Solapas principales

Este xoves 13 de xaneiro arrancan no Milladoiro as andainas circulares do SaúdeAndo

Lunes, 10 de enero de 2022

Este xoves 13 de xaneiro, o programa SaúdeAndo celebra a primeira das 38 saídas programadas ao longo de 2022, que terá lugar no Milladoiro no seu horario habitual, ás 17:30 horas. As andainas do SaúdeAndo son unha iniciativa da Concellaría de Promoción de Saúde, en colaboración cos dous centros de saúde do concello. É precisamente dende os propios centros onde comezan as rutas circulares, que duran entre unha hora e unha hora e media e que teñen unha dificultade media-baixa. As saídas, que alternan un xoves en cada vila, empezan en Bertamiráns o 20 de xaneiro.

O programa SaúdeAndo inclúe un total de 38 andainas ao longo de todo o ano, con 20 rutas circulares dende o centro de saúde do Milladoiro e outras 18 dende o de Bertamiráns. As primeiras saídas adiántanse neste 2022 dous meses, ante a forte demanda das persoas participantes, polo que nesta edición do itinerario só parará a actividade en xullo e agosto.

As sesións teñen lugar ás 17:30 horas, alternando cada xoves entre os centros de saúde do Milladoiro e de Bertamiráns, e sempre van acompañadas dun monitor de marcha nórdica, que instrúe ás persoas que desexen voluntariamente practicar esta modalidade. As sesións teñen unha dificultade media-baixa e duran entre unha hora e unha hora e media.

No Milladoiro haberá 20 andainas, nos días 13 e 27 de xaneiro, 10 e 24 de febreiro, 10 e 24 de marzo, 7 e 21 de abril, 5 e 19 de maio, 2 e 16 de xuño, 8 e 22 de setembro, 6 e 20 de outubro, 3 e 17 de novembro e 1 e 15 de decembro.

Pola súa banda, Bertamiráns contará con 18 saídas, os días 20 de xaneiro, 3 e 17 de febreiro, 3, 17 e 31 de marzo, 28 de abril, 12 de maio, 9 e 23 de xuño, 1, 15 e 29 de setembro, 13 e 27 de outubro, 10 e 24 de novembro e 22 de decembro.

Novas relacionadas

El Correo Gallego: "Adiántanse as andainas SaudeAndo a este xoves"

Este xoves 13 arrancan no Milladoiro as andainas circulares do SaúdeAndo

Multimedia

  • Este xoves 13 arrancan no Milladoiro as andainas circulares do SaúdeAndo
  • Este xoves 13 arrancan no Milladoiro as andainas circulares do SaúdeAndo