Solapas principales

O padexeiro do club Ribeiras do Tambre, Gabriel Martínez Pachón, participará no Programa de Tecnificación Nacional

Sábado, 19 de junio de 2021

Gabriel Martínez Pachón, do club de piragüismo Ribeiras do Tambre, desprazouse ata Sevilla para incorporarse á concentración, representando ao equipo Home Kayak Sprint, do Programa de Tecnificación Nacional. Do 24 ao 27 de xuño participará en Polonia no Campionato de Europa Jr e Sub23.

A Federación Española de Piragüismo desenvolve, nas instalacións do Centro de Ato Rendemento de Cartuja, en Sevilla, o Programa de Tecnificación Nacional.

Ata a cita, o pasado domingo 30 de maio, acudiu Gabriel Martínez Pachón, do club Ribeiras do Tambre. O padexeiro formará parte do equipo Home Kayak Sprinte e estará concentrado ata o Campionato de Europa Jr e Sub23 que se celebrará do 24 ao 27 de xuño en Poznan, Polonia.

No evento disputará a súa proba favorita, o K1 200 metros, na categoría Sub23.

Gabriel Martínez Pachón