Solapas principales

Quedan prazas libres na Escola Municipal de Teatro para o curso 2025-2026

Martes, 30 septiembre, 2025
A semana pasada deu comezo un novo curso na Escola Municipal de Teatro de Ames. En Bertamiráns, as clases comezaron o día 16, mentres que no Milladoiro o inicio foi o mércores 17. Con todo, seguen quedando prazas libres nalgúns grupos da escola.

Prazas dispoñibles
Ofrécense ocos nos seguintes grupos:

>Bertamiráns:
-Teatro infantil e xogo dramático (1º, 2º e 3º de primaria). Martes de 17:00 a 18:00 horas: 6 prazas.
-Teatro infantil e xogo dramático (4º, 5º e 6º de primaria). Martes de 18:00 a 19:00 horas: 4 prazas.

> O Milladoiro:
-Teatro infantil e xogo dramático (4º, 5º e 6º de primaria). Mércores de 18:00 a 19:00 horas: 7 prazas.

Os demais grupos xa contan con todas as súas vacantes ocupadas. As prazas dos grupos que aínda non estean completos adxudicaranse por orde de entrada da ficha de inscrición no Rexistro. Os prezos públicos pódense consultar no documento que se atopa ao pé desa nova.