Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

O Concello de Ames participa un ano máis no curso para a obtención do informe de esforzo de integración da Xunta de Galicia, un documento valorado positivamente á hora de renovar unha autorización de residencia temporal. A formación é de balde e realízase en liña do 14 ao 20 de marzo, sumando as 20 horas solicitadas pola comunidade autónoma para obter o informe. No programa, desenvolvido por Médicos do Mundo Galicia e financiado pola Consellería de Política Social, participan sete persoas veciñas de Ames.

Este venres, 17 de febreiro, a Coordinadora de Convivencia Positiva, coa axuda do profesorado, o persoal non docente, a ANPA e o departamento de mediación intercultural do Concello de Ames, vai organizar o primeiro Entroido Intercultural no IES do Milladoiro. O obxectivo é tentar mellorar a convivencia positiva no centro e recoller, ao mesmo tempo, un aproveitamento didáctico da propia experiencia educativa. Haberá música, gastronomía e disfraces. O Concello de Ames colabora nesta iniciativa a través do técnico de mediación intercultural da Concellaría de Benestar Social.

O prazo de matrícula na Escola integral de maiores do Milladoiro, coordinada pola OVA e dependente da Concellaría de Benestar Social, xa está aberto. As persoas maiores de 60 anos que queiran participar desta actividade deberán inscribirse chamando ao teléfono 662 377 044 ou acudir ás Casas da Cultura de Bertamiráns ou do Milladoiro. Nas súas clases o alumnado adquirirá e repasará coñecementos como a lectura, a escritura, as contas matemáticas básicas dun xeito dinámico. As clases comezarán no vindeiro mes de outubro e rematarán a finais de xuño.

O Hotel Congreso, situado no concello de Teo, acollerá o vindeiro domingo, 13 de abril, ás 11:00 horas, unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en paz” da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Ademais de coñecer o programa, as familias que o desexen poderán inscribirse para acoller a un neno ou nena durante este verán. Así mesmo, tamén se pode chamar aos números de teléfono 678 727 382 / 986 262 637 ou escribir ao enderezo electrónico asociacionsogaps@yahoo.es para recibir máis información sobre a iniciativa.

O Hotel Congreso de Santiago acollerá o vindeiro domingo, 3 de marzo, ás 17:00 horas, unha charla informativa sobre o programa “Vacacións en paz” da asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (SOGAPS). Ademais de coñecer o programa, as familias que o desexen poderán inscribirse para acoller a un neno ou nena durante este verán. Así mesmo, tamén se pode chamar ao número de teléfono 678 727 382 ou escribir ao enderezo electrónico sogaps.oficial@gmail.com para recibir máis información sobre a iniciativa.

Este venres, 20 de decembro, ás 17.30 horas, terá lugar unha andaina solidaria a favor do Banco de Alimentos Municipal do Concello de Ames. Haberá unha carpa habilitada na praza de Chavián, na que se repartirá chocolate e rosca para todos os participantes, ademais da realización de diversos sorteos. Todo aquel que se anime poderá asistir disfrazado, cunha temática relacionada co Nadal.  En caso de choiva substituírase a andaina por actividades deportivas dirixidas e orientadas a idade/condición física dos asistentes dentro da propia carpa.

Mañá venres 27 de decembro, ás 17.00 horas, desenvolverase na carpa da praza de Manuel Murguía do Milladoiro o Festival de Nadal do programa Amessan. Nel, haberá unha degustación de pratos de Nadal, diversas actuacións musicais e exhibicións. Dende a Concellaría de Benestar Social animan a participar na actividade á toda a veciñanza amesá.

Este venres, 6 de setembro, ás 17:00 horas, realizarase a inauguración da exposición fotográfica “Ames Coopera”, que recolle diferentes fotografías das viaxes de cooperación realizadas por tres traballadores/as do Concello de Ames; Leonardo Pena, Sonia Moure e Alberto Viaño, a través das cales nos achegan as súas vivencias en Guatemala e Cabo Verde. Esta mostra estará na Casa da Cultura do Milladoiro dende o 6 ata o 15 de setembro, e do 18 ao 30 na Casa da Cultura de Bertamiráns. Os centros escolares que o soliciten tamén poderán contar con esta exposición nas súas instalacións.

Este xoves 13 de xaneiro, o programa SaúdeAndo celebra a primeira das 38 saídas programadas ao longo de 2022, que terá lugar no Milladoiro no seu horario habitual, ás 17:30 horas. As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello. É precisamente dende os propios centros onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa. As saídas, que alternan un xoves en cada vila, empezan en Bertamiráns o 20 de xaneiro.

O programa SaúdeAndo prosigue coas súas andainas saudables este xoves, cunha andaina ás 17.30 horas dende o centro de saúde de Bertamiráns. Esta actividade, ao igual que o resto de andainas encadradas dentro do programa, trátase dunha ruta de dificultade media–baixa, que terá unha duración aproximada dunha hora ou hora e media. O programa enmarca unha serie de andainas, alternando as saídas dende o centro de saúde de Bertamiráns e o Milladoiro cada semana.

Eventos del departamento

As Concellarías de Sanidade e Medio Ambiente de Ames organizan o vindeiro sábado, 6 de xullo, unha andaina saudable pola Ruta do Tambre que culminará cun almorzo grupal. O obxectivo desta iniciativa é ofrecer unha alternativa extraordinaria á trintena de andainas xa programadas ao amparo do programa SaudeAndo, ao tempo que busca animar ás e aos amesás a practicar actividade física de forma amena e divertida.