Solapas principales

Departamento de Bienestar Social

    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de Bertamiráns (UTS BERTAMIRÁNS): Praza de Chavián s/n, Bertamiráns, 15220 - Ames (A Coruña)
      • Teléfono:  981 89 09 64
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Unidad Municipal de Servicios Sociales de O Milladoiro (UTS MILLADOIRO): Rúa de Abaixo, nº 10, O Milladoiro, 15895 - A Coruña
      • Teléfono:981 53 59 41
      • Horario de atención al público: Lunes a viernes de 9:00h a 14:00h
    • Responsable municipal: Concejalía de Bienestar Social
Otros Datos: 
  • Programación actividades Amessan 2020-2021
  • Estructura del servicio:
    UTS : Milladoiro y Bertamiráns
    Las UTS o Unidades de Trabajo Social son la "puerta de entrada" al Sistema de Servicios Sociales y ofrecen un Servicio de Información público, para toda la población, desde donde se facilita de forma profesional y confidencial, información sobre los servicios sociales, recursos y prestaciones a disposición de las ciudadanas y ciudadanos, así como los derechos que tienen tanto a nivel individual como grupal.
  • Funciones
    En ellas se valoran las necesidades, se orienta a los recursos más idóneos, y se interviene cuando las personas así lo demandan, de cara a garantizar una atención personal y social de calidad, ofreciendo:
    • Información , valoración, diagnóstico y orientación  en cuanto a  derechos, recursos e intervenciones sociales.
    • Gestión del Servicio de Ayuda en el Hogar, Xantar na Casa, Hogar de tránsito, Programa de alimentos, Renta Básica Municipal, ayudas de emergencia  social.
    • Actuaciones preventivas de las situaciones de riesgo y necesidad social del conjunto de la población, intervenido para conseguir la integración social.
  • Noticias relacionadas
  • Agenda

Noticias del departamento

A concelleira de Benestar Social, Igualdade e Voluntariado, Uxía García, e o coordinador de Alcer Coruña, Alfredo Saborido, presentaron esta mañá na Casa do Concello as VII Xornadas de Persoas con Enfermidade Renal de Galicia organizadas pola Federación Alcer Galicia, que se celebrarán ao longo da mañá do próximo domingo día 30 de novembro no auditorio da Casa da Cultura  de Bertamiráns. Tamén foi presentado o concerto de góspel, programado para o sábado 29, a prol da doazón de órganos.

Esta mañá presentouse a programación de actividades da campaña “Ames en igualdade”, coa que o Concello de Ames vai conmemorar o Día Internacional da Muller, que se celebra o 8 de marzo. Ao abeiro desta conmemoración vaise realizar o venres, 5 de marzo, unha nova sesión de autocine na que se proxectará o filme María Solinha, dirixida por Ignacio Vilar. O luns 8 de marzo terá lugar o acto oficial, no que se dará lectura ao manifesto institucional. Tamén se presentará a ruta urbana 8M e descubrirase o monólito dedicado a Filomena Fraga, na praza da Maia. O sábado, 13 de marzo, inaugurarase a ruta urbana 8M, unha ruta circular polas zonas verdes de Bertamiráns na que se colocarán monólitos dedicados a mulleres relevantes, entre elas a escritora e veciña de ames, Filomena Fraga.

A concelleira de Benestar Social e Promoción da Saúde, Luísa Feijóo, presentou esta mañá os obxectivos de Ames para o 2022 en materia de prevención da saúde, co gran reto de traballar con maior profundidade no campo da saúde mental. “A nosa intención é seguir traballando neste eido e sobre todo comezar a traballar en sensibilización, información, formación e desmitificación desta gran descoñecida que é a saúde mental”, sinalou Feijóo. Acompañada de Rosana Martínez, técnica de Promoción da Saúde, e dos psicólogos Belén Montesa e Juan Carlos Permuy, a concelleira anunciou que dende a vindeira semana, 350 alumnas e alumnos amesáns de 4º da ESO e de Bacharelato comezarán con sesións de regulación emocional, que acompañarán aos programas xa vixentes de prevención de condutas aditivas e de educación afectivo-sexual, impartidos dende os 8 ata os 16 anos.

Ames continúa a ser un dos concellos que máis medra da comunidade galega, un dato estimulado pola alta porcentaxe de poboación nova que habita o municipio. Así, dende o ano 2000, o concello de Ames duplicou a súa poboación, pasando de 16.549 habitantes aos 32.190 cos que conta na actualidade. Ademais, Ames tamén conta co maior número de contribuíntes por pensionista dos municipios galegos en 2018, cun ratio de 3,41 traballadores/as por cada xubilado/a, cifra que supera a media nacional de 2,21.

A partir das 23.00 horas, do sábado 5 de xuño, suspenderase a iluminación da Casa do Concello de Ames co fin de concienciar sobre o consumo enerxético. A acción, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, encádrase no proxecto europeo ‘People and Planet’, que implica á mocidade e aos gobernos locais na loita contra o cambio climático.

