Solapas principales

Departamento de Deportes

    • Dirección: Praza do Concello, nº 2, Bertamiráns.
    • Teléfono:  981 88 30 02 / 619 84 25 04
    • Horario de atención al público:
      • De lunes a viernes, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
    • Responsable municipal: Concejalía de Deportes
    • Responsable técnico: Alberto Viaño Moure
Otros Datos: 
  • Programación escolas deportivas 2023-2024
  • Funciones:
    • Diseñar proyectos deportivos: escuelas deportivas, eventos deportivos...
    • Planificar y gestionar programas deportivos y elaborar estrategias de funcionamiento.
    • Incentivar la participación ciudadana tanto en las actividades como en la creación deportiva.
    • Asesorar e informar a los grupos y entidades deportivas del ayuntamiento, así como al público en general.
    • Colaborar en las programaciones de la Diputación: Campaña de esqui, campamentos deportivos, circuito de carreras populares...
    • Gestionar las subvenciones correspondiente al área de deportes, bien sean las de la Diputación o las convocatorias propias del Ayuntamiento de Ames de apoyo a las asociaciones deportivas y clubes.
    • Gestionar las instalaciones deportivas municipales (pabellones polideportivos, campos de fútbol y piscinas descubiertas municipales).
  • Normativa:
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

Este pasado xoves, 18 de maio, os xogadores e mailo equipo técnico do Monbus Obradoiro desprazáronse ata O Milladoiro para realizar a sesión de adestramento no pavillón municipal desta localidade. A realización de dito adestramento no Milladoiro enmárcase dentro do acordo subscrito no pasado mes de agosto entre o Concello de Ames, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Obradoiro, para que o equipo filial, que compite na liga EBA, se denomine Obradoiro Ames e dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 19 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX “Alex de Moure”, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia.

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 4 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. 

O Motoclub Ameixenda, en colaboración co Concello de Ames e a Deputación da Coruña, organiza o vindeiro domingo, 9 de xuño, unha das probas de supercross da Galicia League. O Gran premio Concello de Ames é un evento deportivo a nivel autonómico, non oficial, non federado, de acordo coa actual normativa galega do deporte segundo a Lei 3/2012. Nesta proba que se desenvolverá no circuíto SX Alex de Moure, situado no lugar do Vilar na parroquia da Ameixenda, participarán os mellores pilotos de supercross de toda Galicia. Estímase que participen entre 60 e 70 pilotos.

O Obradoiro Ames, equipo filial do Monbus Obradoiro que compite na Liga EBA de baloncesto, arrinca este domingo 9 de outubro a súa primeira tempada en Ames, despois do acordo asinado entre o Concello, o Monbus Obradoiro e maila Fundación Heracles para que dispute os seus encontros como local no pavillón municipal do Milladoiro. Neste senso, o debut será na propia vila amesá, ás 17:30 horas, recibindo ao Calvo Basket Xiria. Ademais de poder asistir de balde ao partido, todos os encontros como local que xogue o Obradoiro Ames poderán seguirse en directo a través da canle de Youtube do Concello de Ames.

Gabriel Martínez Pachón, padexeiro do Club de piragüismo Ribeiras do Tambre, está participando no Campionato do Mundo de Sprint Júnior 2019, que se celebra do 1 ao 4 de agosto na localidade de Pitesti (Romanía). Gabriel Martínez participa neste campionato do Mundo na súa proba favorita, o K-1 200 metros. Este xoves, 1 de agosto, comezou a súa participación en dito campionato clasificándose para a proba de semifinais.

Gabriel Martínez Pachón, do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, desprazouse ata Sevilla para incorporarse á concentración, representando ao equipo Home Kayak Sprint, do Programa de Tecnificación Nacional. Do 24 ao 27 de xuño participará en Polonia no Campionato de Europa Jr e Sub23.

