Solapas principales

>Sesión de autocine

Sábado, 21 noviembre, 2020
Ás 18.00 e as 20.30 horas.

O aparcamento da Telleira acollerá os días 20, 21 e 22 de novembro o autocine "Ames Drive Cinema". Para o sábado, 21, as sesións estarán orientadas a Igualdade e a violencia de xénero; na sesión infantil, ás 18.00 horas proxectarase “Brave" e "Los hombres que no amaban a las mujeres", ás 20.30 horas. O autocine será de balde. Porén, é preciso rexistrarse de antemán na plataforma de EMESPORTS.

Durante tres días Ames volverase “vintaxe” para emular o glamour e a extravagancia da América dos anos 50 e 60. O autocine, “Ames Drive Cinema”, instalarase no aparcadoiro da Telleira e contará coa luminosidade e a extravagancia das portas de acceso, o persoal de acomodo que dará información e facilitará o estacionamento a cada vehículo, un punto de rexistro onde se entregará a información relativa á emisora a seleccionar para escoitar a película, unha pantalla xigante, nesta ocasión de led, e ambientación entre pase e pase. O recinto estará perimetrado e os espazos para acoller a cada un dos vehículos numerados. Haberá carrís de entrada e saída e separación entre postos. En cada vehículo só poderán estar persoas conviventes.

Coincidindo coa semana na que se conmemora o 25N, Día Internacional contra a violencia machista, a xornada do sábado do “Ames Drive Cinema”, inclúe dúas películas que concitan á reflexión e o debate sobre o papel da muller e as condutas machistas imperantes na sociedade: “Brave”, a historia da empoderada guerreira Mérida que rompe con algúns dos ancestrais costumes machistas do seu pobo, e “Milenium", baseada na obra do escritor sueco Stieg Larsson, un filme que evidencia do xeito máis cru as condutas de violencia machista,

Para a Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Luísa Feijóo: “Que mellor que trasladarnos a un mítico autocine americano dos anos 60 e con títulos que nos permitan desfrutar e reflexionar en familia sobre cuestións como o papel da muller na sociedade, a normalización das condutas machistas ou os novos valores de empoderamento feminino”.