Avisos

Por ejemplo, 08-10-2026
Por ejemplo, 08-10-2026
Lunes, 6 octubre, 2025
Dende o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Ames informan de que xa están esgotadas as prazas para participar no concerto da Banda dos Insectos que se vai celebrar este venres, 12 de setembro, ás 18.00 horas, no auditorio da Casa da Cultura de Bertamiráns. O grupo está a presentar un proxecto de música rock que pretende familiarizar á rapazada cos valores cooperativos e co deporte.
Viernes, 3 octubre, 2025
Debido á previsión meteorolóxica que apunta choiva para este sábado, 4 de outubro, decidiuse adiar a ruta teatralizada “O segredo do Andoriña”, para o domingo 19 de outubro. Trátase dunha ruta duns 5,2 quilómetros que xa se desenvolveu en anos anteriores e que ten como obxectivo poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio material e inmaterial da contorna do río Tambre. O punto de inicio da camiñada será desde a praia fluvial de Tapia e dará comezo ás 10.30 horas. Haberá servizo de autobús, con saída ás 10.00 horas desde a Casa da Cultura do Milladoiro e ás 10.15 horas desde o Pazo da Peregrina de Bertamiráns. A actividade é de balde pero, para participar, é preciso realizar unha inscrición previa. Hai 50 prazas dispoñibles.
Viernes, 3 octubre, 2025
O Concello de Ames informa de que continúan as activiadades ligadas ao mercado de produtos da horta e artesanía de Ames. Ademais dos postos de venda, cada semana haberá diferentes obradoiros de artesanía e cociña, degustacións e catas e sorteos de produtos. Este sábado, 4 de outubro, de 11.30 a 12.30 horas, haberá unha cata de marmeladas, froita e produtos doces e salgados.
Viernes, 3 octubre, 2025
Premendo nas ligazóns que están ao pé deste aviso pódense obter os menús da Rede de Comedores Escolares (almorzos, xantares e merendas). Estes menús foron elaborados pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Viernes, 3 octubre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.
Jueves, 2 octubre, 2025
Dende a Concellaría de Promoción da Saúde infórmase que están esgotadas as 15 prazas para o obradoiro de xestión emocional a través da técnica “Mindfulness”. Esta actividade, dirixida a persoas maiores de 18 anos, desenvólvese ao longo de 8 sesións de 1 hora 30 minutos de duración cada unha. O obradoiro comezou o pasado martes 23 de setembro e realízase durante os meses de setembro, outubro e novembro. O obradoiro está impartido polo psicólogo e instrutor da técnica, Juan Carlos Permuy, e impártese os martes 17:00 a 18:30 horas no Pazo da Peregrina de Bertamiráns.
Miércoles, 1 octubre, 2025
A Aula Municipal Tecnolóxica da Información e da Comunicación (Aula AmTIC) do Concello de Ames, localizada no Milladoiro, oferta para os vindeiros meses de outubro e novembro novos cursos formativos: cinco dirixidos para persoas adultas e dous para menores. Os contidos dos cursos para adultos abranguen contidos moi amplos, como seguridade dixital, mecanografía ou ofimática. En canto o curso de menores, desta volta ofértase un curso de mecanografía e outro de nivel básico de informática. As persoas interesadas en realizar calquera dos cursos, deben facer a súa inscrición chamando a través do número de teléfono 674 59 48 43, escribindo un correo electrónico a informatica.milladoiro@gmail.com coa correspondente solicitude cuberta e asinada ou de xeito presencial na propia aula AMTIC do Milladoiro.
Martes, 30 septiembre, 2025
O Concello de Ames, a través do departamento de Promoción da Saúde, fai públicas as listaxes de persoas admitidas nas clases de taichi/chi kung que se impartirán tanto en Bertamiráns como no Milladoiro. Estas sesións forman parte da oferta de actividades da Escola da Saúde. A admisión das persoas que figuran nestas listas está supeditada á comprobación do padrón municipal. É requisito indispensable estar empadroado no concello de Ames para participar nestas actividades.
Martes, 30 septiembre, 2025
A semana pasada deu comezo un novo curso na Escola Municipal de Teatro de Ames. En Bertamiráns, as clases comezaron o día 16, mentres que no Milladoiro o inicio foi o mércores 17. Con todo, seguen quedando prazas libres nalgúns grupos da escola.
Viernes, 26 septiembre, 2025
Premendo na ligazón que está ao pé deste aviso pódese obter o menú das escolas infantís municipais de Ames. Este menú foi elaborado pola nutricionista municipal do Concello de Ames.