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).

Lunes, 05 de octubre de 2026
A Casa da Cultura do Milladoiro acolle a exposición «Mirar a través doutros ollos»

A Casa da Cultura do Milladoiro acolle este martes, 6 de outubro, ás 19.30 horas, a inauguración da exposición de fotografía «Mirar a través doutros ollos». A mostra recolle unha selección dos traballos fotográficos realizados polo alumnado de Expresión Artística de 4º da ESO do IES do Milladoiro durante o curso 2025-2026. As fotografías estarán expostas no primeiro andar da Casa da Cultura. Está organizada polo IES do Milaldoiro e colabora o Concello de Ames.

Viernes, 10 de julio de 2026
Ames expón o seu modelo na xornada "O futuro dos comedores escolares: alimentación, saúde e sostibilidade"

O alcalde de Ames, Blas García, participou hoxe na xornada "O futuro dos comedores escolares: alimentación, saúde e sostibilidade", que se realizou, en horario de mañá, na Sala Eisenman da Cidade da Cultura de Galicia, co patrocinio da Consellería do Mar. Esta iniciativa estivo organizada pola Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) e a Confederación ConsumES. O rexedor amesán participou xunto a Sandra Sánchez, representante de Ausolán, na mesa de “Xestores de alimentación. Modelos de prestación do servizo de comedores”. Esta mesa de debate estivo moderada por José Miñones, presidente de Mercasa.

Miércoles, 01 de julio de 2026
Aberto o prazo de inscrición no programa de conciliación Setembro Lúdico 2026

Desde hoxe, 1 de xullo, ata o vindeiro día 15, está aberto o prazo para inscribirse no programa de conciliación Setembro lúdico 2026, que este ano se desenvolverá os días 1, 2, 3, 4, 7 e 8 de setembro. Poderán participar aquelas familias empadroadas no concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil e educación primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).

Viernes, 08 de mayo de 2026
O IES do Milladoiro presenta o Mapa Interactivo da Regueifa e o II Campus de Regueifa

Este venres, 8 de maio, tivo lugar na Biblioteca do IES do Milladoiro unha rolda de prensa na que se presentaron dúas iniciativas innovadoras arredor da regueifa, impulsadas coa participación activa do alumnado do centro e a Deputación da Coruña. Ademais, foi presentada a segunda edición da Semana Intercultural que reunirá alumnado, artistas e entidades sociais do 11 ao 13 de maio nunha programación que celebra a diversidade como motor educativo e culminará cunha gala, un concerto de clausura e un xantar solidario aberto a toda a comunidade educativa.

Jueves, 30 de abril de 2026
Xa está aberto o prazo para inscribirse na Escola de Verán 2026

Dende hoxe, xoves 30 de abril, e ata o 15 de maio está aberto o prazo de inscrición para participar na Escola de Verán, unha oferta educativa e de ocio concibida para conciliar a vida laboral e familiar da veciñanza de Ames durante o período non lectivo dos meses de xullo e agosto. O servizo está dirixido aos nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de Educación Infantil e en Educación Primaria. O programa impartirase no CEIP da Maía, en Bertamiráns, e na EEI do Milladoiro e CEP de Ventín, no Milladoiro. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedores e Bos días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames ou nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns). As solicitudes presentadas fóra de prazo irán a unha listaxe de agarda.

Miércoles, 29 de abril de 2026
A Feira das Profesións reúne en Bertamiráns a toda a comunidade educativa galega

O Concello de Ames acolleu este mércores, 29 de abril, unha nova edición da Feira das Profesións. Unha iniciativa desenvolvida polos departamentos de orientación do IESP de Ames e o IES do Milladoiro co obxectivo de achegar ao alumnado e familias información de interese arredor de toda a oferta educativa dispoñible no país. Nesta edición, ata 46 stands encheron o pavillón municipal de Bertamiráns, que acolleu un total de 850 alumnos dos centros de secundaria do concello. 

Miércoles, 22 de abril de 2026
Alumnado de oito institutos participa este sábado, 25 de abril, en Bertamiráns na final do Club de Debate Alingua 2026

Chegou o momento de descubrir os máis hábiles oradores dos centros educativos galegos. Será na gran final do Club de Debate Alingua 2026, competición que finaliza este sábado, 25 de abril, na Casa da Cultura de Bertamiráns, no concello de Ames. Alí, entre as 10:20 e 14:00 horas durante a mañá, e entre as 15:45 e as 18:45 h, durante a tarde, irán pasando polo escenario da competición todos os equipos clasificados nas fases previas. O alumnado do IES do Milladoiro defenderá a opción en contra ás 12.25h contra o Grupo Nós – CPR Santiago Apóstol (Narón); e a opción a favor ás 17.15 horas contra o IES Terra de Xallas 2 (Santa Comba).

Lunes, 20 de abril de 2026
Aberto o prazo de inscrición para o programa de conciliación Xuño Lúdico 2026

Desde hoxe, 20 de abril, e ata o 4 de maio de 2026 está aberto o prazo para inscribirse no servizo de conciliación Xuño Lúdico, que este ano se desenvolverá do 22 ao 30 de xuño. Poderán participar aquelas familias empadroadas no Concello de Ames, con nenos e nenas escolarizados no segundo ciclo de educación infantil ou en primaria, e que teñan a necesidade de conciliar. O programa ten un horario de 7:30 a 16:00 horas, e inclúe os servizos de comedor e Bos Días. As persoas interesadas deben entregar a documentación necesaria na Sede electrónica do Concello de Ames, ou ben nas oficinas de asistencia en materia de rexistro do Concello de Ames (O Milladoiro e Bertamiráns).