Este sábado, 22 de abril, celebrarase unha masterclass de baile no parque do Ameneiral en Bertamiráns, a partir das 17:00 horas. Trátase dunha actividade aberta e de balde, pensada para nenos e nenas de todas as idades e para as súas familias. Esta iniciativa, pensada dende o departamento de Deportes do Concello de Ames en colaboración con Danzaya, ten como obxectivo achegarlle á veciñanza a danza nas súas distintas modalidades e fomentar esta práctica deportiva. Para participar non é necesaria inscrición previa.

O club de Taekwondo TKDenodo organiza, coa colaboración do Concello de Ames e por delegación da Federación Galega de Taekwondo e a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o campionato provincial en idade escolar das modalidades técnica e freestyle de Taekwondo. O torneo terá lugar o sábado, 13 de abril, no polideportivo do Milladoiro a partir das 9.00 horas. Participan rapaces e rapazas de 6 a 16 anos do programa Xogade. Esta proba clasificará para o campionato galego, que terá lugar o vindeiro sábado, 27 de abril, en Vigo.

A Federación Galega de Montañismo ten previsto desenvolver o coloquio “Seguros de montaña: accidentes e responsabilidades” este xoves ás 20.00 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns. O encargado de levar a cabo esta charla será Alejandro López, que falará sobre dúbidas que xorden acerca da seguridade na montaña ou as coberturas dos seguros. A entrada é de balde ata completar aforo.

Eventos del departamento

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan este domingo, 20 de outubro a vixésima edición da carreira pedestre do Concello de Ames. Esta proba pertence ao VII Circuíto de carreiras populares da Deputación da Coruña. A saída e chegada de cada proba farase na rúa Alcalde Lorenzo de Bertamiráns, tal como  se veu realizando nas dúas últimas edicións, unha vez que se decidiu trasladar a proba desde o entorno do Pazo da Peregrina ao centro do núcleo urbano para así facer mais partícipe á veciñanza.

O Concello de Ames e a Federación Galega de Atletismo organizan o domingo 20 de outubro a XXIII Carreira Pedestre Popular Concello de Ames, unha proba que pertence ao X Circuíto provincial de carreiras populares da Deputación da Coruña. Contará cun circuíto urbano de 10 quilómetros homologado pola Real Federación Española de Atletismo, con saída e chegada en Bertamiráns, na rúa Alcalde Lorenzo, nas inmediacións da Casa do Concello. O percorrido estará debidamente sinalizado e haberá indicacións en cada quilómetro.

A edición deste ano do Rally Berberecho de Noia terá un treito que se disputará de forma íntegra por estradas do noso concello. Será en horario de tarde e haberá un reagrupamento, de 17:15 a 19:30 horas, na avenida José Luís Azcárraga, diante do Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, polo que pasarán todos os participantes. O tramo de Ames ten unha lonxitude de 11,2 quilómetros e discorre polas parroquias de Ames, Lens e Tapia. A saída do tramo estará instalada no lugar de Outeiro, mentres que a liña de meta será na estrada que vai dende a aldea de A Mámoa cara o lugar de Pedrouzos. Os pilotos farán unha dobre pasada polo tramo de Ames. A primeira pasada comezará ás 16.50 e a segunda ás 19.40 horas, sendo o último tramo do rally. O final do rally está previsto para as 20.20 horas. As estradas polas que discorre o treito de Ames estarán pechadas ao tráfico de 15.30 a 22.30 horas aproximadamente. Consulta o itinerario do tramo de Ames.

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro converterase o próximo luns, 22 de xullo, nun estudo de radio coa retransmisión do programa Convivir Deportivo, da Radio Galega. O programa que conduce Alfonso Pardo aterra en Ames e contará coa participación dun dos máximos expoñentes do deporte amesán, Borja Golán, dezaseis veces campión de España de squash e dúas veces campión de Europa. Convivir Deportivo comezará ás 20:00 horas, con entrada libre e de balde.