Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A Concellaría de Benestar Social, a través da Oficina do Voluntariado de Ames (OVA), porá en marcha o próximo luns, 21 de outubro, unha nova actividade de deseño de interiores para principiantes. O curso impartiranse os luns, de 18:00 a 20:00 horas, na Casa da Cultura de Bertamiráns. Ofértanse 15 prazas e as inscricións pódense realizar de xeito presencial na OVA, ou a través do teléfono 662377044.

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.

A Organización Mundial da Saúde recoñeceu a labor, encabezada por España e Perú, na Cume sobre a Acción Climática 2019 das Nacións Unidas. Estes países conseguiron concienciar sobre as consecuencias de non garantir un aire limpo e seguro, xa que a contaminación de este cause ao ano 7 millóns de mortes. Ames é un dos 33 municipios de España involucrados na iniciativa “Aire Limpo”.

A Plataforma Feminista Galega de Ames organiza un club de lecturas feministas co que recupera parte da actividade que tiña antes da pandemia. Reunirase de xeito trimestral en lugares públicos. En cada sesión decidirase o libro da seguinte reunión. O primeiro encontro terá lugar o vindeiro mércores, 25 de outubro, en Bertamiráns. Para este primeiro encontro elixiuse a obra Todos deberíamos ser feministas, da autora nixeriana Chimamanda Ngozi.

Esta mañá o alcalde de Ames, Blas García, xunto á concelleira de Benestar Social, Uxía García, visitou a poeta de Ames, Filomena Fraga, que cumpriu 100 anos hoxe martes 19 de maio. Filomena é veciña de Agrón e autora da obra A Cancela, publicada por primeira vez en 1995 e reeditada polo Concello de Ames en 2006. Filomena Fraga foi a primeira muller e a segunda persoa en recibir no ano 2019 a medalla do Concello de Ames. Ademais, en 2018 foi homenaxeada polo Concello de Ames no acto de conmemoración do Día Internacional das Mulleres, por ser exemplo vivo e un referente na loita pola igualdade.

Este xoves, a partir das 17.00 horas, a Praza da Maía, en Bertamiráns, acollerá o evento benéfico ‘Piccolo Pizzaiolo’, organizado polo restaurante Sicilia in Bocca e no que colabora o Concello de Ames a través da Concellaría de Benestar Social. Ao longo de toda a tarde, haberá un taller dirixido para a rapazada de entre 5 e 10 anos, no que aprenderán a facer as súas propias pizzas, música en directo e degustacións, entre máis propostas. O evento é gratuíto e, quen o desexe, poderá depositar nunha caixa a doazón económica que considere. Todos o recadado neste evento, irá destinado á asociación ASANOG (Asociación de Cancro Infantil e Xuvenil de Galicia). 

A primeira edición de autocine que se organizou no concello de Ames, “Ames Drive Cinema”, foi todo un éxito. A atractiva programación, con ofertas para un público infantil e adulto, fixo que 531 vehículos, unhas 1.200 persoas, se achegaran ata o aparcadoiro da Telleira, en Bertamiráns, para ver os seis filmes proxectados. Esta actividade está enmarcada nas actividades Ames corta co machismo, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero en Ames, que se conmemora este mércores 25 de novembro.

Coincidindo co Día mundial da Saúde, que se celebra hoxe 7 de abril, a Concellaría de Promoción da Saúde presentou esta mañá no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, a programación do Mes da Saúde en Ames. Dita programación comezou este pasado luns, 4 de abril cunha exposición da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), que está exposta na Casa da Cultura do Milladoiro. Ademais, para hoxe hai programadas dúas andainas simultáneas dende Bertamiráns e O Milladoiro pola Senda Verde. O 11 de abril haberá unha charla do doutor, Ángel Carracedo, no Milladoiro. Do 19 ao 22 de abril haberá diversas actividades no interior do Pazo da Peregrina ou nos xardíns do Pazo impartidas por diferentes asociacións e polo propio Concello. A programación pecharase o sábado, 23 de abril, coa II Feira da Saúde e Ben-Estar de Ames e coa primeira xornada sobre saúde mental infanto-xuvenil de Ames, Coidados á mente.

As instalacións de Ames Radio, a radio municipal, recibiron esta mañá a visita dos usuarios e usuarias da asociación Arcea-Adames, que se achegaron para coñecer os estudos e participar no programa “Somos Ames” contando o seu día a día na asociación.

Os nenos e nenas de primaria da Escola de Verán recibiron, no CEIP da Maía e CEP de Ventín, o obradoiro organizado pola Consellaría de Mar co que se pretende promocionar o consumo de conservas de productos do mar. Tras coñecer sobre os peixes e os seus métodos de pesca, o alumnado foi agasallado cun bolso neveira e un bocadillo feito coas conservas.

Eventos del departamento

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores 7 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 22 de febreiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 16 de maio no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 9:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 2 de xuño no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario será de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 20 de xaneiro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario de mañá será de 09:30 a 14:30 horas, mentres que pola tarde será de 15:30 a 21:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 16 e o mércores 17 de agosto no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 16 estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas, mentres que o mércores 17 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 16 de abril no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O horario será de mañá, de 10:00 a 15:00 horas. Por mor da pandemia do coronavirus, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, cómpre solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 26 de setembro no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. Estará en horario de tarde, de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 5 e o mércores 6 de xullo no Milladoiro, na rúa Cruxa, no cruce coa avenida Rosalía de Castro. O martes 5 estará en horario de tarde, de 15:30 a 20:00 horas, mentres que o mércores 6 estará tanto en horario de mañá como de tarde, de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 20:00 horas. Na situación actual, ademais de traballar cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes, disponse dun teléfono gratuíto para solicitar autocita, o número 900 100 828.

O Delas fest complétase cunha ampla variedade de actividades que arrancan o martes 25 de abril, ás 16.30 horas, coa proxección, no auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro, do documental Museo a Ceo Aberto e o posterior coloquio coa súa directora, Marián Fernández, da cooperativa O Cable Inglés.