Solapas principales

A Oficina do Voluntariado organiza unha excursión para maiores á Fortaleza de Valença do Minho o vindeiro 1 de febreiro

Viernes, 13 de enero de 2023

A Oficina de Voluntariado de Ames (OVA), dependente da Concellaría de Benestar Social, está a organizar unha excursión á Fortaleza de Valença do Minho, en Portugal, que terá lugar o vindeiro mércores, 1 de febreiro. A actividade está dirixida a persoas maiores de 60 anos, e os interesados en inscribirse xa poden facelo, ata o 26 de xaneiro, chamando aos números 683 18 63 44 ou 662 37 70 44. O custo é de 25 euros e inclúe xantar e desprazamento.

A Oficina de Voluntariado organiza para o mércores 1 de febreiro unha saída á Fortaleza de Valença do Minho. Na actividade poden participar os veciños e veciñas maiores de 60 anos, que deben anotarse previamente, chamando aos números de teléfono 683 18 63 44 ou 662 37 70 44, de 10:00 a 13:00 horas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de xaneiro.

O custo da excursión é de 25 euros por persoa, e inclúe os gastos de desprazamento e o xantar. As prazas son ilimitadas. Para máis información pódese contactar coa Oficina de Voluntariado a través do enderezo de correo electrónico voluntariado@concellodeames.gal.

Fortaleza de Valença
A fortificación de Valença, que está situada na marxe esquerda do río Miño, na raia portuguesa con Galicia, remóntase ao século XII, cando se creou para a defensa da poboación e para realizar a travesía dun tramo do río.

Durante a Guerra da Restauración, gañou en dimensións e aspecto. Na actualidade, consta de 5 quilómetros de perímetro amurallado, e dende a fortificación pódese desfrutar das viñas agrícolas portuguesas, a Ponte Internacional ou a Catedral de Tui, ao outro lado de raia.

Novas relacionadas:

El Correo Gallego: "Excursión co Voluntariado a Valença"

AMS GO!: "A Oficina de Voluntariado de Ames organiza unha excursión á Fortaleza de Valença"

Cartel da excursión

Multimedia

  • A Oficina do Voluntariado organiza unha excursión para maiores á Fortaleza de Valença do Minho o vindeiro 1 de febreiro