Un millón e medio de euros en axudas directas e preto de 7.000 citas atendidas é o resumo do balance da actividade desenvolvida polos Servizos Sociais do Concello de Ames ao longo do ano 2020. Incrementáronse ademais as horas do Servizo de Axuda no Fogar, elevándose a máis de 50.000 as prestadas ao longo do ano. Atendéronse 60 novas demandas de RISGA, o que supuxo duplicar o computo das xa activas e acelerouse a posta en marcha do servizo de Xantar na casa, servindo unha media de 300 menús ao mes. Tamén se destinaron máis de 200.000 euros á rendas básicas e axudas de emerxencia. Ademais repartíronse menciñas e alimentos a medio milleiro de familias e púxose en marcha o servizo de cestas saudables que permitiu dar unha atención directa a 800 persoas con alimentos saudables e básicos. Tamén medraron as solicitudes no roupeiro municipal e as de asesoramento xurídico e psicolóxico.

O vindeiro mércores, 7 de abril, é o Día Mundial da Saúde. O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, celebrará a Semana da Saúde que, dende o 5 de abril, organizaranse diferentes accións. Os establecementos do Concello relacionados coa área sanitaria colaboran con actividades como revisións gratuítas, análises ou descontos específicos. Ademais, os rapaces e rapazas poderán visitar a exposición “Os Bolechas coñecen o que é a diabetes”.

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Benestar Social, organiza este domingo 8 de decembro, ás 17.30 horas no Auditorio de Bertamiráns, a segunda edición da Gala da Diversidade. O evento celébrase con motivo do Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, que se conmemora cada ano o 3 de decembro, e ten como obxectivo dar visibilidade e potenciar a inclusividade no ámbito das artes escénicas. A gala estará presentada pola xornalista Raquel Pérez e contará coas actuacións das asociacións para persoas con diversidade funcional DiversidArte, Aspamite, os membros dos diferentes colectivos que participan no obradoiro de Artes Vivas do Concello de Ames e tamén coa actuación musical de Silvia Penide. Ao rematar a gala haberá unha festa posterior no hall da Casa da Cultura con música, aperitivos e fotocol.

A Concellería de Benestar Social organiza para o próximo xoves, 21 de novembro, a novena edición das Xornadas Acércate de Igualdade e Prevención da Violencia de Xénero. A iniciativa, que terá lugar na Casa da Cultura do Milladoiro, desenvolverase en dúas xornadas centradas na coeducación e no feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder. Para participar nestas actividades, é necesario inscribirse a través desta páxina web . Ademais, vaise a realizar un obradoiro de bo trato dirixido ao alumnado de 1º da ESO dos IES de Milladoiro e Bertamiráns e vaise a desenvolver a campaña “Súmate á Igualdade, súmate á solución”, que estará vixente durante todo o ano.

A Concellería de Benestar Social organiza para os días 17, 18 e 19 de novembro, a décima edición das Xornadas Acércate de igualdade e prevención da violencia de xénero. A iniciativa desenvolverase vía online en tres xornadas centradas na coeducación e no feminismo como movemento para abordar os desequilibrios de poder. Para participar nestas actividades é necesario inscribirse a través desta páxina web.

Eventos del departamento

A Concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde, a través do programa SaúdeAndo, organiza unha andaina urbana por Bertamiráns. Deste xeito, o xoves 2 de outubro, a ruta comezará ás 17.30 horas no centro de saúde.

A concellaría de Benestar Social e Promoción da Saúde pon en marcha o Obradoiro Autoexplórate. Co gallo do Día do Cancro de Mama, que se vai celebrar o martes 19 de outubro, a concellaría de Benestar Social quere sensibilizar sobre a importancia da detención precoz con estes dous obradoiros e unha sesión de Saúde nas prazas en que se vai impartir unha sesión de zumba. Será ás 19:30 na praza da Horta de Abaixo.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O venres 20 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Ás 18.00 horas proxectarase "O que arde", de Oliver Laxe, e, ás 20.30 horas,  "Bohemian Rapsody", a historia do grupo Queen e do seu cantante Fredery Mercury. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". Para o sábado, 21, as sesións estarán orientadas a Igualdade e a violencia de xénero; na sesión infantil, ás 18.00 horas proxectarase “Brave" e "Los hombres que no amaban a las mujeres", ás 20.30 horas. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". O domingo 22 haberá sesións de tarde para público infantil e de noite para público adulto. Na sesión infantil, ás 17.30 horas proxectarase "Maléfica" e, ás 20.30 horas,  "Mientras dure la guerra". O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o martes 11 de xuño en Bertamiráns, na praza de Chavián (xunto á zona de carga e descarga da avenida da Maía). O horario de atención será de 9:30 a 14:30 horas e de 15:30 a 21:00 horas. Na situación actual, a unidade traballa cun protocolo que garante a seguridade do persoal sanitario e das persoas doantes. Ademais, disponse dun teléfono gratuíto para consultar as dúbidas sobre a doazón, o número 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 8 de xuño, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de mañá, de 09:30 a 14.30 horas e, de tarde, de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 9 de xuño, en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de 15.30 a 21.00 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

A unidade móbil de doazón de sangue estará o7, 8 e 9 de xullo en Bertamiráns, na avenida da Maía, diante da praza da Maía. O horario será de tarde, de 15:30 a 21.00 horas o mércores 7 e o xoves 8 de xullo. O venres 9 situarase no mesmo lugar en horario de mañá, de 9.30 a 14.30 horas. Por mor da pandemia da Covid-19, e para regular a afluencia de doantes e evitar esperas, é necesario solicitar cita previa chamando ao número de teléfono 900 100 828.

Baixo o lema “Non perdas este bus. Lévate ao Son do Camiño”, a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución.